Proxecto Q´aq´iq (espírito vital) para a mellora da calidade educativa, o benestar emocional e as condicións hixiénico sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, Guatemala, no marco do retorno ás clases presenciais logo do peche dos centros educativos pola pandemia de COVID-19. Fase 2.
O proxecto enmárcase no contexto de volta á educación presencial posterior á pandemia da COVID 19 que tivo como consecuencia o peche de centros educativos e onde se implementou un sistema de educación a distancia ineficiente, sobre todo nas áreas máis vulnerables do país, con gran dependencia das tecnoloxías e fundamentado no acompañamento de pais e nais durante o proceso de aprendizaxe do alumnado. Isto provocou que os alumnos estean cursando niveis sen as competencias e nivel necesarios para os mesmos, en moitos casos en centros educativos que non dispoñen dos servizos mínimos de auga e saneamento para a prevención de contaxios e que garantan unhas condicións esenciais de hixiene. O proxecto que se presenta, enmarcado nun contexto de volta á educación presencial da continuidade ao acompañamento que as organizacións do proxecto, co apoio da Xunta de Galicia, empezaron a dar a estas comunidades no ano 2021. O dito apoio estaba orientado a evitar o abandono escolar e fomentar a rematriculación, informar sobre as condicións de seguridade para a volta ás aulas, acondicionar os centros educativos para garantir as condicións hixiénicas na volta aos mesmos e comezar a apoiar e a mitigar o impacto socioemocional da pandemia na comunidade escolar. Baixo este contexto e antecedentes, e alineándose coas estratexias locais e os plans internacionais dos organismos de referencia como UNICEF e UNESCO, proponse como obxectivo específico mellorar a calidade educativa, o benestar socioemocional e as condicións hixiénico sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, Guatemala, no marco da volta ás clases presenciais tras o peche dos centros educativos por mor da pandemia de COVID 19.
Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)
Xeral: Contribuír a que en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, en Guatemala, a educación sexa inclusiva, equitativa e de calidade
Específico: Mellorada a calidade educativa, o benestar socioemocional e as condicións hixiénico sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, Guatemala, no marco de volta ás clases presenciais tras o peche dos centros educativos pola pandemia de COVID-19.
R.1. Adquiridas por parte do alumnado de 2º e 3º grados de primaria nas 13 escolas do departamento de Retalhuleu integradas no proxecto, as habilidades básicas de lectoescritura que os habilita para cursar o grado no que están inscritos.
A.1.1. Dotación de materiais educativos do programa remedial de lectoescritura inicial para 3º e 4º grados
A.1.2. Talleres de formación de docentes para a aplicación eficaz do programa remedial de lectoescritura inicial
A.1.3. Visitas de acompañamento técnico nas aulas para a aplicación eficaz do programa remedial de lectoescritura inicial
A.1.4. Talleres con nais e pais de familia acerca do programa remedial de lectoescritura inicial
A.1.5. Reunións de coordinación con persoal do MINEDUC acerca da implementación do programa remedial de lectoescritura inicial
R.2. Fortalecidas as capacidades da comunidade educativa das 13 escolas do departamento de Retalhuleu integradas no proxecto, en materia de coidados, benestar e resiliencia emocional; tras o impacto da pandemia
A.2.1. Dotación de materiais educativos do programa Sentir é Vivir de educación socioemocional, para 5º e 6º grados de primaria
A.2.2. Dotación de materiais educativos do programa Sentir é Vivir de educación socioemocional, para 5º e6º grados de primaria
A.2.3. Visitas de acompañamento técnico nas aulas para a aplicación eficaz dos materiais do programa Sentir é Vivir de educación socioemocional, para 5º e 6º
A.2.4. Talleres con nais e pais de familia acerca do programa Sentir é Vivir de educación socioemocional, para 5º e 6o.
A.2.5. Campaña de comunicación social para promover autocoidado emocional
A.2.6. Reunións de coordinación con persoal do MINEDUC acerca do programa Sentir é Vivir de educación socioemocional, para 5º e 6o.
A.2.7. Reunións de coordinación con autoridades comunitarias acerca do programa Sentir é Vivir de educación socioemocional, para 5º e 6o.
R.3. Están dispoñibles en 13 escolas do departamento de Retalhuleu integradas no proxecto, servizos de auga, saneamento e hixiene; apropiados, accesibles, seguros e saudables.
A.3.1. Elaboración do proxecto de execución dos módulos de auga e os sanitarios.
A.3.2. Tarefas e xestións preliminares para a construcción dos módulos de auga e os sanitarios
A.3.3. Construcción e xestión da execución dos módulos de auga e os sanitarios
A.3.4. Análise da calidade da auga nos centros educativos
A.3.5. Formación sanitaria sobre saúde, hixiene e prevención de contaxios nas aulas
A.3.6. Entrega e inauguración dos módulos de auga e os sanitarios
R.4. Xestionado, monitoreado, sistematizado, avaliado, xustificado e socializado adecuadamente e baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto como o coñecemento xerado no mesmo.
A.4.1. Actividades de xestión e coordinación xeraL
A.4.2. Actividades de monitoreo de avances: línea de base e medición final con enfoque de xénero e inclusión
A.4.3. Talleres de avaliación participativa da compoñente pedagóxica do proyecto con estudiantes, docentes, nais e pais de familia
A.4.4. Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero e inclusión; e sistematización do proxecto
A.4.5. Auditoría externa do proxecto
A.4.6. Xustificación técnica e económica do proxecto
A.4.7. Actividades de comunicación e socialización dos resultados do proxecto
Directa: 2.422 persoas (175 homes, 197 mulleres, 1.090 nenos e 960 nenas)
Indirecta: 3.988 persoas (1.976 homes e 2.012 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia:
224.990 € (89.996 € en 2022 e 134.994€ en 2023)