Proxectos

A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030

O presente proxecto ten como obxectivo xeral contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) e violencia estrutural (ODS) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito a protección, a través da educación para a transformación social. Para isto, Educo traballará en tres liñas: mellorando os coñecementos e aptitudes para a promoción do dereito á protección e bo trato da infancia a través de recursos de sensibilización e formación; poñendo en práctica o aprendido e vivido para buscar concienciar e mobilizar a cidadanía galega sobre a importancia da protección e do bo trato a nenas, nenos e adolescentes; e buscando que a cidadanía galega acceda a información de calidade e se sensibilice sobre a violencia contra á infancia e o bo trato no ámbito global e no marco da Axenda 2030 e os ODS.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa para a protección da infancia fronte á violencia no marco da Axenda 2030 (ODS 16.2)

Específico: Fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a promoción de procesos de educación para a transformación social na defensa do dereito á protección da infancia e adolescencia no mundo no marco da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables

Resultados e actividades: 

R.1. Nenas, nenos, adolescentes e axentes chave no eido da educación non formal en entidades de ocio e tempo libre, acceden a recursos de sensibilización e formación sobre as situacións de violencia contra a infancia e as formas de loitar contra ela en base ao coñecemento de experiencias local-globais.

A.1.1. Deseñar, organizar e impartir accións de sensibilización para o coñecementos de situacións de violencia en base ao Dereito á Protección no marco da Axenda 2030 e o coñecemento de experiencias local-globais.

A.1.2. Organizar, coordinar e celebrar iniciativas sesións de interconexión entre nenas, nenos e adolescentes para dar a coñecer outras realidades no ámbito internacional en favor da efectiva protección da infancia fronte á violencia, reforzando a importancia da meta 16.2 dos ODS.

A.1.3. Deseñar organizar e impartir accións de sensibilización e formación para o coñecemento de situacións de violencia, en base ao dereito á protección no marco da Axenda 2030 e ao coñecemento de experiencias local globais, dirixidas a axentes chave do eido da educación non formal

R.2. Nenas, nenos, adolescentes e axentes chave no eido da educación non formal realizan accións de mobilización social e concienciación da cidadanía en torno á problemática da violencia contra a infancia e do fomento do bo trato

A.2.1. Creación e posta en marcha dun espazo online de intercambio de experiencias e coñecementos entre nenas, nenos e adolescentes de Galicia e Bolivia sobre a súa percepción da violencia e o como se pode promover o bo trato á infancia.

A.2.2. Creación e difusión de accións de concienciación e mobilización social por parte das nenas, nenos e adolescentes en favor do coñecemento da Axenda 2030,  concretando no ODS 16.2

R.3. A cidadanía galega accede a información de calidade sobre a Axenda 2030 e os ODS en relación ao dereito á protección da infancia e adolescencia fronte a situacións de violencia física, psicolóxica e estrutural.

A.3.1. Deseñar e implementar un Plan de Comunicación

A.3.2. Deseñar, realizar e difundir a avaliación final externa

Poboación beneficiaria: 

Directa: 350 persoas, das cales 24 son homes, 26 mulleres, 144 nenos e 156 nenas. (300 nenas, nenos e adolescentes participantes en actividades; 50 mozos/as monitores/as).

Indirecta: 1.136 persoas, das cales 355 son homes, 381 mulleres, 208 nenos e 192 nenas. (Familias dos nenos, nenas e adolescentes beneficiarios directos; nenos, nenas, persoal técnico e monitores/as das comunidades das entidades participantes).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

28.497,85 € (11.399,15 € en 2022 e 17.098,70 € en 2023)