Proxecto Qoklen toj xnaq´tzb´il (valor á educación) por unha educación inclusiva, equitativa, de calidade, libre de discriminación, nunha contorna segura e nunhas infraestruturas apropiadas, no Municipio de Champerico, Retalhuleu
De acordo con o informe de Diagnóstico sobre educación inclusiva en Champerico con enfoque de xénero e pertinencia cultural (2020) o 52% dos menores con diversidade funcional non van á escola, porcentaxe que aumenta ata un 64% en áreas rurais. Estes datos derivan da situación de exclusión social provocada pola falta de recursos, das capacidades dos docentes e as barreiras arquitectónicas.
Este proxecto aborda esta vulneración de dereitos, dando continuidade ás accións en materia de educación inclusiva e atención á diversidade comezadas no ano 2019 na rexión e que tiveron que ser pausadas por mor da crise do COVID-19. A estratexia do proxecto parte dos produtos (diagnóstico e plans) elaborados como parte daquela intervención e axústase ao marco normativo e institucional de Guatemala en materia de educación inclusiva, creando a figura dos CREI (Centros de Recursos para a Educación Inclusiva) como principal servizo educativo destinado a impulsar a educación inclusiva e a atención á diversidade. Neste contexto, o principal obxectivo do proxecto é fortalecer ao CREI a nivel administrativo e institucional, técnico-pedagóxico e de infraestrutura para que dispoña dos recursos para desenvolver o seu mandato de atención á diversidade, e de apoio e promoción da educación inclusiva e da cultura da inclusión no municipio.
Asociación Indígena Agropecuaria Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI)
Proyecto de Desarrollo Santiago (PRODESSA)
Xeral: Contribuír a que no Municipio de Champerico a educación sexa inclusiva, equitativa, de calidade, libre de discriminación, nunha contorna segura e nunhas infraestruturas adecuadas.
Específico: O CREI de Champerico desenvolve o seu mandato de atención á diversidade, e de apoio e promoción da educación inclusiva e da cultura da inclusión no municipio.
RE 1.1 Fortalecidas as capacidades institucionais e administrativas do Centro de Recursos para a Educación Inclusiva (CREI) de Champerico
A.1.1.1 Elaboración do Proxecto Educativo Institucional (PEI) do CREI Champerico
A.1.1.2 Elaboración do Plan Escolar de Resposta (PER) do CREI Champerico
A.1.1.3 Elaboración da malla curricular específica do CREI
A.1.1.4 Reunión de coordinación con autoridades educativas, Municipalidade, MSPAS e outros titulares de obrigacións.
A.1.1.5 Reunión de coordinación con docentes de escolas regulares, outros CREI, ONGDs, autoridades comunitarias e outros titulares de responsabilidades.
A.1.1.6 Encontros de intercambio de experiencias con persoal doutros CREI, docentes de escolas regulares, ONGDs, autoridades comunitarias e titulares de obrigacións.
A.1.1.7 Promoción e difusión do CREI entre as comunidades de Champerico.
A.1.1.8 Presentación do documental “Soñarlo en grande” sobre educación inclusiva no Centro Cultural de España en Guatemala.
RE 1.2 O Centro de Recursos para a Educación Inclusiva (CREI) de Champerico dispón de recursos técnico-pedagóxicos para implementar nos centros regulares do distrito escolar de Champerico a educación inclusiva e promover a cultura da inclusión nas comunidades onde se sitúan.
A.1.2.1 Implementación do programa de formación continua para docentes do CREI.
A.1.2.2 Ampliación dos recursos, materiais e ferramentas do CREI de Champerico.
A.1.2.3 Implementación dun programa de formación continua en Educación Inclusiva para docentes de escolas regulares.
A.1.2.4 Campaña de sensibilización sobre cultura da inclusión para docentes, estudantes, nais e pais, e poboación en xeral.
RE 1.3 Melloradas as condicións de acceso e da área de recreo do edificio do Centro de Recursos para a Educación Inclusiva (CREI) de Champerico.
A.1.3.1 Elaboración do proxecto de execución das melloras da infraestrutura do CREI.
A.1.3.2 Tarefas e xestións preliminares para a construción das melloras na infraestrutura do CREI
A.1.3.3 Construción e xestión da execución das obras de mellora no CREI.
A.1.3.4 Entrega da obra de mellora da infraestrutura do CREI.
RE 1.4 Xestionada, monitoreado, sistematizado, avaliado, xustificado e socializado adecuadamente e baixo criterios de transparencia, tanto o proxecto como o coñecemento xerado no mesmo.
A.1.4.1 Actividades de xestión e coordinación xeral.
A.1.4.2 Fortalecemento institucional do consorcio en materia de educación inclusiva.
A.1.4.3 Elaboración dunha liña de base en materia de educación inclusiva.
A.1.4.4 Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero e inclusión; e sistematización
do proxecto.
A.1.4.5 Auditoría externa do proxecto.
A.1.4.6 Xustificación técnica e económica do proxecto.
A.1.4.7 Actividades de comunicación e socialización de resultados do proxecto.
Directa: 462 (46 homes; 69 mulleres; 161 nenos; 186 nenas)
Indirecta: 40.441 (12.398 homes; 12.447 mulleres; 7.892 nenos; 7.704 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
235.000 € (82.250 € en 2024 e 152.750 € en 2025)