Rehabilitación da Escola primaria rural de Ussaca, Mozambique
Este proxecto da Asociación Amigos de Inharrime pretende contribuír á redución da pobreza nas zonas rurais da rexión de Inhambane, promovendo unhas condicións educativas dignas e que melloren a calidade da aprendizaxe neste caso de 428 nenos e nenas de educación primaria dunha maneira sostible. Para facelo, preténdense rehabilitar as construcións de tres aulas de clase e unha administración, e equipalas axeitadamente xunto coas institucións locais de educación, persoal educativo e a comunidade afectada, que participou activamente na identificación da proposta para fortalecer unha área realmente necesitada de apoio no país. O proxecto conta coa colaboración plena dos Servizos Distritais de Educación e cunha boa coordinación entre os diferentes actores involucrados. Esta proposta promove a igualdade de xénero ao longo do proxecto e o respecto do medio ambiente a través dunha construción sostible.
Serviço Distrital de Educaçao, Juventude e Tecnologia do Goberno do Distrito de Inharrime
Obxectivo xeral: Mellorados os niveis educativos da poboación do distrito de Inharrime.
Obxectivo específico: Aumentada a calidade da aprendizaxe da poboación infantil escolarizada en educación primaria da comunidade de Ussaca
Resultado 1.1 Rehabilitados 4 edificios de construción en albanelaría ( 3 aulas e 1 sala de administración)
Actividades
A.1.1.1. Revisar o deseño das obras para a restauración e adecuación dos edificios.
A.1.1.2. Executar as obras para a restauración e adecuación dos edificios.
Resultado 1.2. Aulas completamente equipadas e en boas condicións
Actividades
A.1.2.1. Encargar novo equipamento escolar.
A.1.2.2. Recibir e pagar novo equipamento escolar.
A.1.2.3. Traslado ás aulas, colocación e limpeza.
Resultados 1.3. Existe un mantemento axeitado das instalacións
Actividades
A.1.3.1. Asinar acordo cos Servizos Distritais de Educación.
A.1.3.2. Formar/Traspasar coñecementos á comunidade no transcurso da execución das obras.
Actividades comúns a todos os resultados:
A.1.4.1. Seguimento e avaliación.
Directa
A poboación beneficiaria directa son os nenos e nenas que asisten á escola, os profesores e profesoras, e as familias que matricularon aos seus pequenos/as nesta escola:
- 428 nenos e nenas (en 2015) de educación primaria (6 a 12 anos)
- 11 profesores e profesoras (7 mulleres e 4 homes)
- Unhas 200 familias dos escolares
Indirecta
A poboación beneficiaria indirecta son as 3.178 familias que compoñen a comunidade de Ussaca e que viven en pequenos núcleos formados por máximo 3 ou 4 familias e diseminados no campo na área na que os seus fillos/as podan asistir a escola. Esta poboación estímase nuns 19.068 habitantes (a unidade familiar está composta por 6 ou 7 persoas) dos que aproximadamente o 56% (10.678) corresponderían ao sexo feminino e o 44% (8.390) ao sexo masculino.
23667,36