Proxectos

Xestión de ecosistemas e riscos climáticos con enfoque de xénero en comunidades campesiñas e nativas de 3 microconcas de Junín e Huancavelica. Perú

O proxecto pretende contribuír á redución das brechas de xénero, sociais, económicas e políticas, das mulleres rurais das rexións de Junín e Huancavelica que foron identificadas no proceso de diagnóstico participativo e nos proxectos anteriores desenvolvidos na zona. Desenvolverase en 8 distritos das provincias de Satipo, Tayacaja e Jauja, sendo a poboación suxeito da intervención 1.555 persoas.

Forma parte dun proceso de desenvolvemento que FOVIDA vén promovendo nas zonas de intervención do proxecto onde impulsou proxectos dirixidos a promover a ecoloxía, biodiversidade, a loita contra o cambio climático e a mitigación dos seus efectos, o desenvolvemento territorial sustentable e a igualdade de xénero. Por iso, busca fortalecer estas intervencións e expandir a outras zonas da rexión de Junín e Huancavelica.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Huancavelica (departamento)
Junin (departamento)
Axentes: 
MANS UNIDAS
Contraparte: 

  Asociación Fomento de la vida (FOVIDA)

Código CRS: 
15150 - A participación democrática e a sociedade civil
41020 - Protección biosfera
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á redución das brechas de xénero, sociais, económicas e políticas, das mulleres rurais das rexións de Junín e Huancavelica.

Específico: Fortalecer o liderado das mulleres rurais na xestión resiliente dos ecosistemas e sistemas produtivos das súas comunidades que permita responder as súas necesidades prácticas e intereses estratéxicos, fronte ao impacto diferenciado do cambio climático.

Resultados e actividades: 

Resultado 0: Seguimento, avaliación e auditoría

  • A A0: Estudo de Liña de Base do Proxecto "Xestión de ecosistemas e riscos climáticos con enfoque de xénero, en comunidades campesiñas e nativas de 3 microconcas de Junín e Huancavelica".

Resultado 1.1: 126 mulleres rurais, organizadas en 14 asociacións produtivas e 3 cooperativas, lideran procesos de transición ao modelo de produción agroecológica, así como a xestión comercial das súas organizacións.

  • A 1.1.1: Programa de formación de 28 (14H 14M) promotores/as agroecolóxicos (PROECÓLOGOS) de 14 asociacións de produtores/as.
  • A 1.1.2: 28 Escolas de Campo (ECAS) no manexo agroecolóxico e empresarial das súas leiras familiares dirixido a 260 agricultores/as.
  • A 1.1.3: Programa de asesoría técnica cunha sesión mensual a 126 agricultoras e cunha sesión bimensual a 134 agricultores, para fortalecer o manexo agroecolóxico do seu portafolio de cultivos.
  • A 1.1.4: Programa de capacitación e asesoría para o fortalecemento institucional das 14 Asociacións de Produtores/as e 3 Cooperativas.
  • A 1.1.5: Programa de capacitación e asesoría para a xestión empresarial de 3 cooperativas.
  • A 1.1.6: Programa de formación e asesoría dirixido a 260 agricultores/as para que identifiquen, analicen e cambien actitudes respecto a roles e prácticas en relación á igualdade de xénero.
  • A 1.1.7: Taller sobre masculinidade dirixido aos agricultores, homes integrantes das 14 asociacións de produtores e 2 cooperativas.
  • A 1.1.8: Asesoría a 50 unidades económicas familiares para implementar prácticas de corresponsabilidade de traballo reprodutivo.

Resultado 1.2: 4 comunidades nativas e 7 comunidades campesiñas desenvolven e implementan ferramentas de planificación e xestión sustentable dos ecosistemas dos seus territorios, garantindo a participación efectiva das mulleres.

  • A 1.2.1: Programa para a transversalización do enfoque de xénero nos instrumentos de xestión das 11 comunidades campesiñas e nativas.
  • A 1.2.2: Plans comunais e xestión de risco con enfoque de xénero en 11 comunidades rurais para o seu desenvolvemento territorial sustentable.
  • A 1.2.3: Asesoría técnica e capacitación a comités ambientais liderados por mulleres para o monitoreo da xestión da biodiversidade e ecosistemas das súas comunidades.
  • A 1.2.4: Asesoría técnica para a recuperación de chans e as prácticas de reforestación, gabias de infiltración, cercos vivos, sementas e colleita de auga para enfrontar a vulnerabilidade climática diferenciada por xénero.
  • A 1.2.5: Programa de capacitación "Escolas en acción fronte ao cambio climático" en 7 Institucións educativas, sobre prácticas ambientais e impacto do cambio climático en homes e mulleres.
  • A 1.2.6: Implementación de concursos intercomunais en 11 comunidades sobre manexo e xestión dos territorios co liderado das mulleres rurais.
  • A 1.2.7: Deseño e implementación dunha campaña de sensibilización cidadá sobre o cambio climático, os seus impactos e medidas de mitigación e adaptación, incorporando o enfoque de xénero.

Resultado 1.3: Organizacións de mulleres fortalecidas en comunicación e incidencia política implementan unha axenda para esixibilidade da implementación do Plan de Acción de Xénero e Cambio Climático nas Estratexias Rexionais de Cambio Climático de Junín e Huancavelica, en alianza con universidades e medios de comunicación.

  • A 1.3.1: 1 investigación a nivel rexional que identifique o impacto do cambio climático e as desigualdades de xénero nas mulleres rurais, que sirva para o traballo con medios de comunicación e elaboración de mensaxes públicas e políticos.
  • A 1.3.2: 9 talleres de capacitación e asistencia técnica para fortalecer a democracia interna e a institucionalidade das organizacións de mulleres.
  • A 1.3.3: Implementación dunha Escola de Liderado para Mulleres Rurais en cambio climático e xustiza de xénero.
  • A 1.3.4: Encontros rexionais de lideresas, con participación de delegadas provinciais, para a construción da axenda sobre Cambio Climático e Xustiza de Xénero.
  • A 1.3.5: Asesoría técnica a 18 lideresas (10 da rexión de Junín e 8 da rexión de Huancavelica) para a formulación e implementación dos seus plans de incidencia.
  • A 1.3.6: Desenvolvemento de programa de voluntariado de mozos de 3 universidades rexionais que apoien as accións públicas e políticas.
  • A 1.3.7: Reunións de traballo con xornalistas de medios locais no tema de Xénero e Cambio Climático.
  • A 1.3.8: Deseño e implementación de 1 campaña para incidir na incorporación do enfoque de xénero nas Estratexias Rexionais de Cambio.
  • A 1.3.9: Programa de capacitación dirixido a funcionarios/as de gobernos rexionais e provinciais en plans operativos e proxectos con enfoque de xénero e cambio climático no marco das Estratexias Rexionais de Cambio Climático en alianza coa universidade Continental.
Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.555 persoas (751 mulleres e 804 homes)

Indirecta: 26.201 persoas (23.553 mulleres e 2.648 homes)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2020: 70.000 € ; 2021: 105.000 €)