Proxectos

Proxecto Q´aq´iq (espírito vital) para mellorar a calidade educativa, o benestar socioemocional e as condicións hixiénico sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, Guatemala, no marco do contexto de postpandemia de COVID-19. Fase 3 (peche)

A pandemia de COVID-19 tivo fortes impactos en Guatemala, especialmente no caso das persoas máis vulnerables das áreas rurais do país, como é o caso do Municipio de Champerico. O presente proxecto enmárcase dentro do programa Q´aq´iq (espírito vital), iniciado no 2020 e estruturado en dúas fases. A primeira expúxose nun momento no que aínda non se recuperou a educación presencial e tiña como principal obxectivo evitar o abandono escolar, informar sobre as condicións do retorno ás aulas en condicións de seguridade, acondicionar os centros educativos para garantir as condicións hixiénicas e empezar a acompañar ao alumnado en aspectos de benestar emocional. A segunda fase contextualízase no retorno ás clases presenciais. Esta terceira e última fase pretende pechar as liñas de traballo desenvoltas dando un paso máis en materia de lectoescritura pero xa orientada á comprensión lectora, para terminar de nivelar ao alumnado; profundar na compoñente de educación socioemocional tratando de ofrecer ferramentas de benestar e resiliencia; e, na compoñentes de infraestrutura, alcanzar en todas as escolas do programa unhas condicións básicas de auga e saneamento.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Champerico (municipio)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
PROYDE - PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

Asociación Indígenas Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI) y Proyecto de Desarrollo Santiago -PRODESSA-

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
12220 - Atención sanitaria básica
12261 - Educación sanitaria
14031 - Abastecemento de auga
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a que, en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, en Guatemala, a educación sexa inclusiva, equitativa e de calidade.

Específico: Mellorada a calidade educativa, o benestar socioemocional e as condicións hixiénico sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, Guatemala, no marco do contexto de postpandemia de COVID-19.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Adquiridas por parte do alumnado de 3º e 4º graos de primaria en 13 escolas do departamento de Retalhuleu, integradas no proxecto, as habilidades de lectoescritura comprensiva e crítica, adecuadas ao grao correspondente no que están rexistrados, tras o impacto da pandemia por COVID.

          A.1.1.1: Medición inicial e final de competencias de comprensión lectora

          A.1.1.2: Reprodución de módulos educativos do programa “Ler para Soñar e Transformar” para 4º e 5º graos.

          A.1.1.3: Talleres de formación de docentes para a aplicación eficaz do programa de lectoescritura “Ler para soñar e transformar.

          A.1.1.4: Capacitación sobre o acompañamento escolar da familia.

          A.1.1.5: Acompañamento pedagóxico a docentes para a implementación do programa de lectoescritura comprensiva e crítica “Ler para soñar e transformar”.

          A.1.1.6: Reunións co Consello de Autoridades Comunitarias do Sur.

RE 1.2. Fortalecidas as competencias básicas da comunidade educativa das 13 escolas do departamento de Retalhuleu, integradas no proxecto, en materia de coidados, benestar e resiliencia emocional, tras o impacto da pandemia por COVID 19.

      A.1.2.1: Reprodución de módulos educativos do programa “Sentir é Vivir” de educación socioemocional, para 4º, 5º e 6º graos de primaria.

  A.1.2.2: Diplomado en educación socioemocional a docentes das 13 escolas participantes no proxecto.

  A.1.2.3: Capacitación sobre educación socioemocional ás familias.

  A.1.2.4: Acompañamento pedagóxico a docentes sobre a implementación do programa de educación socioemocional “Sentir é Vivir”

RE 1.3. Están dispoñibles en 13 escolas do departamento de Retalhuleu integradas no proxecto, servizos de auga, saneamento e hixiene; apropiados, accesibles, seguros e saudables.

            A.1.3.1: Elaboración do proxecto de execución dos módulos de auga e os sanitarios.

            A.1.3.2: Tarefas e xestións preliminares para a construción dos módulos de auga e os sanitarios.

            A.1.3.3: Construción e xestión da execución dos módulos de auga e os sanitarios.

            A.1.3.4: Análise da calidade da auga e entrega de ecofiltros.

            A.1.3.5: Formación sanitaria sobre saúde e hixiene nas aulas.

            A.1.3.6: Entrega e inauguración dos módulos de auga e os sanitarios.

RE 1.4. Xestionado, monitoreado, sistematizado, avaliado, xustificado e socializado adecuadamente e baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto como o coñecemento xerado no mesmo.

            A.1.4.1: Actividades de xestión e coordinación xeral.

            A.1.4.2: Actividades de vixilancia de avances: liña de base e medición final.

            A.1.4.3: Actividades de coordinación, vixilancia e avaliación da compoñente pedagóxica do proxecto.

            A.1.4.4: Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero e inclusión; e sistematización do proxecto.

            A.1.4.5: Auditoría externa do proxecto.

            A.1.4.6: Xustificación técnica e económica do proxecto.

            A.1.4.7: Actividade de comunicación e socialización de resultados do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.134 (118 homes; 163 mulleres; 456 nenos; 397 nenas)

Indirecta: 3.994 (1.982 homes; 2.012 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 235.000€ (94.000€ en 2023 y 141.000€ en 2024)