Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
TERREMOTO EN CHINA
O 12 de maio un sismo de magnitude 7,8 na escala Richter sacudiu o suroeste de China. Nunha primeira valoración calculouse que o número de persoas falecidas ascendía a 12.000, pero a medida que pasan os días aumenta esta cifra de forma vertixinosa, tendo en conta que máis de 300 réplicas, algunha delas de 6 grados de magnitude na escala Richter. As últimas estimacións reflicten uns datos demasiado desoladores, máis de 20.000 persoas se atopan desaparecidas, a maior parte sepultadas entre os escombros.
-
PROXECTO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE VIDA E DA ATENCIÓN DE ANCIÁNS NO FOGAR SAN RAFAEL
O Fogar Clínica San Rafael está situado no barrio de Marianao na cidade de La Habana, onde atenden a 120 anciáns residentes no seu centro de día e a través de axuda a domicilio e a selección de anciáns atendidos baséase en criterios de profesionais de asistencia social e principalmente daqueles que viven sós en condicións de vulnerabilidade e de necesidade considerable.
-
PROXECTO EDUCATIVO-LABORAL PONTE DE BELICE
Apoiar a través de bolsas de estudo a xente nova para que poidan acceder a estudos de educación media ou secundaria cun apoio económico. Aínda que non todos os/as mozos/as rematarán estudando na universidade, é fundamental que nenos e nenas de comunidades marxinais urbanas vexan a mozos/as dos seus barrios estudando secundaria e con posibilidades de chegar ata a universidade, a través do seu estudo e do seu traballo.
-
PROXECTO EN ATENCIÓN Á POBOACIÓN ENFERMA CON VIH/SIDA EN CHOKWE
Este proxecto serve para lle proporcionar á poboación enferma de VIH/SIDA de Chocwe e poboacións veciñas unha atención de calidade, que lles permita facer fronte ás enfermidades oportunistas derivadas do síndrome VIH/SIDA, recuperar a saúde e, polo tanto, ampliar as súas posibilidades e opcións de sustentabilidade, cunha saúde controlada grazas ao seguimento con tratamento de antiretroviarais.
-
MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DOS PESCADORES DO SURESTE DE HAITÍ E DAS SÚAS FAMILIAS
Dotar aos beneficiarios coas ferramentas adecuadas para recuperar as súas actividades pesqueiras, aumentando significativamente a probabilidade de que os beneficiarios podan cubrir as necesidades de cada fogar.
-
APOIO Á CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA DE FORMACIÓN SECUNDARIA EN CUMURA (GUINEA BISSAU)
Contribuír á diminución da alta porcentaxe de persoas analfabetas que actualmente existen no país (48%) cun especial énfase na igualdade de oportunidades das mulleres para acceder e completar a súa educación, dado que deste 48%, un 72,5% corresponde a mulleres.
-
FORTALECEMENTO DA CAPACIDADE CLÍNICA DO CENTRO DE TRATAMENTO AMBULATORIAL “CÉU E TERRAS" PARA TRATAMENTO INTEGRAL DE PACIENTES SEROPOSITIVOS EN BISSAU
Diminuír a taxa de prevalencia do VIH-SIDA e aumentar a cobertura dos pacientes tratados no sector autónomo de Bissau.
-
FORMACIÓN DE EXPERTOS LATINOAMERICANOS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL - CURSO 2008/2009
Formar profesionais que desenvolvan as súas tarefas no sector da cooperación galega para o desenvolvemento.
-
MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE BÁSICA. PROGRAMA OXLAJUJ TZ’IKIN, GUATEMALA
Establecer os condicionantes previos (técnicos, de capacitación, insumos…) para a execución das infraestruturas habitacionais.
-
INSTALACIÓN SOLAR MIXTA TÉRMICA E FOTOVOLTAICA PARA UN ALBERGUE INFANTIL DOCENTE-SANITARIO EN SENKATA-EL ALTO (BOLIVIA)
Crear un taller permanente de educación en uso racional da enerxía que permita incorporar á poboación xuvenil a un proceso produtivo. A escola taller asegurará tamén a continuidade e o seguimento do proxecto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- …
- seguinte ›
- última »