Proxectos
-
Melloras das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universidades galego
O presente proxecto constitúe unha aposta integral por unha educación que impulse un modelo de cidadanía comprometida activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sostible, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como a continuación e complemento do proxecto “Escolas sen Racismo-Escolas pola Paz e o Desenvolvemento” (ESR-EPD), financiados pola DXRE e UE nas súas convocatorias de educación para o desenvolvemento entre os anos 2011 e 2018 e sen a compoñente de comunicación para a transformación social desde o ano 2007.
-
Campaña Mundial pola Educación 2020 en Galicia
Continuidade do proxecto Campaña Mundial pola Educación 2019 en Galicia, a través do que o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia, formado por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo e Taller de Solidariedade no eido da EpD e a Cidadanía Global, queren afrontar a actual situación de vulneración do dereito á educación que fundamenta a Axenda de Educación 2030 e o ODS 4.
-
Protección mediante o acceso a educación temperá de nenas e nenos refuxiados no campamento de Dzaleka, Malawi
-
Subministracións e servizos esenciais de nutrición para as nenas, nenos e mulleres máis vulnerables en República Centroafricana
-
Mellorada a resiliencia da poboación gazatí ante riscos de saúde ortopédica
-
Promover o dereito á saúde a través dunha estratexia de acceso a WASH entre a poboación refuxiada do asentamento de Kyaka II, Uganda, que foxe da violencia xeneralizada e da epidemia de ébola na RDC
-
Cooperación para o Desenvolvemento Litoral Sostible (Cátedra UNESCO)
-
Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento
O proxecto “Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento (MELINCO)” busca contribuír á protección dos dereitos lingüísticos na cooperación ao desenvolvemento a través dunha serie de accións que redunden nunha mediación lingüística de calidade entre o persoal das ONGD e as persoas usuarias e destinatarias das súas accións de cooperación, dende unha perspectiva de Dereitos Humanos.
-
A EDCG na formación dos profesionais da educación: construíndo o ámbito de educación. As titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase II
-
Creación do “Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”
Este grupo, que está próximo ás ONGd mais relevantes de Galicia no eido de Enxeñería e da Arquitectura –Enxeñaría sen Fronteiras e Arquitectura sen Fronteiras- convenia con estas dúas organizacións para traballar en concorrencia na “Creación dun Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- seguinte ›
- última »