Proxectos

A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Da sensibilización ao activismo.

Con esta iniciativa buscase contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito á protección a través da educación para a cidadanía e a transformación social.

Esta proposta constitúe unha segunda fase  e propón un  traballo en catro liñas principais:

1. A mellora dos coñecementos e aptitudes para a promoción do dereito á protección e bo trato da infancia e adolescencia a través de recursos formativos e de sensibilización.

2.  A reflexión e a definición de accións de mobilización e concienciación social en torno á problemática da violencia na infancia e adolescencia e do fomento do bo trato.

3. O acceso ao coñecemento doutras realidades para o incremento da sensibilización e concienciación en torno á protección da infancia a través da interconexión entre pares co Sur Global.

4. O acceso da cidadanía galega á información de calidade e a súa concienciación sobre as situacións de violencia que vive infancia e adolescencia ao tempo que coñece e practica o concepto de bo trato no ámbito da Axenda 2030 e os ODS cunha mirada global.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa para a protección da infancia e adolescencia fronte á violencia e no marco da Axenda 2030 (ODS 16.2).

Específico: Fortalecer os coñecementos, a conciencia crítica e a acción transformadora de nenas, nenos, adolescentes e profesionais do sector educativo para a defensa do dereito á protección da infancia e adolescencia no marco da Axenda 2030.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Nenas, nenos, adolescentes, alumnado de educación formal e non formal acceden a recursos de sensibilización e formación sobre as situacións de violencia contra a infancia e as formas de previla en base aos coñecementos de experiencias local-global.

A.1.1.1 Deseñar materiais didácticos e metodoloxías de sensibilización, toma de conciencia e formación dirixidas a nenas, nenos, adolescentes e profesionais educativos para o traballo na detección precoz, prevención e erradicación da violencia contra a infancia tendo como referencia experiencias locais e globais e o marco da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS).

A.1.1.2 Organizar e desenvolver alo menos 15 accións de sensibilización e formación dirixidas a nenas, nenos e adolescentes para a adquisición de coñecementos e habilidades que lles permitan previr e detectar situacións de violencia e motivar o bo trato en base ao Dereito á Protección (ODS 16.2) no marco da Axenda 2030 e o coñecemento de experiencias local-global.

A.1.1.3  Deseñar, organizar e desenvolver un mínimo de 5 accións de sensibilización e formación dirixidas a profesionais educativos (formal e non formal) para a adquisición de coñecementos e habilidades que lles permitan previr e detectar situacións de violencia e motivar o bo trato en base ao Dereito á Protección (ODS 16.2) no marco da Axenda 2030 e o coñecemento de experiencias local-global.

RE 1.2 Nenas, nenos, adolescentes, alumnado de educación formal e non formal, e profesionais da educación acceden a recursos de sensibilización e formación sobre as situacións de violencia contra a infancia e as formas de previla en base aos coñecementos de experiencias local-global.

A.1.2.1 Creación e difusión de accións de concienciación e mobilización social promovida por parte das nenas, nenos e adolescentes en favor do coñecemento da Axenda 2030 concretando no ODS 16.2.

A.1.2.2 Deseñar e implementar un plan de acción para a incidencia/concienciación política a nivel local e/ou autonómico.

RE 1.3 NNA e profesionais educativos coñecen outras realidades e iniciativas para a protección da infancia a través do diálogo e interconexión con seus pares en Galicia e do Sur global.

A.1.3.1 Deseñar, organizar e desenvolver un encontro para o intercambio de experiencias entre NNA galegos derivada do desenvolvemento de accións de sensibilización, mobilización e incidencia para o fomento do traballo en rede dos participantes.

A.1.3.2  Motivar, organizar e dinamizar un espazo de diálogo entre NNA galegos con alo menos 3 NNA protagonistas en iniciativas de protección do Sur Global (Bolivia, Nicaragua, Guatemala).

A.1.3.3 Motivar, deseñar e dinamizar un espazo de intercambio de experiencias e coñecemento entre profesionais educativos galegos e os seus pares en América Latina para o coñecemento de estratexias do ámbito internacional en favor da efectiva protección da infancia e adolescencia fronte a violencia reforzando a importancia da meta 16.2.

RE 1.4 A cidadanía galega accede a información de calidade sobre a Axenda 2030 e os ODS en relación ao dereito á protección da infancia e adolescencia fronte a situacións de violencia física, psicolóxica e estrutural.

A.1.4.1 Deseñar e implementar un Plan de Comunicación.

A.1.4.2 Deseñar, realizar e difundir a avaliación final externa.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 24 homes + 26 mulleres + 127 nenos + 123 nenas = 300 persoas

Indirecta: 5.060 homes + 5.340 mulleres + 206 nenos + 194 nenas = 10.800 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000€ (14.000€ en 2023 e 21.000€ en 2024)