Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado e profesorado
O proxecto céntrase en atacar a raíz destes discursos, fomentados por escasa alfabetización mediática e uso manipulativo de contidos dixitais por grupos extremistas. Na súa 4ª fase, actualizaranse datos sobre odio en institutos galegos, revisaranse metodoloxías educomunicativas interseccionais e antifascistas co apoio de Pura Quiteria, e aplicarase en 8 aulas de 3 centros. Participarán 200 estudantes en 24 obradoiros, nos que analizarán estereotipos e crearán materiais contradiscursivos en grupos reducidos con monitores. O proxecto prevé un maior esforzo económico en persoal e desprazamentos.
Xeral: Sensibilización social respecto as causas e consecuencias do discurso do odio e o papel da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria e superior de Galicia.
Específico: Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado e ao profesorado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos. (Xeración Contrainfo)
RE 1.1: Garantida a adecuada implementación, seguimento, coordinación e análise do proxecto de acordo con criterios de rendición de contas e sustentabilidade, baixo un enfoque de horizontalidade e ética dos coidados
A1.1.1. Xestión, coordinación participada e seguimento continuado do proxecto
A1.1.2. Realización da liña base do proxecto
A1.1.3. Deseño e posta en marcha do Plan de seguimento
A1.1.4. Deseño e aplicación da estratexia de comunicación do proxecto
A1.1.5. Deseño e aplicación da Avaliación Externa do proxecto
RE 1.2. Promovida nas aulas de secundaria convivencia positiva, a riqueza da diversidade e a corresponsabilidade na loita contra o discurso do odio
A1.2.1. Formación interna sobre como aplicar a mirada feminista decolonial e interseccional nas aulas
A1.2.2. Revisión e actualización das metodoloxías pedagóxicas e dos materiais de aula
A1.2.3. Obradoiros de educomunicación sobre narrativas identitarias e discurso de odio en medios e redes nos 3 centros do proxecto
A1.2.4. Obradoiros de educomunicación sobre privilexios e discriminación nos 3 centros do proxecto
A1.2.5. Obradoiros de educomunicación sobre discurso de odio e convivencia nos 3 centros do proxecto
A1.2.6. Elaboración e entrega de informes de execución específicos para cada IES
A1.2.7. Revisión dos materiais contradiscurso e elaboración dunha campaña on-line
RE 1.3. Transferidas a estudantes de educación e docentes en activo as aprendizaxes e ferramentas do proxecto para traballar a convivencia e o respecto nas aulas
A1.3.1. Grupo de traballo con docentes de educación Secundaria e Universitaria
A1.3.2. Obradoiros con alumnado do Mestrado de Secundaria
A1.3.3. Obradoiros con alumnado do grao de Educación
A1.3.4. Formación específica para profesorado de Secundaria en activo (Homologada pola Consellería de Educación, a través do CAFI)
A1.3.5. Acompañamento do profesorado dos IES participantes na implementación do proxecto e no seguimento posterior da temática
RE 1.4. Mellorados os coñecementos, habilidades e actitudes do alumnado de comunicación das universidades galegas para facer incidencia social e política sobre a defensa dos dereitos humanos
A1.4.1. Acompañamento na edición, estrea e difusión do traballo realizado polo alumnado do XV CEU Comunicar para o Cambio
A1.4.2. Mailing, cartelería e presentacións públicas do CEU Comunicar para o Cambio na Universidade de Vigo
A1.4.3. Deseño e implementación do módulo contra o discurso de odio racista no CEU Comunicar para o Cambio (3 sesións)
A1.4.4. Deseño e implementación do módulo contra o discurso de odio machista e LGBTiQfóbico no CEU Comunicar para o Cambio (3 sesións)
A1.4.5. Deseño e implementación da experiencia práctica do CEU Comunicar para o Cambio
A1.4.6. Deseño e implementación dunha campaña de comunicación específica sobre o CEU Comunicar para o Cambio
Directa: 605 (355 mulleres/nenas e 250 homes/nenos)
Indirecta: 3052 (2010 mulleres/nenas e 1042 homes/nenos)
37.000,00 € (14.800,00 € en 2025 e 22.200,00 € en 2026)