OdiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas discriminatorias e anti Axenda 2030
Este proxecto trata de promover a soberanía e apropiación dos dereitos dixitais e sociais por parte da cidadanía, abrindo conversacións sobre as posibilidades democratizadoras das novas tecnoloxías, desde unha perspectiva de avance en dereitos e ben común. A intervención propón unha estratexia educativa e narrativa, baseada en xerar e compartir historias conectadas para forxar, difundir e reforzar narrativas beneficiosas que teñan un impacto acumulativo e nos leven cara un futuro mellor, contrarrestando narrativas as daniñas. Os puntos chave do proxecto son:
- Acción de urxencia ante problemas emerxentes que poden desintegrar a cohesión social e frear o éxito dos programas de reconstrución económica e protección social.
- Xeración de infraestruturas e modelos de referencia para a loita contra o odio e a desinformación online, que estean a disposición de toda a sociedade para o seu uso e réplica.
- Promoción dun cambio nos valores a través da detección e incorporación dos valores interculturais á práctica de sensibilización información e activismo fronte as narrativas discriminatorias.
- Promoción dun cambio nas crenzas a través da xeneración de poder narrativo entre persoas migrantes e defensoras dereitos, que propicie a transformación narrativa da sociedade.
- Ampliación de capacitación/acción en temáticas innovadoras, habitualmente inaccesibles para persoas en exclusión.
Xeral: Reducir a polarización que conduce ao escepticismo en torno a Axenda 2030, especialmente os ODS de inclusión e igualdade, e á ruptura da cohesión social
Específico: Reducir, no prazo de dous anos, os efectos que as narrativas discriminatorias (que interseccionan xenofobia, machismo e negacionismo anti Axenda 2030) causan aos grupos tradicionalmente oprimidos (especialmente migrantes), persoas defensoras de dereitos e audiencias ambivalentes, nas provincias de A Coruña e Pontevedra
RE 1.1 Xerados novos datos que permiten coñecer o impacto que as narrativas discriminatorias e outras formas de odio e segregación teñen sobre persoas migrantes, racializadas, potenciais defensoras de dereitos e poboación xeral de Galicia.
A.1.1.1 Investigación: Percepción dos/as futuros/as profesionais da educación e defensores/as de dereitos educativos sobre o impacto das narrativas discriminatorias e de odio.
A.1.1.2 Estudo sobre afectacións dos sesgos algorítmicos nas persoas discriminadas.
A.1.1.3 Laboratorios P&D de recollida participativa e proposta de vías e ferramentas de autodefensa.
RE 1.2 Aportadas novas oportunidades de participación e autodefensa fronte os danos directos da discriminación e o odio (racista, xenófobo, vicario) entre os colectivos agredidos, nas provincias de A Coruña e Pontevedra, ao longo de dous anos e con vocación de autosostibilidade.
A.1.2.1 Capacitacións de autodefensa a través de mensaxería instantánea para vítimas de odio e defensores/as de dereitos.
A.1.2.2 Chatbot aliado fronte a discriminación e odio.
A.1.2.3 Encontros internacionais entre defensoras de dereitos sobre violencias globais e interseccionais.
RE 1.3 Incrementada a capacidade proactiva de protagonismo e influencia na construción colectiva do discurso público e a transformación narrativa por parte dos colectivos agredidos, especialmente no que se refire a persoas migrantes, racializadas e defensoras de dereitos vítimas de odio vicario.
A.1.3.1 Proceso de empoderamento migrante a través do rescate da memoria e o poder narrativo.
A.1.3.2 Realidade virtual para o cambio social.
A.1.3.3 Capacitación transformadora para defensores/as de dereitos.
A.1.3.4 Guía de empoderamento narrativo con colectivos vulnerables.
RE 1.4 Incrementado o número de dispositivos de achegamento e coñecemento mutuo (entre colectivos danados polas narrativas discriminatorias e audiencias ambivalentes potencialmente persuadibles polas citadas narrativas de Galicia) desde un enfoque retador en canto aos prexuízos e transformador en canto aos valores.
A.1.4.1 Aprendizaxe servizo para a defensa de dereitos e a innovación narrativa.
A.1.4.2 Intervencións narrativas na comunidade.
A.1.4.3 Campañas de nova narrativa intercultural galega.
Directa: 1.652 (600 homes; 852 mulleres; 96 nenos; 104 nenas)
Indirecta: 4.956 (1.800 homes; 2.556 mulleres; 288 nenos; 312 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
44.701,73 € (17.880,69 € en 2024 e 26.821,04 € en 2025)