Proxectos

Tecendo Redes: promovendo a agricultura e a alimentación sustentables en Galicia

Este proxecto parte da experiencia previa e ámbitos de actuación de Amigos da Terra, que continúa o seu traballo para afondar na análise da problemática alimentaria e na posta en marcha de alternativas de alimentación e agricultura sostible. A proposta que expoñemos ten como obxectivo específico promover unha cidadanía concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sostibles. Traballarase a partir de dúas liñas de acción enfocadas ao traballo na educación formal e non formal, con especial atención aos seus axentes clave, e contribuíndo a creación de redes de traballo solidarias e cooperativas que contribúan á construción dunha maior xustiza alimentaria a nivel global. Ditas liñas de acción son: a promoción de proxectos de agricultura e alimentación sostibles (cun enfoque global), na comunidade educativa, por un lado, e na poboación adulta, por outro, co obxectivo último de promover e participar dun modelo de alimentación sustentable. Todo elo baixo un enfoque integral que introduza previamente a reflexión sobre o modelo actual de alimentación e consumo e as desigualdades que produce.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Implementar a cultura da alimentación sustentable na sociedade galega

     Obxectivo específico: Promover unha cidadanía concienciada e participativa na

construción de modelos alimentarios máis sustentables

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Promovidos espazos e recursos na educación formal para o traballo en produción ecolóxica e alimentación sustentable

A1.1.1. Obradoiros formativos sobre EpD e problemática alimentaria global para o profesorado dos centros escolares da Rede

A1.1.2. Creación dunha Rede de Hortas Ecolóxicas Escolares en Vigo

A1.1.3. Formación en agricultura ecolóxica para os centros da Rede

A1.1.4. Posta en marcha de hortas escolares en novos centros

Resultado 1.2: Mellorados os  coñecementos sobre  problemática  alimentaria global e as  capacidades para a  produción e consumo sustentables na cidadanía galega 

A1.2.1. Charlas e encontros sobre a problemática alimentaria global e método biointensivo

A1.2.2. Curso sobre o Método Biointensivo de cultivo dos alimentos

A1.2.3 Elaboración dun catálogo sobre alternativas de consumo sostible en Galicia

Poboación beneficiaria: 

Directa: A estimación de poboación participante é de 1.276 persoas beneficiarias directas, das cales aproximadamente 400 serán nenas e nenos, 16 serán docentes, arredor de 20 persoas de perfil diverso (incluíndo profesionais da agricultura e persoas sen experiencia previa) serán participantes dun curso sobre método de cultivo biointensivo, unhas 40 persoas participarán tamén ás actividades de divulgación e reflexión organizadas sobre a temática e aproximadamente 800 serán o público destinatario do material que se divulgará.

Indirecta: Como participantes indirectos estímanse as comunidades educativas dos centros que se integrarán na Rede de Hortas Escolares. (300 alumnos/as de media por cada un dos centros, en total 2.400).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 12.412.00 € (2018) + 18.618.00 € (2019) = 31.030.00€