Proxectos

Revalorización sustentable de residuos vexetais de alto valor engadido para inhibir a oxidación lipídica en sistemas alimentarios

O perigo de intoxicación alimentaria, con síntomas severos parecidos a alerxias causados polo consumo de peixe deteriorado, é elevado, comprometendo gravemente a seguridade alimentaria e facendo o peixe inaceptable para o consumo humano. Neste proxecto proponse o emprego de novas tecnoloxías sustentables para a produción e extracción de compostos bioactivos de alto valor engadido, a partir de residuos vexetais a fin de ser valorizados como inhibidores da oxidación lipídica que ten lugar en alimentos de base lipídica e, particularmente, durante o procesado, conxelado e almacenamento de produtos marítimo-pesqueiros, da incipiente industria agroalimentaria de Mozambique, co fin de preservar a súa calidade nutritiva, prolongar a súa vida útil e reducir o perigo de intoxicación alimentaria, mellorando a seguridade alimentaria da poboación mozambiqueña.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
África
País: 
ESPAÑA
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Inhabane (provincia)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
41082 - Investigación medioambiental
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: implementar protocolos que permitan optimizar a produción de metabolitos secundarios, a súa identificación, avaliación e caracterización da súa bioactividad antioxidante e o seu potencial uso como antioxidantes naturais para inhibir os procesos de oxidación lipídica que dan lugar a unha diminución das propiedades organolépticas e nutritivas de produtos alimentarios con alto contido en ácido graxos poliinsaturados (PUFAs).

Obxectivos específicos:

            OE1. Optimizar o rendemento da extracción metabolitos secundarios con actividade antioxidante en residuos vexetais para a obtención de formulacións BioAntiLipidOx.

            OE2. Avaliar a capacidade antioxidante de formulacións BioAntiLipidOx para inhibir a oxidación lipídica que ten lugar en mostras alimentarias de crecente complexidade PUFAs

            OE3. Optimización metodoloxía de extracción dos metabolitos secundarios de residuos vexetais para potenciar a presenza de compostos que presentan unha alta actividade antioxidante tanto en medios homoxéneos como heteroxéneos (multifásicos) e reducir a presenza daqueles metabolitos que poidan modificar as propiedades organolépticas dos produtos alimentarios.

            OE4. Identificación composición extracto de residuos vexetais sobre a base do sistema de cultivo.

            OE5. Validación do modo de incorporación da formulación BioAntiLipidOx a emulsiones alimentarias e mostras máis complexas de produtos marítimo pesqueiros específicos de Mozambique.

Resultados e actividades: 

Para alcanzar os obxectivos expostos proponse a realización de 7 tarefas distribuídas en 2 fitos principais. 

Fito 1: Estratexias para incrementar a produción de metabolitos secundarios con actividade antioxidante no cultivo de albáfega in vitro e hidroponía.

1. Optimización in silico da produción de AO naturais.

2. Material vexetal. Optimización das condicións necesarias para unha maior biosíntesis de metabolitos con actividade antioxidante.

3. Deseño experimental e procedemento de mostraxe de raíz e follas

4. Caracterización das formulacións BioAntiLipidOx.

5. Determinación da capacidade antioxidante. 

Fito 2: Estratexias para inhibir a oxidación lipídica que ten lugar en sistemas alimentarios de crecente complexidade aplicando as formulacións BioAntiLipidOx optimizadas no fito 1.

6. Oxidación lipídica en emulsiones modelo de alimentos con e sen extractos.

7. Oxidación lipídica nas mostras de lagostinos.

8. Análise e divulgación dos resultados. 

A metodoloxía será adaptada para que funcione eficazmente fóra dun laboratorio e prepararase documentación facilmente comprensible para que poida ser empregada por comunidades con baixo nivel de desenvolvemento e medios.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.000 € (15.000 € en 2023 e 15.000 € en 2024)