Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
APOIO Á RECUPERACIÓN DAS ACTIVIDADES PRODUTIVAS PARA AS FAMILIAS AFECTADAS POLO CICLÓN NARGIS EN MYANMAR
O programa inclúe 7 sectores de intervención: distribución de alimentos; aloxamento; saúde e nutrición; auga, saneamento e hixiene; educación; protección infantil; medios de vida; e seguridade alimentaria
-
PROGRAMA PARA O FORTALECEMENTO DA ADMINISTRACIÓN DESCENTRALIZADA EN BOLIVIA
-
CONTRIBUÍR NA PREVENCIÓN, DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO DA INFECCIÓN DE VIH/SIDA NOS 425.161 POTENCIAIS USUARIOS DE BISSAU E NOS 173.223 POTENCIAIS USUARIOS DAS REXIÓNS DE QUINARA E TOMBALÍ, GUINEA BISSAU
Prevención, diagnóstico e tratamento da infección de VIH/SIDA en torno a 3 eixos de intervención: (1) habilitación dun centro de CIDA (Centro de Informaçao, Despistagem e Aconselhamento de VIH/SIDA) para a prevención, diagnóstico e tratamento de VIH/SIDA-ITS; (2) sensibilización en prevención de VIH/SIDA; e (3) formación en métodos de apoio e seguimento de PVVS (Persoas que Viven co Virus do SIDA) e formación en recoñecemento precoz e diagnóstico do VIH/SIDA.
-
MELLORA DA CONDICIÓN DAS MULLERES RURAIS E DA XESTIÓN SOSTIBLE DO ENTORNO RURAL E FORESTAL DAS REXIÓNS DE OIO, CACHEU E BAFATÁ, GUINEA BISSAU
Consolidación e extensión dos apoios para a mellora das oportunidades económicas, educativas e sanitarias e promoción da equidade de xénero e consolidación e extensión dos apoios para a promoción da seguridade alimentaria e xestión sostible dos recursos naturais.
-
PROGRAMA DE MELLORA DO ACCESO E CALIDADE EDUCATIVA NO MUNICIPIO DE BENGUELA. ANGOLA
Fortalecemento do sistema educativo na provincia de Benguela a través de:
(i) mellora no acceso ao sistema educativo de mozos e adultos con dimensión de xénero a través do apoio salarial a docentes e alfabetizadores, da construción dun módulo de escola, unha biblioteca e un módulo administrativo, así como -
EDUCACIÓN TÉCNICA E VOCACIONAL PARA UNHA MELLOR INSERCIÓN LABORAL EN HONDURAS E NICARAGUA
Fortalecer e mellorar a educación básica de 1.720 mozos/as de Nicaragua e Honduras en situación de vulnerabilidade, con especial énfase no desenvolvemento de competencias profesionais para a súa inserción no mercado laboral.
-
PROXECTO DE CONEXIÓN DE AUGA DOMICILIARIA EN PONTA D’ÁGUA
Contribuír ao melloramento do estado sanitario das familias beneficiarias a través da conexión á rede de abastecemento de auga xa existente.
-
PROGRAMA PARA A MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA EN SAÚDE E ACESO E USO APROPIADO DE MEDICAMENTOS ESENCIAIS EN 17 COMUNIDADES RURAIS DOS MUNICIPIOS DE RETALHULEU E CHAMPERICO. PROGRAMA OXLAJUJ TZ’IKIN, GUATEMALA
Mellora da atención primaria en saúde e aceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa sur de Guatemala.
-
MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA DENDE UN ENFOQUE DE DD.HH. E EQUIDADE DE XÉNERO. PROGRAMA OXLAJUJ TZ’IKIN, GUATEMALA
Incrementar a calidade de vida das comunidades identificadas a partir da mellora da pertinencia e calidade da educación.
-
DIMINUCIÓN DA INCIDENCIA DE ENFERMIDADES NO BARRIO DE LA MOSCA - SANTA LUCÍA. SANTIAGO DE LOS CABALLEROS, REPÚBLICA DOMINICANA
Diminuír a incidencia de enfermidades e embarazos precoces mediante a educación e a capacitación en saúde primaria e preventiva coa realización de xornadas médicas, orientación e sensibilización sobre a problemática de saúde comunitaria, a planificación familiar, a promoción da lactancia materna, o control de vectores transmisores de enfermidades e a atención aos nenos e nenas que é a poboación máis vulnerable á problemática de saúde do barrio de La Mosca.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- …
- seguinte ›
- última »