Proxectos

O movemento social do comercio xusto como exercicio de cidadanía global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 desde Galicia. Fase II

Este proxecto deriva dos resultados e da avaliación dunha Fase anterior (Fase I), dando así continuidade á labor iniciada no 2020 por Solidariedade Internacional de Galicia para fortalecer as capacidades do Movemento Social do Comercio Xusto dende Galicia. O proxecto enfócase na dimensión transformadora do Comercio Xusto, apoiándose na súa perspectiva multidimensional (dimensión económica, social, ambiental e política), multinivel (participación local, nacional, rexional e global) e multi-stakeholders (produtoras, organizacións, exportadoras, importadoras, organizacións da sociedade civil, tendas, autoridades públicas e consumidores), cun traballo orientado ás dimensións da investigación, a sensibilización e a incidencia política da Educación para a Cidadanía Global, co obxectivo de promover unha cidadanía global crítica, responsable, activa e participativa na construción dunha nova sociedade, tanto no Norte coma no Sur, comprometida coa solidariedade, a corresponsabilidade, a interdependencia e o desenvolvemento humano e sostible a través do comercio xusto. Para conseguilo, perséguense 3 resultados: mellorar o coñecemento dos principais actores do comercio xusto sobre este movemento social; sensibilizar á poboación xeral e á comunidade educativa de 5 concellos galegos e realizar accións de incidencia sobre o Comercio Xusto, o Consumo Responsable e a Compra Pública Ética; e amplificar a difusión e a promoción social do Comercio Xusto, a través da rodaxe, proxección e distribución da primeira curtametraxe sobre Comercio Xusto en Galicia, o desenvolvemento dunha campaña de sensibilización con Gastro-Bloguers e dunha campaña de comunicación permanente ao longo do proxecto.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a garantir o acceso á información e aos coñecementos de calidade sobre o comercio xusto e o consumo responsable para a práctica do desenvolvemento sostible e os estilos de vida en harmonía coa natureza

Específico: Fortalecidas as capacidades do movemento social do comercio xusto como estratexia para a contribución á Axenda 2030 desde Galicia

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorado o coñecemento dos principais actores do comercio xusto sobre este movemento social mediante accións de investigación e coñecemento mutuo

            A.1.1.1 Revisión, contraste e ampliación dunha investigación que recolle información a nivel internacional, nacional e autonómico sobre o movemento social do comercio xusto.

            A.1.1.2 Celebración dun foro internacional para o fortalecemento do movemento social do comercio xusto

            A.1.1.3 Participar nun encontro colectivo de carácter formativo xunto con outras organizacións do movemento na sede da cooperativa de comercio xusto ethiquable

RE 1.2 Sensibilizada a poboación xeral e representantes políticos de 5 concellos galegos sobre o comercio xusto a través de estratexias educomunicativas de concienciación social

            A.1.2.1 Selección e coordinación dos concellos participantes.

            A.1.2.2 Realización de 5 feiras de mostras “aquí e acolá o xusto" como accións de sensibilización social dirixidas á poboación xeral.

            A.1.2.3 Representación de 5 obras teatrais “Vaia Tea” como accións de sensibilización social dirixidas á poboación xeral

            A.1.2.4 Creación e difusión de pílulas informativas sobre compra pública ética dirixidas a representantes políticos e técnicos municipais

RE 1.3 Difundido e promovido o comercio xusto entre a sociedade galega a través do cine, as redes sociais, os medios tradicionais e as tendas de SIG

            A.1.3.1 Facer unha curtametraxe sobre o movemento do comercio xusto

            A.1.3.2 Proxección e distribución da curtametraxe sobre comercio xusto

            A.1.3.3 Implantar unha campaña educomunicativa sobre o comercio xusto en redes sociais a través da implicación de Gastro-bloguers.

            A.1.3.4 Desenvolver unha campaña de comunicación para a difusión integral do proxecto en medios de comunicación tradicionais, redes sociais e tendas de SIG.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 14.515 persoas, das cales 3.541 son homes e 10.974 mulleres.

Indirecta: 59.277 persoas, das cales 22.147 son homes e 37.130 mulleres

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

34.766,37 € (13.906,55 € en 2022 e 20.859,82 € en 2023)