Proxectos
O COMERCIO XUSTO, O CONSUMO RESPONSABLE E A ECONOMÍA SOLIDARIA COMO ALTERNATIVAS REAIS
Beneficiarios
Poboación de primaria, secundaria de toda a provincia. Ámbito autonómico galego
Obxectivos
-
Impulsar o comercio xusto, o consumo responsable e a economía alternativa solidaria no noso entorno
-
Sensibilizar á poboación en xeral e ás rapazas e rapaces dos centros educativos en particular sobre os temas do programa
-
Crear conciencia crítica e tratar de implicar á sociedade no cambio real dos seus hábitos de consumo
-
Dar a coñecer máis e mellor o noso Centro de Documentación como unha vía moi axeitada para a sensibilización e a adquisición de coñecementos sobre os temas do programa
-
Seguir afondando na posibilidade de traballo en rede con outras entidades para os distintos temas do programa e sobre todo para o movemento da Economía Alternativa e Solidaria de Galicia
Accións
-
Seguir chegando ao maior número de centros eduativos coas intervencións sobre comercio xusto e consumo responsable. Previsión de 30 intervencións en 10 centros de ensino
-
Achegar ao público en xeral a sensibilización sobre os temas do programa a través da realización de diversas actividades formativas. Cinco charlas ou obradoiros, 4 contacontos e 20 proxeccións de documentais e películas
-
Dinamizar o Centro de Documentación Kandaharia, de xeito que aumentemos o seu número de usuarios e as súas posibilidades de achegamento aos centros educativos. Elaboración dunha exposición en galego sobre os temas do programa, así como material de difusión e a mellora das maletas de material didáctico
-
Programa de traballo coas Oficinas Municipais de Consumo e da Xunta de Galicia para a difusión do comercio xusto e o consumo responsable
-
Seguir afianzando o traballo en rede do Espazo por un Comercio Xusto a nível estatal e contribuir ás campañas comúns que se realicen
-
Seguir afondando no traballo sobre Economía Alternativa e Solidaria en Galicia, a través de reunións coas demáis entidades interesadas, das que saian obxectivos e actividades común para avanzar
Ano:
2006
Instrumento de financiamento:
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión:
Europa
País:
ESPAÑA
Zona de actuación:
Galicia
Axentes:
A COVA DA TERRA
Axudas:
3.100 euros