Redes educativas para a sostenibilidade da vida
A presente intervención, procura dar continuidade ao traballo que se está a executar co proxecto “Crear unha Rede galega de participación cidadá para dar pulo á Transformación Social baseada na Ética do Coidado con enfoque DDHH e de Xénero”.
Propóñense tres bloques de acción que permitirán avanzar e afianzar o traballo feito ata o momento:
- O traballo en redes de confluencia das comunidades educativas en base ao tema dos coidados.
- Encher de contidos participativamente a rede solidaria da mocidade, integrada por parte das persoas que fixeron voluntariado internacional coa organización, e xente interesada na Cooperación para o desenvolvemento.
- Construír a rede de profesorado universitario o que permitiría levar os contidos da campaña “Actúa con coidados: Transforma a realidade” dun xeito sistemático as aulas de Ciencias da Educación, Pedagoxía e Educación Social de parte dos Campus existentes en Galicia.
Obxectivo Xeral: Impulsar, na cidadanía galega, procesos socio-educativos transformadores, capaces de xerar, a nivel persoal e colectivo, unha participación activa e comprometida a favor da xustiza, a equidade de xénero e a sostenibilidade social e ambiental.
Obxectivo Específico: Contribuír á mobilización da sociedade civil galega para a conformación de redes de confluencia en torno ao tema da ética dos coidados, ao interior das comunidades educativas, entre a xuventude, e nas universidades.
Resultado 1.1: As comunidades educativas (alumnado, profesorado, familias e outros colectivos), sensibilízanse e implícanse activamente ca temática dos coidados, organizando accións sectoriais e conxuntas en cada zona de traballo (ao menos 2 zonas do rural galego)
Actividades
A1.1.1: Realización dun proceso de sensibilización e mobilización sobre o tema dos coidados con parte do alumnado das zonas identificadas, combinando a realización de obradoiros co traballo práctico deles.
A1.1.2: Co apoio dos CEFORES, realización de procesos formativos intensivos sobre o tema dos coidados co profesorado das zonas identificadas, combinando a participación aos presenciais coa multiplicación dos contidos nos seus centros educativos. Procurarase facer algún intercambio de experiencias entre os profesores das diferentes zonas de traballo.
A1.1.3: Realización de procesos formativos en torno ao tema da ética do coidado coas familias (escolas de nais e pais) e outros colectivos das zonas identificadas, e apoio para que se involucren nas actividades de sensibilización e/ou mobilización .
A1.1.4: Elaboración do “caderno de xénero”, un compendio a modo de manual que recolla de maneira accesible conceptos sobre equidade de xénero, coidados e coeducación. Os seus contidos serán determinados por un traballo colectivo de especialistas que achegarán as súas visións e experiencias.
A1.1.5: Divulgación en diferentes lugares das publicacións elaboradas por INTERED en torno ao traballo en xénero e coeducación desenvolvido polo profesorado no curso 2010-2011, e do proceso con maiores desenvolvido en Tomiño.
Resultado 1.2: Parte da mocidade galega, mobilizase para reivindicar a importancia da cooperación para o desenvolvemento, partindo de sensibilizar sobre as causas que xeran a pobreza e compartindo as súas experiencias de cooperación internacional.
Actividades
A1.2.1: Realización dun proceso formativo continuado en EpD a través de oito ou nove módulos, coa mocidade e o profesorado galego, afondando sobre a cooperación para o desenvolvemento e as causas que xeran a pobreza .
A1.2.2: Coordinación de diferentes reunións da rede solidaria da mocidade a nivel estatal e por áreas xeográficas, para planificar, executar e dar seguimento ás accións de sensibilización e mobilización en torno ao tema da cooperación internacional.
Resultado 1.3: Co apoio do profesorado, polo menos de dous campos universitarios galegos, organízanse actividades formativas continuadas, en torno á campaña “Actúa con coidados: transforma a realidade” co alumnado das carreiras de Ciencias da Educación, Pedagoxía e/ou Educación Social.
Actividades
A1.3.1: Divulgación e realización de obradoiros e/ou o cursos de verán, coa temática da Campaña de Coidados, en colaboración co profesorado de polo menos dos campus, dirixido ao profesorado e alumnado do eido universitario
A13.2: Organización do III EQUINOCCIO, sobre o tema de masculinidades, que tería unha duración de 30 horas, e estaríase a realizar en Santiago.
ACTIVIDADES TRANSVERSAIS
A1.4.1: Redacción dun documento de planificación realizado de forma participativa coa poboación obxectivo, concretando a situación basal, as liñas a impulsar en cada eixo de traballo e as zonas xeográficas da intervención.
A1.4.2: Formación do persoal de INTERED e de parte da poboación obxectivo, no uso das novas tecnoloxías da comunicación e seguimento para a súa posta en práctica ao longo do proxecto.
A1.4.3: Coordinación, seguimento e avaliación do proxecto, por parte do equipo implicado na súa execución.
A1.4.4: Elaboración dun informe de avaliación externa que permita valorar os logros e os puntos febles da intervención, de cara a novos proxectos
Directa: Un total de 347 persoas, das cales 136 son mulleres, 40 nenas, 102 homes e 69 nenos.
Indirecta: Un total de 905 persoas, das cales 272 son mulleres, 120 nenas, 306 homes e 207 nenos.
29.996 €; 11.998,40 € (2014) e 17.997,60 € (2015)