Proxectos

PROGRAMA INTEGRAL PARA O DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL E PRODUTIVO DA PESCA DE PEQUENA ESCALA E ACUICULTURA RURAL EN CENTROAMÉRICA

O proxecto afonda no desenvolvemento de capacidades como unha ferramenta clave para o desenvolvemento social e produtivo do sector da pesca de pequena escala na rexión. Óptase pola profesionalización sectorial como unha estratexia a longo prazo que leve á poboación implicada ao desenvolvemento progresivo dos seus coñecementos e prácticas económicas, baixo os conceptos de sustentabilidade e produtividade.
Polas características da poboación obxectivo e os contextos territoriais onde se desenvolven as actividades pesqueiras, a proposta contén catro compoñentes fundamentais e interrelacionadas: formación, desenvolvemento produtivo , xestión do coñecemento e sensibilización.
Período de execución: abril 2010 - decembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
PANAMÁ
O SALVADOR
NICARAGUA
HONDURAS
HAITÍ
GUATEMALA
COSTA RICA
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Código CRS: 
11330 - Formación profesional
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Contribuír ao desenvolvemento social e económico sostible e a seguridade alimentaria da rexión centroamericana a través da profesionalización do recurso humano vinculado ao sector da pesca e a acuicultura de pequena escala

Resultados e actividades: 

 Reunións de traballo para a concertación de obxectivos e metodoloxía e para a harmonización e complementariedade con outros programas da cooperación internacional
 Execución de programas de formación profesional/ocupacional por competencias profesionais.
 Investigación das oportunidades e análise de factibilidade para a posta en marcha dun programa rexional para o fomento do autoemprendemento e a cultura empresarial dirixido ás comunidades pesqueiras e acuícolas enfocado ao asociacionismo.
 Formulación dun programa orientado a súa implementación
 Execución do programa de fomento de autoemprendemento, cultura empresarial e asociacionismo.
 Elaboración e posta en marcha dun plan de orientación a micro e pequenos empresarios para o crecemento e a competitividade, con enfoque de desenvolvemento económico local.
 Sinerxías para elaboración e execución dunha campaña de promoción de consumo de produtos pesqueiros.
 Análise e posta en marcha dunha rede de 3 centros de formación na rexión para a investigación e a capacitación.
 Execución de "escolas de liderado" locais e outras formas de organización para que nenos/as e mozos/as actúen como promotores da preservación do entorno e mellora da calidade de vida.
 Elaboración de materiais didácticos.

Axudas: 

250.000 € (2010: 100.000€ e 2011: 150.000€)