Protección mediante o acceso a educación temperá de nenas e nenos refuxiados no campamento de Dzaleka, Malawi
Malawi continúa loitando contra a pobreza xeneralizada 55 anos despois da súa independencia. A pesar da súa relativa estabilidade política, o país ten o Produto Nacional Bruto per cápita máis baixo do mundo: 250 dólares. O 90% dos seus 18 millóns de habitantes vive da agricultura de subsistencia e máis do 50% vive por baixo do limiar da pobreza. A pacífica situación política e a súa estratéxica xeo localización, fronteiriza con Zambia, Mozambique e Tanzania, fan que, a pesar das duras condicións e baixos niveis de desenvolvemento socioeconómico, Malawi acolla, a día de hoxe, aproximadamente a 40.000 refuxiados e demandantes de asilo; a maioría provenientes de áreas en conflito na rexión dos Grandes Lagos de África central, así como de Somalia e Etiopía. O campo de Dzaleka, distrito de Dowa, abriuse a mediados dos anos 90, para dar cabida a miles de familias que fuxían da escalada de violencia provocada a raíz do xenocidio ruandés. Hoxe, vinte e cinco anos despois, este campo conta cunha media de 500 novas chegadas ao mes. A maior parte destas persoas chegan da República Democrática do Congo.
Este proxecto de educación en situación de emerxencia xorde de traballo conxunto do Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS) e Entreculturas e busca fortalecer 9 centros da comunidade educativa de Dzaleka que ofrecen educación temperá. Por iso, o proxecto coordínase tanto coas autoridades locais como co resto de organizacións da sociedade civil e os Organismos Internacionais e parte dunha necesidade detectada no terreo, manifestada pola poboación beneficiaria e corroborada por actores relevantes como a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), o Ministerio de Educación, Ciencia e Tecnoloxía de Malawi e o Ministerio de Xénero, Infancia e Asuntos Sociais de Malawi. Así pois, da participación da poboación local, do acompañamento do persoal técnico e do seguimento de Entreculturas depende a garantía dun ambiente educativo protector, inclusivo e de calidade en educación temperá para as nenas e nenos refuxiados de Dzaleka.
Servizo Xesuíta ao Refuxiado – JRS
Obxectivo xeral: Mellorar a capacidade de resiliencia das nenas e nenos refuxiados no campo de Dzaleka.
Obxectivo específico: Asegurar o acceso a unha contorna educativa segura e de calidade para 600 nenas e nenos refuxiados no campo de Dzaleka.
RE1. Fortalecidas as capacidades pedagóxicas do profesorado de educación temperá no campo de Dzaleka.
A.1.1. Selección e contratación de novos/ as facilitadores/ as de educación temperá.
A.1.2. Realización dun curso certificado de Ensino infantil (educación temperá).
A.1.3. Distribución de material de ensino.
A.1.4. Observación da práctica pedagóxica.
A.1.5. Vixilancia continua das actividades.
RE2. Reforzado o benestar psicosocial de 600 nenas e nenos refuxiados de Dzaleka mediante un aprendizaxe socio emocional baseado nun enfoque comunitario.
A.2.1. Selección e contratación de novos/ as traballadores/ as sociais.
A.2.2. Realización dunha Formación de formadores en Aprendizaxe socio emocional
A.2.3. Organización de reunións dos Comités de nais e pais do alumnado.
A2.4. Celebración de 2 xornadas de sensibilización comunitaria en Aprendizaxe socio emocional.
A.2.5. Avaliación do benestar emocional do alumnado.
A.2.6. Adquisición periódica de alimentos.
A.2.7. Distribución diaria do programa alimenticio escolar polo equipo voluntario.
A.2.8. Vixilancia continua das actividades.
Directa: En concreto, a poboación beneficiaria directa do proxecto é a comunidade educativa do sector preescolar (Early Childhood Development) do campo de refuxiados de Dzaleka, En cifras, a poboación beneficiaria directa será de 834 persoas:
- 300 nenas e 300 nenos de 9 centros de educación temperá do campo que recibirán seguimento do seu benestar socioemocional. 150 nenas e 150 nenos de entre eles recibirán apoio nutricional mediante o programa de alimentación escolar.
- 10 facilitadoras e 4 facilitadores de educación temperá: 6 do centro ECD de JRS (3 mulleres e 3 homes) e 1 de cada un dos outros centros apoiados (5 mulleres e 3 homes).
- 20 profesoras e profesores do campo (2 mulleres e 2 homes de Mtendere e 8 mulleres e 8 homes, dous de cada un dos outros centros de educación temperá apoiados).
-200 nais, pais e persoas voluntarias da comunidade de Dzaleka.
Total: 834. Homes (66) Mulleres (168) Nenos (300) nenas (300).
Indirecta: 37.526 persoas, das cales 7.772 son mulleres, 10.358 homes, 9.886 nenos e 9.510 nenas
Axuda Xunta de Galicia: 69.916,52 € (2019)