Produción sustentable de alimentos nutritivos, en 10 comunidades vulnerables e rurais dos municipios de Tacaná e Tajumulco, San Marcos, Guatemala (Fase de Seguimento)
Trátase da segunda fase dunha intervención previa que pretende garantir a seguridade alimentaria de máis de 200 familias á vez que potenciar a xeración de excedentes para a obtención de maiores ingresos. Así, pretende promover a seguridade nutricional en 10 comunidades rurais mediante a formación de 150 promotores agroalimentarios, o establecemento de 200 unidades familiares integrais de produción agrícola e a mellora dos sistemas de almacenamento e conservación de alimentos, así como dos hábitos hixiénicos, nutricionais e de autocoidados no contexto da COVID-19.
Fundación para el desarrollo de programas socioeconómicos FUNDAP
Xeral: Contribuír á seguridade alimentaria e nutricional en 10 comunidades rurais de Tajumulco e Tacaná.
Específico: 200 familias e 150 promotores xa formados producen alimentos nutritivos para o seu autoconsumo de maneira sustentable e excedentes para a venda.
RE 1.1. Reforzar os usos dos servizos de extensión rural para a prestación de servizos de asistencia técnica local.
- A.1.1.1. Liña base inicial e final e avaliación final do proxecto.
- A.1.1.2. Establecemento de 150 unidades de produción agropecuaria (hortos agrícolas e granxas pecuarias) dos promotores egresados (seguimento).
- A.1.1.3. Realización de 300 asistencias técnicas a favor das promotoras.
- A.1.1.4. Programa extensión agropecuaria a favor de 750 familias locais.
- A.1.1.5. Implementación do programa Multiplicadores voluntarios de 40 promotores acompañando 1 ciclo produtivo a 200 familias.
RE 1.2. Unidades familiares integrais de produción agrícola e pecuarias en funcionamento.
- A.1.2.1. 50 eventos de formación e capacitación técnica a familias produtoras agropecuarias.
- A.1.2.2. Reforzamento para o establecemento de 200 unidades produtivas familiares (hortos hortícolas e granxas pecuarias).
- A.1.2.3. Realización de 400 asistencias técnicas a favor das familias participantes.
RE 1.3. Promotores e familias melloran o almacenamento/conservación de alimentos, os seus hábitos de hixiene, de nutrición e autocoidados COVID-19.
- A.1.3.1. 120 eventos de capacitación en agroindustria, almacenamento e conservación de alimentos.
- A.1.3.2. Mantemento de 200 estruturas de almacenamento de alimentos dunha capacidade de 8 quintales.
- A.1.3.3. 1050 asistencias técnicas para a aplicación de procesamento e manufactura de produtos agropecuarios.
- A.1.3.4. 80 talleres de receitas nutricionais de orixe vexetal e animal producido polas familias.
- A.1.3.5. 1050 acompañamentos ás familias e os fogares dos promotores, para a implementación de hábitos de hixiene, prevención COVID-19 e nutrición.
- A.1.3.6. Rendición de contas e seguimento do proxecto entre os diferentes titulares.
Directa: 1.750 (450 homes; 450 mulleres; 405 nenos; 445 nenas).
Indirecta: 1.500 (750 homes; 750 mulleres).
Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2021: 70.000 €; 2022: 105.000 €)