Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
OLLADAS DESDE O GOLFO DE FONSECA, CENTROAMÉRICA
Contribuír ao recoñecemento da prioridade ambiental como clave para mellorar as condicións de vida das comunidades empobrecidas
-
CONTRA A CRISE ALIMENTAR: CONSUMO, PRODUCIÓN, POLÍTICAS E COOPERACIÓN
Conseguir un cambio social en Galicia a favor da soberanía alimentaria dos pobos como novo paradigma para a loita contra a pobreza
-
CAMPAÑA FOMENTO CONSUMO RESPONSABLE
O proxecto incide no fomento dun consumo responsable e dunha oferta e alternativa real de comercio xusto
-
APOIO A ACTIVIDADES DA CAMPAÑA “TU TURNO, MI TURNO, CONSUMO RESPONSABLE
O proxecto consiste na realización de talleres de solidariedade que queren sensibilizar sobre o consumo responsable
-
SENSIBILIZACIÓN E MOBILIZACIÓN SOCIAL PARA UNHA CIDADANÍA GLOBAL GALEGA
Proporcionar información e coñecemento entre os mozos, voluntarios e sociedade galega en xeral sobre a realidade dos países do Sur e, en particular, sobre os temas de cambio climático e agricultura
-
CAMPAÑA EDUCATIVA DE MOBILIZACIÓN E COOPERACIÓN DE UNICEF GALICIA CO PROGRAMA DE SUPERVIVENCIA INFANTIL DE UNICEF EN NÍXER
Partindo do exemplo concreto da situación da infancia en Níxer, preténdese mobilizar as vontades no Norte para propiciar o cambio social que levará a unha sociedade máis consciente e comprometida coas desigualdades do mundo
-
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A COOPERACIÓN NO RURAL GALEGO 2009
Accións que propicien o cambio previo de actitudes e valores da sociedade que garantan a consolidación e sustentabilidade de actuacións de desenvolvemento dos pobos
-
COMBATER A FAME. PROXECTO DE TODOS. SEGUNDO O 1º ODM. CONTRA A FAME, DEFENDER A TERRA. SEGUNDO O 1º ODM.
Concienciar a poboación sobre a necesidade de alcanzar no 2015 o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio
-
10ª AULA ITINERANTE DOS CONTOS SOLIDARIOS (2009/2010)
Concienciar e sensibilizar a través dos contos e de xogos solidarios á sociedade sobre a problemática da desigualdade social promovendo hábitos diarios de solidariedade.
-
FACENDO FAMILIAS NA EDUCACIÓN INFANTIL (2ª FASE)
Educar na solidariedade e na promoción do bo trato aos nenos e nenas da primeira infancia de Galicia, mediante o fomento de actitudes partícipes e responsables, coa aplicación da proposta educativa para Educación Infantil “Facendo familias".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »