Proxectos
-
Acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable de zona C, como consecuencia do conflito
Este proxecto busca abordar a situación de vulnerabilidade das persoas residentes na Gobernación de Tubas, Cisxordania, Palestina, especificamente na comunidade de Tayasir, debido ás históricas hostilidades entre poboación palestina e israelí, que se agravaron desde outubro do 2023. Tras a identificación de necesidades elaborada de forma participativa coa poboación local, búscase favorecer a construción da paz a través do incremento da resiliencia de persoas afectadas pola violencia e proponse mellorar o acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable de zona "C".
-
Asistencia e protección a persoas migrantes na fronteira suroriental de Honduras
Este proxecto busca mellorar a asistencia e protección da poboación migrante na fronteira sur oriental de Honduras a través da atención das necesidades básicas de 3.100 persoas migrantes nos centros Monseñor Guido Charbonneau en Choluteca, Centro de Descanso Temporal Alivio del Sufrimiento en El Paraíso e Centro Casa Rafael, xunto ao punto fronteirizo de La Manos. Preténdese brindar asistencia alimentaria, médica e psicosocial, con especial atención a núcleos familiares, mulleres e nenos/as.
-
Fortalecemento da resiliencia e o acceso á educación dos nenos e novos afectados pola guerra en Ucraína
O proxecto proposto ten como obxectivo garantir que os nenos e mozos vulnerables afectados pola guerra, especialmente aqueles que foron desprazados internamente, teñan un mellor acceso á educación e ao apoio psicosocial no oblast de Ivano-Frankivska, en Ucraína.
-
Asistencia e protección ás comunidades refuxiadas e de acollida no distrito fronteirizo de Adjumani, Uganda
O presente proxecto busca responder as necesidades humanitarias de persoas refuxiadas, na súa gran maioría desprazadas polo conflito de Sudán do Sur, así como á poboación de acollida no distrito fronteirizo de Adjumani, nun contexto de crise humanitaria. A intervención busca contribuír a garantir o dereito a unha saúde integral das persoas refuxiadas así como das comunidades de acollida en Adjumani, a través da redución da vulnerabilidade física, emocional e psicosocial de 630 persoas refuxiadas e pertencentes ás comunidades de acollida nos asentamentos de Adjumani.
-
Refuxios fronte ao conflito: Construción Segura e Capacitación Comunitaria en Meluco, Mozambique
O proxecto desenvolverase no distrito de Meluco, Cabo Delgado, e ten como obxectivo abordar as necesidades urxentes das comunidades afectadas polo prolongado conflito armado na rexión, que deixou a máis de 700,000 persoas desprazadas internamente e máis de 630.000 que retornaron ás súas comunidades de orixe despois do conflito (perdendo os seus anteriores recursos, vivendas e medios de vida), aumentando a taxa de pobreza drasticamente
-
Mellorar a asistencia multisectorial da poboación para cubrir as necesidades de saúde e protección das persoas en situación de vulnerabilidade en Nangade, Cabo Delgado, Mozambique
O proxecto proposto ten como obxectivo abordar a problemática do acceso limitado a servizos integrais de saúde e protección na poboación de Nangade, Mozambique, afectada polo conflito que ten lugar na provincia de Cabo Delgado. Nos últimos anos, a situación de inestabilidade polo conflito iniciado en 2017 na rexión deteriorou significativamente os sistemas de saúde locais, o que xerou unha urxente necesidade de apoio para garantir o dereito fundamental á saúde da poboación.
-
Fortalecemento do dereito á saúde da poboación refuxiada Palestina máis vulnerable (especialmente mulleres e nenos/as) mediante o apoio a tres Puntos de Saúde en Cisxordania
O presente proxecto busca apoiar o mantemento durante 12 meses de tres puntos de saúde de Beit Our, Bodrus e Ramadeen. Os dous primeiros no gobernorado de Ramallah, nas áreas de Jericho e Xerusalén e o terceiro no gobernorado de Hebron, en Cisxordania (tPo). Estes puntos están situados en zonas rurais e illadas, sen acceso a servizos sanitarios para prestar atención en saúde primaria á poboación refuxiada de Palestina de zonas nas que Israel exerce o control e non permite o movemento da poboación para recibir os servizos de saúde.
-
Promoción de dereitos e garantías de protección a persoas en situación de mobilidade humana con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres en Dajabón, República Dominicana
Esta proposta ofrece unha resposta humanitaria á poboación en situación de mobilidade humana na fronteira domínico-haitiana de Dajabón, proporcionando asistencia adaptada ao contexto e ás características específicas de cada grupo. A intervención priorizará aos grupos máis vulnerables, con énfase en nenos, nenas, adolescentes e mulleres, dentro do marco dunha estratexia conxunta de protección integral e restitución de dereitos que SCRD e ACPP lideran desde 2022 nos territorios fronteirizos.
-
Mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira no sur de Honduras- Fase 2
Este proxecto forma a Fase 2 dun Programa de Marisqueo, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, e do Programa de Pesca e Marisqueo da socia local CODDEFFAGOLF. Deséñase e executarase en alianza coa Dirección Xeral de Pesca e a súa delegación rexional do pácifico e o Centro Universitario Rexional do Litoral Pácifico (CURLP).
-
Mellora da xestión pública da auga nos municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras, Fase 1
O proxecto forma parte do Programa de Auga de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na zona sur de Honduras, froito dun proceso de varios anos, coa Mancomunidade NASMAR. Con este proxecto, as entidades involucradas, pretenden dar un salto cuantitativo da capacidade de mobilización de recursos para sistemas de auga, cualitativo en canto á xestión pública de auga e saneamento e de calidade de auga, avanzar na sustentabilidade de xestores sociais da auga, e unha mellora substancial nas alianzas interinstitucionais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »