Procesos educativos para a construción dunha Cultura da Sustentabilidade, o Coidado e a Cooperación en Centros Educativos de Galicia.
O proxecto inscríbese no marco conceptual e propositivo da 5ª xeración da Educación para o Desenvolvemento (EpD), centrada na configuración dunha cidadanía planetaria, responsable e comprometida ca superación das inxustizas e dos problemas xerados pola crise ambiental e económica. Un enfoque educativo que pretende integrar nos procesos educativos escolares a formación teórica e o desenvolvemento de competencias e habilidades prácticas ancoradas na vida cotiá, que faciliten o exercicio dunha cidadanía responsable e transformadora da realidade. Considerando a perspectiva de sustentabilidade e un enfoque de coñecemento e aprendizaxe duradeiro no tempo, a presente proposta, en tanto que intervención educativa, constitúe a continuación dun proxecto de investigación en EpDeCG realizado en agrupación do Grupo SEPA da USC con InteRed Galicia durante o período 2014-2015 e financiado pola Cooperación Galega baixo o título de “Cultura da sostenibilidade e cooperación ao desenvolvemento: realidades e perspectivas educativas en Galicia e República Dominicana.null
null
Obxectivo xeral: Xerar procesos formativos, co profesorado e o alumnado dos centros educativos de Galicia, que faciliten a construción dunha cultura da sustentabilidade, o coidado e a cooperación a nivel local e global, a partir da configuración de coñecementos, habilidades, comportamentos e valores que permitan propoñer alternativas de comprensión, organización e transformación da realidade escolar, comunitaria e global.
Obxectivo específico: 5 equipos de profesorado de 5 centros educativos de Galicia xeran procesos innovadores co alumnado e comunidade educativa para facilitar a construción dunha Cultura da Sustentabilidade, o coidado e a cooperación.
null
Resultado 1.1.: 5 Equipos docentes de Centros Educativos de Galicia fórmanse en Sustentabilidade, a Cidadanía Global, o Coidado e a Cooperación.
A1.1.1: Selección de 5 centros de Galicia participantes no proxecto
A1.1.2: Diagnóstico de necesidades formativas en 5 centros educativos de Galicia.
A1.1.3: Coordinación técnica das equipas de InteRed e USC que traballarán na formación das equipas docentes.
A1.1.4: 10 formacións do equipo docente, de 10 horas de duración cada unha, para os cinco centros participantes no proxecto (dúas formacións por centro) sobre a Cultura da Sustentabilidade, a Cidadanía Global, o Coidado e a Cooperación. .
A1.1.5: Construír unha Rede de Aprendizaxe e Cooperación, de cooperación Intercentros
Resultado 1.2.: 5 centros educativos de Galicia investigan aspectos socioambientais e de equidade de xénero, e desenvolven unha proposta de intervención socioeducativa no seu ámbito comunitario (5 propostas).
A1.2.1: Implementación, por parte de cinco centros educativos de Galicia, de 5 proxectos innovadores no centro que incidan na comunidade, en torno á Cultura da Sustentabilidade, a Cidadanía Global, o Coidado e a Cooperación.
A1.2.2: Presentación do proxecto desenvolto polo centro educativo na comunidade.
A1.2.3: Circulación do coñecemento entre centros
A1.2.4: Sistematización dos recursos metodolóxicos
A1.2.5: Avaliación das memorias presentadas polos centros
Actividades para tódolos resultados:
A1.3.1.Seguimento e avaliación interna do proxecto
A1.3.2: Avaliación de proceso e final externa
A1.3.3: Coordinación técnica co Proxecto “O Mundo que Queremos”.
Directa: 260 persoas adultas (142 mulleres e 118 homes) entre docentes, investigadores/as, equipa de InteRed, e 800 alumnos/as (400 nenas e 400 nenos)
Indirecta: 300 persoas adultas (150 homes e 150 mulleres) e 500 menores (250 nenos e 250 nenas)
27.484,00 €; 10.993,60 € (2016) e 16.490,00 € (2017)