Proxectos
-
APOIO Á REHABILITACIÓN AGRÍCOLA E SOCIAL EN DÚAS COOPERATIVAS DO MUNICIPIO DE PALMA, PINAR DEL RÍO, AFECTADAS CO PASO DOS FURACÁNS GUSTAV E IKE EN CUBA
As accións deste proxecto van dirixidas a apoiar a rehabilitación, tanto produtiva como social, de dúas cooperativas de produción agropecuaria dos municipios La Palma na provincia de Pinar del Río, seriamente afectadas tras o paso dos fortes e intensos furacáns Gustav e Ike nos meses de agosto e setembro de 2008.
-
MELLORA DOS ESTÁNDARES DE SEGURIDADE ALIMENTARIA DE 280 BENEFICIARIOS NOS ARREDORES DA CIDADE DE GAZA
O proxecto para o que Asemblea de Cooperación pola Paz solicita a colaboración por parte da FAHG xorde despois de que a ofensiva militar israelí Plomo Fundido en decembro de 2008, supuxera a destrución de boa parte do sector agrícola gazatí, tal e como consta un estudo realizado en febreiro do presente entre a OCHA e diferentes ONG, entre elas ACPP e deixou o 88% da poboación en graves dificultades de acceso a alimentos básicos.
-
AXUDA DE EMERXENCIA A DESPRAZADOS INTERNOS SOMALÍES, DISTRIBUCIÓN DE ARTÍCULOS DOMÉSTICOS BÁSICOS.
Mediante este proxecto, ACNUR cubrirá as necesidades domésticas básicas dos desprazados/as somalís en situación de urxencia nas rexións de Somalilandia, Puntalnadia e Rexión Sur Centro de Somalia. A asistencia de urxencia consistirá na subministración de artigos domésticos básicos tales como paquetes de artigos domésticos básicos, paquetes de hixiene de muller, xabóns, cubos e bidóns. Este proxecto apoiase a través da sinatura dunha addenda ao Convenio Marco asinado con ACNUR en 2008
-
APOIO SANITARIO PARA A MELLORA DO NIVEL DE SAÚDE DA POBOACIÓN QUE VIVE NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUÍS EN TINDOUF.
A SOGAPS executou un proxecto de apoio ao sistema sanitario saharauí no referente aos servizos de atención primaria, en especial a atención á poboación máis vulnerable dos campamentos de refuxiados. Este proxecto é a continuidade doutro xa desenvolvido no 2008 pola SOGAPS, de formación pediátrica aos profesionais sanitarios dos dispensarios e hospital dos campamentos Tinduf e conta para a súa realización co apoio e a colaboración das autoridades sanitarias saharauís, e a súa contraparte no terreo é o denominado Ministerio de Saúde Pública, da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
-
APOIO A MELLORAR O NIVEL DE SAÚDE DA POBOACIÓN QUE RESIDE NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUIS EN TINDOUF (ALXERIA) DE FORMA ESPECIFICA NA WILAYA DE SMARA
O proxecto consiste en mellorar o nivel de saúde e diminuír a mortalidade da poboación que reside nos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf - Alxeria. Neste caso concreto na wilaya de Smara
Período de execución: setembro – decembro 2009 -
PROXECTO DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE BASEADO NO CULTIVO ECOLÓXICO DO CACAO, COMPATIBLE COA CONSERVACIÓN DA SELVA AMAZÓNICA NO BAIXO HUALLAGA (REXIÓN DE SAN MARTÍN)
O obxectivo do proxecto é establecer unha plantación coherente de cacao ecolóxico que supoña unha alternativa ao cultivo da coca, evite as formas de agricultura agresivas ao medio, restaure a cuberta forestal, respecte os enclaves do territorio cuxos valores naturais mereza a pena preservar, respectar a conservación da biodiversidade da zona e contribuír ao desenvolvemento sostible das poboacións residentes no contorno, mediante o incremento do emprego e nivel de rendas, contribuíndo aos aspectos sociais, sanitarios e educativos das mesmas.
-
APOIO TÉCNICO NO DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE PESCA ARTESANAL E ACUICULTURA EN PAÍSES TERCEIROS
O proxecto pretende dar resposta aos requirimentos das contrapartes para reverter a situación de carencias e necesidades tanto formativas como materiais detectadas en diferentes ámbitos do sector pesqueiro artesanal.
Período de execución: outubro – decembro 2009 -
PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL E AXUDA AO DESENVOLVEMENTO
Preténdese achegar ao público universitario e á sociedade en xeral a realidade dos países en vías de desenvolvemento e a importancia da cooperación na construción dun mundo máis xusto, e así atenuar a desigualdade socioeconómica existente
Período de execución: abril – decembro 2009 -
CONSTRUCIÓN DE MÓDULO EDUCATIVO INTEGRAL: AULA PARA NIÑ@S DE 4 ANOS, SERVIZOS HIXIÉNICOS INCORPORADOS, PATIO PRINCIPAL E MURO DE CONTENCIÓN NA I.E.I. Nº 6080 “ROSA DE AMERICA", VILLA EL SALVADOR
O proxecto busca o fortalecemento de competencias e habilidades sociais de nenos e nenas en situación de pobreza residente no 1º sector do distrito de Villa El Salvador, abríndolles oportunidades de acceder con éxito ao nivel inicial educativo.
Período de execución: agosto – decembro 2009 -
XESTIÓN DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE EN MUNICIPIOS RURAIS ANDINOS
Este proxecto está orientado a prestar atención ao desenvolvemento de capacidades de xestión e planeamento estratéxico do desenvolvemento sostible e a erradicación da pobreza en 7 municipalidades distritales e 23 comunidades campesiñas da provincia de Huaral
Período de execución: agosto – decembro 2009
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- …
- seguinte ›
- última »