Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EDUCAR SUMANDO, A FÓRMULA DO CAMBIO. A EDUCACIÓN INCLUSIVA, MOTOR DO DESENVOLVEMENTO HUMANO
Promover o desenvolvemento da educación inclusiva como estratexia para a consecución dunha sociedade galega máis xusta e equitativa
-
CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN EN GALICIA
Promover a educación como un dereito humano básico e mobilizar á sociedade civil para que esixa aos gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas de prover de educación básica libre, obrigatoria e pública a todo o mundo; en particular á infancia, ás mulleres, aos adultos e ás poboacións máis desfavorecidas.
-
EN ACCIÓN CONTRA A DESIGUALDADE. PLÁNTALLE CARA Á POBREZA!
Levar a cabo varias liñas de acción, co compromiso de informar/formar/sensibilizar sobre os desastres e a desigualdade de xénero e económica.
-
CIDADANÍA GLOBAL E INTERCULTURALIDADE: DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN DA MOCIDADE E DO PROFESORADO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE
Fomentar o desenvolvemento dunha cidadanía galega global, activa, comprometida, informada e crítica para a construción dunha sociedade máis xusta, solidaria e participativa
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DAS COMUNIDADES DA MICROCUNCA DO RÍO SASLE PARA UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS NATURAIS, JINOTEGA, NICARAGUA, FASE II
Este proxecto constitúe a Fase II do proxecto “Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do Río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais" ano 2008.
Esta Fase II contempla actividades formuladas para incidir nas actuacións futuras (capacitacións e sensibilización da poboación), pero está máis orientada á posta en práctica das capacidades e coñecementos adquiridos, principalmente, mediante as actividades de implementación dos plans de manexo de fincas. -
PROXECTO DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO AOS CASARÍOS DE LAS LAJAS E EL ZAPOTILLO NO MUNICIPIO DE MARCOVIA EN HONDURAS
Usados os recursos do territorio de xeito sostible e con enfoque de cunca pola poboación do municipio de Marcovia, en correspondencia coas políticas e normas vixentes no país, de cara á mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
-
POTENCIANDO CAPACIDADES PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE CHETILLA E MAGDALENA – REXIÓN CAJAMARCA
Contribuír a diminuír os niveis de pobreza e exclusión no ámbito de intervención
-
FORTALECEMENTO DA CAPACIDADE DE XESTIÓN DE ACPP GALICIA
Contribuír ao fortalecemento da capacidade de xestión do equipo da Asemblea de Cooperación Pola Paz Galicia e a súa rede de apoio
-
CONSOLIDACIÓN DA IMPORTADORA DE COMERCIO XUSTO DE TALLER DE SOLIDARIDADE
Contribuír ao fortalecemento da ONG Taller de Solidariedade en Galicia
-
MELLORAR A PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DA ASOCIACIÓN EQUUS ZEBRA
Mellorar a estrutura e capacidade da organización Equus Zebra-Galicia
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- …
- seguinte ›
- última »