Proxectos

  • TIFÓN KETSANA

    O tifón Ketsana causou 240 mortos e 1,8 millóns de damnificados ao seu paso por Filipinas. Neste contexto a AECID pon en marcha un operativo de resposta ao que se suman as ONGD e cooperación descentralizada.

  • TERREMOTO EN SUMATRA

    Un terremoto de magnitude 7,6 na escala Richter con epicentro a 50 quilómetros ao noroeste de Padang, capital de Sumatra Occidental deixou máis de 1.100 persoas falecidas (fontes de Nacións Unidas), miles de desaparecidos e as infraestruturas seriamente danadas como hospitais e estradas de acceso.

  • ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN AXENCIA HUMANITARIA DE GALICIA E FARMACÉUTICOS MUNDI PARA ACUTACIÓNS DE ACCIÓN HUMANITARIA E DE EMERXENCIA

    Accións de asistencia e atención inmediata de urxencia tras declararse un desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou poscatástrofes) para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.

  • FURACÁN IDA

    O 7 de novembro prodúcese na costa salvadoreña un furacán de categoría 1 na escala Saffir-Simpson de cinco niveis.

  • CESIÓN DE MATERIAL DENTRO DE UN PROXECTO DE APOIO NA PREVENCIÓN DE EMERXENCIAS.

    A provincia de Moxos, situada ao norte de Bolivia, no límite con Brasil é un territorio con baixa densidade de poboación e alta dispersión territorial, que se caracteriza pola presenza de grandes ríos con fortes crecidas, zonas de selva pechada con camiños e sendas de terra ou barro, e clima tropical, onde abundan as intensas chuvias. Posúe unha poboación de máis de 50.000 habitantes da familia dos Arawac, que se distribúe en 109 comunidades campesiñas e dous territorios indíxenas divididos a súa vez en 77.

  • ENTREGA DE AXUDA HUMANITARIA CON DESTINO HAITÍ

    Convenio de colaboración mediante o cal a FAHG fai entrega de 48 toneladas de leite en po e o custo do seu transporte para que sexan distribuídas en colexios de Puerto Príncipe, que tras o paso dos furacáns Gustav e Hanna quedaron seriamente afectadas

  • ASISTENCIA E ATENCIÓN BÁSICA DIARIA DE ANCIÁNS E ENFERMOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

    A parroquia do Espíritu Santo a través deste proxecto cobre as necesidades básicas das persoas máis vulnerables do barrio de La Habana Vieja. A través de entrevistas e visitas sociais individualizan e coñecen o caso de cada persoa e prestan axuda sen distinción de raza ou relixión, valoran comparativamente en equipo para ofrecer unha axuda axeitada á necesidade presentada. Contan cun total de 120 persoas na súa maioría anciáns, que regularmente reciben axuda directa dende a parroquia.

  • CONTRIBUIR AO TRANSPORTE DE LEITE DESNOTADO EN PO PARA O PROGRAMA DO PAÍS 10092.0 DO PMA EN GUATEMALA

    A FAHG e o PMA asinan unha carta de acordo mediante a cal a FAHG achega 40 toneladas de leite en po (cedidos á FAHG pola Consellería de Medio Rural) xunto cun desembolso metálico necesario para o transporte, e o PMA comprométese a transportar o alimento dende o porto de Vigo ata o porto de Santo Tomás de Castilla, en Guatemala, de conformidade coas normas e procedementos do PMA, levar a cabo a distribución, xestionar os fondos para a contribución achegados pola FAHG

  • CONSTRUCIÓN DO CENTRO INFANTIL ´´HEWAR´´

    Construción dun novo centro infantil no campo de refuxiados de Asker que sexa adecuado para lles proporcionar unha educación aos nenos e nenas, é ao mesmo tempo, un contorno propicio para que poidan aprender e xogar. Será o único centro que levará a cabo actividades durante todo o ano, co cal se evita que estes nenos e nenas teñan que xogar nas rúas
     

  • ENVIO DE 72 TN DE LEITE EN PO

    Os devastadores furacáns Gustav, Hanna e Ike deixaron unha estela de desolación en Cuba. Segundo as autoridades cubanas, só o furacán Gustav causou danos materiais por máis de 3 millóns de dólares. A causa desta situación, dende a FAHG acórdase doarlle 72 TN de leite en po (doada pola Consellería de Medio Rural) ao goberno cubano e págase o transporte dende Galicia ata Cuba. A dita doazón faixe a través da Empresa Executora de Donativos (EMED) adscrita ao Ministerio para a Inversión Económica e a colaboración Económica (MINVEC).