Proxectos
-
CONSTRUÍNDO UNHA CIDADANÍA GLOBAL EN GALICIA
Este proxecto busca contribuír a un maior coñecemento e implicación entre o voluntariado, base social e a sociedade galega en xeral, sobre a realidade dos países do Sur, en particular sobre agricultura e alimentos, ofrecendo propostas de participación e mobilización concretas e favorecendo unha implicación na escaleira de compromiso social. Ademais, a campaña trata de integrar os contidos da educación para unha cidadanía global na práctica educativa de docentes e o seu alumnado en Galicia.
-
CIDADANÍA GLOBAL E EQUIDADE DE XÉNERO: DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN DA MOCIDADE E DO PROFESORADO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE NO CURSO 2010-2011
Este proxecto, desenvolvido en Galicia desde 2004, enmárcase dentro da Campaña Cidade-Planeta, centrada tematicamente no curso 2010-2011 na equidade de xénero, que se integra dentro da proposta de “Redes Solidarias Educativas" de Entreculturas.
-
11ª AULA ITINERANTE DOS CONTOS SOLIDARIOS (2010/2011): AS VIAXES DO PAZTINETE SOLIDARIO
Neste proxecto desenvolveranse 100 sesións de contacontos centrados na temática da poboación refuxiada, os nenos soldado, o medio ambiente e a solidariedade. Interpretaranse valéndose de monicreques artesáns tecidos en Guatemala, India e Bangladesh baixo criterios de comercio xusto. Percorreranse especialmente escolas do medio rural galego como acto de solidariedade interna debido á menor oferta deste tipo de actividades de sensibilización solidaria en comparación ás escolas do medio urbano.
-
PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO VOCES DO SUR
Este proxecto, na súa segunda edición, pretende facilitar recursos materiais e de difusión para a mellora da participación da sociedade galega no ámbito da solidariedade. Continuarase coa colección de Amarante, que busca que as voces dos países do Sur sexan cada día máis próximas á sociedade galega, sendo as mulleres as protagonistas dos materiais e experiencias contadas, como exemplo dos impactos das causas estruturais da pobreza. Tamén se levará a cabo unha exposición centrada no consumo responsable en colaboración coa Asociación Ecoloxista Verdegaia.
-
CARA A UNHA CIDADANÍA INCLUSIVA NO ÁMBITO RURAL GALEGO. EDUCAR SUMANDO, A FÓRMULA DO CAMBIO
O proxecto inscríbese na campaña de InteRed “Educar sumando, a fórmula do cambio. Educación inclusiva, motor de desenvolvemento humano".
-
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN A TRAVÉS DE FERRAMENTAS AUDIOVISUAIS QUE PROMOVAN ESTRATEXIAS DE ECONOMÍA SOLIDARIA PARA AXUDAR A ACADAR OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO
Este proxecto trata de sensibilizar á poboación galega sobre prácticas de consumo que promoven o desenvolvemento como ferramenta para axudar a acadar os obxectivos de desenvolvemento do milenio. Para elo deseñarase, elaborarase e difundirase unha campaña sobre prácticas de comercio xusto, banca e aforro ético e consumo responsable, a partir dunha preparación colectiva dos seus contidos con organizacións especializadas en cada sector, que dean como resultado unha serie de materiais escritos e audiovisuais que sexan a base de distintas accións de sensibilización con poboación galega.
-
MELLORA DO COÑECEMENTO DA CIDADANÍA GALEGA, DESDE A PERSPECTIVA DOS DEREITOS HUMANOS E DO CUMPRIMENTO DOS ODM, DA SITUACIÓN EN ORIENTE PRÓXIMO E DO TRABALLO REALIZADO POLA SOCIEDADE PALESTINO-ISRAELÍ
O proxecto forma parte dunha campaña marco “Camiños de paz: Outras voces de Israel" levada a cabo por ACPP noutras comunidades autónomas. Traballa desde a perspectiva dos dereitos humanos e do cumprimento dos ODM, da situación en Oriente Próximo e do traballo realizado por ACPP, Agareso e a sociedade civil palestino-israelí. As actuacións previstas diríxense a sensibilizar sobre as organizacións e os discursos alternativos existentes na sociedade israelí na defensa dos dereitos humanos e o cumprimento dos ODM, contribuíndo á súa difusión e visibilidade.
-
A DESIGUALDADE EN PAÍSES EN VÍAS DE DESENVOLVEMENTO: CONTEXTOS DE INXUSTIZA SOCIAL E DE XÉNERO
Esta iniciativa céntrase na sensibilización sobre as desigualdades que ocorren nos países do Sur, especialmente aquelas que afectan a mulleres e nenas. Para isto, emprenderanse unha serie de accións educativas, de sensibilización e asociativas que abarcarán toda a sociedade galega, dándolle prioridade ás intervencións a desenvolver en poboacións dos municipios pequenos e/ou rurais.
-
PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña é o servizo encargado de xestionar, de coordinar e de potenciar os ámbitos do voluntariado social e da cooperación para o desenvolvemento na Universidade da Coruña. A través de diversas accións preténdese achegar ao público universitario e a sociedade xeral a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación ao desenvolvemento na construcción dun mundo máis xusto.
-
PLAN DE SENSIBILIZACIÓN 2010: UNHA REDE DO SÉCULO XXI
En 12 anos de vida o Fogacosol pasou de 10 concellos iniciais aos 102 socios actuais, que representan máis dun 70% da poboación galega. Pese a todo, a actual crise económica supón un desafío adicional para as entidades locais, con moitas competencias e poucos recursos, que poden encontrar maiores dificultades para explicar ás súas cidadanías a necesidade de continuar a traballar na cooperación para o desenvolvemento dos países que máis o precisan.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- …
- seguinte ›
- última »