Proxecto Q'AQ' IQ' (espírito vital) para garantir as condicións que permitan que a nenez e a mocidade de 10 escolas de educación primaria e 1 instituto de educación secundaria de Retalhuleu, Guatemala, volvan ás aulas e a unha contorna de aprendizaxe propicia que teña en conta a súa saúde e o seu benestar psicosocial, tras o peche dos centros educativos pola pandemia de COVID-19
O proxecto ten como obxectivo incidir na importancia da volta ás escolas dos mozos que, debido á pandemia da Covid-19, viron minguado o seu dereito fundamental á educación polo peche dos centros escolares. Ademais, dáselle importancia á saúde dos mozos, e ao seu estado psicosocial, favorecendo a volta ás clases ademais da creación de puntos de recollida de auga potable. Tamén se pretende crear unha campaña de sensibilización sobre a pandemia da Covid-19 e unha avaliación con enfoque de xénero.
Asociación Indígena Agropecuaria Prol-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)
Xeral: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
Específico: Garantidas as condicións que permitan que a nenez e a mocidade de 10 escolas de educación primaria e 1 instituto de educación secundaria de Retalhuleu, Guatemala, volvan ás aulas e a unha contorna de aprendizaxe propicia que teña en conta a súa saúde e o seu benestar psicosocial, tras o peche dos centros educativos pola pandemia de COVID-19.
RE 1.1. A poboación das 10 comunidades participantes no proxecto sensibilizada sobre a importancia da reinscrición do alumnado no novo curso e informada acerca das condicións do regreso ás aulas no contexto da COVID 19.
A.1.1.1 Elaboración e transmisión de materiais de audio para sensibilizar á poboación acerca da importancia da reinscrición do alumnado no novo curso e informar acerca das condicións do regreso ás aulas no contexto da COVID 19.
A.1.1.2 Elaboración e transmisión de materiais visuais a través de redes sociais, para sensibilizar á poboación acerca da importancia da reinscrición do alumnado no novo curso e informar acerca das condicións do regreso ás aulas no contexto da COVID 19.
A.1.1.3 Reunións con autoridades comunitarias para sensibilizar acerca da importancia da reinscrición do alumnado no novo curso e informar acerca das condicións do regreso ás aulas no contexto da COVID 19.
A.1.1.4 Talleres con nais e pais de familia para sensibilizar acerca da importancia da reinscrición do alumnado no novo curso e informar acerca das condicións do regreso ás aulas no contexto da COVID 19.
RE 1.2 Implementado nos 10 centros de primaria e 1 centro de secundaria incluídos no proxecto, un programa educativo de emerxencia para o regreso ás clases presenciais que teña en conta a saúde e o benestar psicosocial do alumnado no contexto da COVID-19.
A.1.2.1 Elaboración de deseño metodolóxico e curricular do programa educativo de emerxencia.
A.1.2.2 Elaboración de materiais educativos mediados e validados.
A.1.2.3 Reprodución e distribución dos módulos educativos para estudantes e docentes.
A.1.2.4 Talleres de formación para docentes.
A.1.2.5 Visitas de acompañamento ás aulas.
A.1.2.6 Reunións de coordinación con persoal do MINEDUC.
RE 1.3 Os dez centros de primaria e o centro de secundaria de Retalhuleu incluídos no proxecto, contan con puntos de auga apropiados, accesibles, seguros e saudables para todo o alumnado.
A.1.3.1 Elaboración do proxecto de execución das obras dos puntos de auga.
A.1.3.2 Tarefas e xestións preliminares para a construción dos puntos de auga.
A.1.3.3 Execución e xestión da construción dos puntos de auga.
A.1.3.4 Análise da calidade da auga e entrega de filtros de auga.
A.1.3.5 Formación sanitaria sobre saúde, hixiene e prevención de contagios nas aulas.
A.1.3.6 Entrega e inauguración das obras dos puntos de auga.
RE 1.4 Xestionado, sistematizado, avaliado e difundido adecuadamente e baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto, como o coñecemento xerado no mesmo.
A.1.4.1 Actividades de coordinación xeral e seguimento.
A.1.4.2 Accións de medición de avances do proxecto: liña de base e medición final da situación dos centros educativos.
A.1.4.3 Avaliación final con enfoque de xénero.
A.1.4.4 Taller de sistematización final da experiencia.
A.1.4.5 Auditoría externa do proxecto.
A.1.5.6 Actividades de comunicación e socialización dos resultados.
Directa: 132 homes, 139 mulleres, 717 nenos e 782 nenas.
Indirecta: 400 homes, 393 mulleres, 3.656 nenos e 3.830 nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 224.980,00 € (2021:89.992,00 € ; 2022:134.988,00 €)