Proxectos

Proxecto Qoklen toj xnaq´tzb´il (valor á educación) de mellora das condicións de seis escolas de educación primaria e preprimaria e un Centro de Recursos para a Educación Inclusiva, para proporcionar educación inclusiva de calidade ao alumnado con necesidades educativas especiais, con enfoque de xénero e interculturalidade, no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala

O proxecto aborda un sector da educación desatendido, especialmente nas zonas máis vulnerables do país: a educación inclusiva. Neste contexto, trata de contribuír a impulsar a Política de Educación Inclusiva para a Poboación con Necesidades Educativas Especiais con e sen Discapacidade do Ministerio de Educación de Guatemala (MINEDUC) no municipio de Champerico, Retalhuleu, contribuíndo, deste xeito, ao logro do obxectivo 4 dos ODS: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos. Tratarase de mellorar as condicións de seis escolas de educación primaria e preprimaria e un Centro de Recursos para a Educación Inclusiva para proporcionar educación inclusiva de calidade ao alumnado con necesidades educativas especiais, con enfoque de xénero e interculturalidade.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Champerico (municipio)
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
PROYDE - PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

Proyecto de Desarrollo Santiago - PRODESSA

Código CRS: 
11110 - Política educativa e xestión administrativa
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
11130 - Formación do profesorado
11220 - Educación primaria
Obxectivos: 

Principal: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos (ODS 4).

Específico: Mellorar as condicións de seis escolas de educación primaria e preprimaria e un Centro de Recursos para a Educación Inclusiva para proporcionar educación inclusiva de calidade ao alumnado con necesidades educativas especiais, con enfoque de xénero e interculturalidade, no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecidas as capacidades do persoal docente das escolas participantes, para identificar e atender a nenas e nenos con necesidades educativas especiais, no marco da educación inclusiva e de calidade, con enfoque de xénero.

  • A 1.1.1: Proceso de capacitación en educación inclusiva para docentes dos seis centros ordinarios do proxecto.
  •  A 1.1.2: Talleres de actualización de coñecementos e técnicas de educación inclusiva. 
  • A 1.1.3: Dotación ás escolas de materiais educativos orientados á Educación Inclusiva.

RE 1.2: Fortalecidas as capacidades da poboación comunitaria (nais e pais de familia, autoridades comunitarias) para a súa participación nos procesos de educación inclusiva impulsados nas escolas públicas das súas localidades.

  • A 1.2.1: Proceso de formación ás Organizacións de Pais e nais de Familia (OPF).
  • A 1.2.2: Proceso de formación aos COCODES das seis comunidades do proxecto.
  • A 1.2.3: Proceso de formación á Escola de nais e pais das seis comunidades do proxecto.
  • A 1.2.4: Proceso de formación ao Consello de Autoridades Comunitarias do Sur (CACS).
  • A .2.5: Encontros de intercambio e coordinación entre OPF, COCODES, CACS e Escola de nais e pais.

RE 1.3: Melloradas as actitudes e coñecementos, nas nenas e nenos que estudan nas escolas participantes, acerca da inclusión da nenez con necesidades educativas especiais con énfases na equidade de xénero.

  • A 1.3.1: Talleres de sensibilización con nenas e nenos das seis escolas involucradas no proxecto.
  • A 1.3.2: Talleres cos gobernos escolares para a elaboración dun plan de traballo en materia de educación inclusiva.

RE 1.4: Melloradas as condicións en que as autoridades locais do MINEDUC, Municipalidade de Champerico e o Centro de Recursos para a Educación Inclusiva - CREI atenden a nenos e nenas con necesidades educativas especiais con enfoque de xénero.

  • A 1.4.1: Talleres de formación para titulares de obrigacións en materia de educación inclusiva.
  • A 1.4.2: Dotación de materiais educativos para o Centro de Recursos para a Educación Inclusiva.

RE 1.5: O municipio de Champerico conta cun Centro de Recursos para a Educación Inclusiva (CREI) cunhas instalacións adecuadas ás necesidades formativas, deseñado baixo criterios de seguridade, hixiene, confort, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental.

  • A 1.5.1: Elaboración do proxecto de execución das obras.
  • A 1.5.2: Xestións preliminares para a construción.
  • A 1.5.3: Execución e xestión da construción do Centro de Recursos para a Educación Inclusiva.
  • A 1.5.4: Formación sobre uso e mantemento do CREI.
  • A 1.5.5: Entrega e inauguración das obras.

RE 1.6 Xestionado, sistematizado, avaliado e difundido adecuadamente e baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto, como o coñecemento xerado no mesmo.

  • A 1.6.1: Actividades de coordinación xeral e seguimento.
  • A 1.6.2: Accións de medición de avances do proxecto: liña de base e medición final da situación da educación inclusiva en Champerico.
  • A 1.6.3: Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero.
  • A 1.6.4: Taller de sistematización final da experiencia.
  • A 1.6.5: Auditoría externa do proxecto.
  • A 1.6.6: Actividades de difusión do proxecto.
Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 1648 persoas (697 mulleres e 771 homes) entre o alumnado de 6 escolas de primaria, integrantes de Organizacións de Pais/Nais de Familia, nais e pais, persoal docente, integrantes de COCODEs, Integrantes de Consello de Autoridades Comunitarias do Sur e Persoal do MINEDUC e Municipalidade.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 7.908 persoas (3.949 mulleres e 3.959 homes) entre familias de estudantes das 6 escolas participantes, alumnado con necesidades especiais inscritos nas 46 escolas do Municipio de Champerico, nais e pais do alumnado con necesidades especiais e construtores locais e mestres de obra.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 224.975,00 € (2020: 89.990,00 €; 2021: 134.985,00 €)