Proxectos
-
Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). PENSA!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.
O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente. Desde ACPP-Galicia entendese o ESR-EpD como un marco de actuación, unha forma de facer e de entender que require da participación de toda a comunidade educativa desde a educación infantil ata a universitaria, para acadar o propósito de crear unha sociedade máis xusta e solidaria.
-
Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de intercambio de experiencias e capacidades para aumentar o compromiso social e institucional coa equidade de xénero e a xustiza social.
“Elas Deciden” é un proxecto da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) desde 2020 que fortalece a colaboración entre movementos feministas do Sur e Norte Global. Busca identificar necesidades comúns e promover a igualdade de xénero mediante o intercambio de coñecementos e experiencias. A proposta actual céntrase en sensibilizar sobre o empoderamento das mulleres e visibilizar a súa labor nos territorios onde ACPP traballa. Ten compoñentes de incidencia social e política e fomenta redes entre organizacións de ambos hemisferios.
-
Campaña Mundial pola Educación 2026
O proxecto céntrase na sensibilización, a concienciación, a formación, a mobilización cidadá e a incidencia política. Estas accións seguen a orientación do movemento internacional Global Campaign for Education (GCE) e desenvólvense en coordinación coa coalición española da Campaña Mundial. O obxectivo central da Campaña Mundial pola Educación (CME) é esixir que se garanta o dereito humano á educación para todas as persoas e que os Estados cumpran os compromisos adquiridos tanto a nivel nacional como internacional.
-
Contribución á soberanía alimentaria peruana a través da mellora dos mecanismos de control e vixilancia dos recursos e dos produtos hidrobiolóxicos e o fortalecemento de capacidades técnicas e de gobernanza das mulleres e dos homes fiscalizadores de SANIPES e das administracións locais de Sechura
A intervención contribuirá a fortalecer as capacidades técnicas e de gobernanza das mulleres e homes fiscalizadores da Autoridade Nacional de Sanidade e Inocuidade en Pesca e Acuicultura (SANIPES) e das administracións locais de Sechura en materia hixiénico-sanitaria, requisitos de rastrexabilidade e seguridade alimentaria e nutricional dos recursos e produtos hidrobiolóxicos, aliñándose coa normativa europea e adaptándose ás necesidades do país a través do reforzo do papel dos fiscalizadores para promover a mellora das actuacións no marco das súas competencias e a implementación dun permis
-
Proxecto Sementando Futuro, fortalecemento da formación técnica agropecuaria sostible en Piura
O proxecto “Sementando Futuro” ten como fin mellorar a calidade da educación técnica agropecuaria no Val de San Lorenzo, rexión de Piura (Perú), mediante unha articulación efectiva entre actores públicos e privados. Traballarase directamente con 8 municipios escolares e 7 asociacións de mulleres, en coordinación coa Unidad de Gestión Educativa Local- UGEL de Tambogrande e o Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica Agropecuaria (CEFOIT), para fortalecer procesos de desenvolvemento socioeconómico con especial atención a mulleres e mozas en situación de vulnerabilidade.
-
Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria.
Trátase do segundo convenio asinado entre a Cooperación Descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, con data 10 de novembro de 2023. Este convenio permite, por unha banda, o establecemento dunha relación de coordinación constante entre a Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da AECID e as Comunidades Autónomas participantes, e por outra, o financiamento conxunto das intervencións que se seleccionen.
-
Remodelación da casa sanitaria Galicia afectada polas inundacións
A Casa sanitaria de Galicia foi comezada a construír no ano 2013 rematando a súa obra no ano 2014 na Wilaya de Bojador na Daira. Esta casa foi construída coa intención de que o persoal médico que viaxase nas Comisión Sanitarias para ofrecer os seus servizos no terreo tivese un lugar onde descansar comodamente sen ter que desprazarse a instalación afastadas.
-
Reforzo da atención sanitaria a través da dotación de equipos, medicamento e alimentación no Hospital Nacional Central
O sistema económico de refuxiados saharauís é practicamente inexistente, dada a situación de conflito que se vive na zona , polo que a ausencia dunha base económica estable dificulta a satisfacción plena das necesidades elementais da poboación.
-
Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
A intervención contribúe á resposta ás necesidades humanitarias urxentes en Gaza e Líbano, centrándose en proporcionar axuda de emerxencia e subministracións esenciais de saúde á poboación afectada. Na Franxa de Gaza, a axuda está especialmente dirixida aos nenos e nenas afectados polo aumento da violencia, beneficiando tamén ás familias e os conxuntos de poboación afectadas por violencia, desprazamento e a deterioración do acceso a servizos básicos.
-
Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSG) e a vulneración de dereitos das mulleres e as nenas, con especial atención na trata con motivos de explotación sexual, na República Democrática do Congo-RDC
O obxectivo deste proxecto inscríbese na mellora da contorna de protección da poboación refuxiada centroafricana na provincia de Nord – Ubangi e da rede provincial de loita contra a violencia sexual e de xénero da poboación refuxiada e solicitante de asilo, mediante o reforzo das capacidades das estruturas comunitarias e do persoal da ONG CIAUD socio implementador.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »