Proxectos
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DAS COMUNIDADES DA MICROCUNCA DO RÍO SASLE PARA UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS NATURAIS, JINOTEGA, NICARAGUA, FASE II
Este proxecto constitúe a Fase II do proxecto “Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do Río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais" ano 2008.
Esta Fase II contempla actividades formuladas para incidir nas actuacións futuras (capacitacións e sensibilización da poboación), pero está máis orientada á posta en práctica das capacidades e coñecementos adquiridos, principalmente, mediante as actividades de implementación dos plans de manexo de fincas. -
PROXECTO DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO AOS CASARÍOS DE LAS LAJAS E EL ZAPOTILLO NO MUNICIPIO DE MARCOVIA EN HONDURAS
Usados os recursos do territorio de xeito sostible e con enfoque de cunca pola poboación do municipio de Marcovia, en correspondencia coas políticas e normas vixentes no país, de cara á mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
-
POTENCIANDO CAPACIDADES PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE CHETILLA E MAGDALENA – REXIÓN CAJAMARCA
Contribuír a diminuír os niveis de pobreza e exclusión no ámbito de intervención
-
FORTALECEMENTO DA CAPACIDADE DE XESTIÓN DE ACPP GALICIA
Contribuír ao fortalecemento da capacidade de xestión do equipo da Asemblea de Cooperación Pola Paz Galicia e a súa rede de apoio
-
CONSOLIDACIÓN DA IMPORTADORA DE COMERCIO XUSTO DE TALLER DE SOLIDARIDADE
Contribuír ao fortalecemento da ONG Taller de Solidariedade en Galicia
-
MELLORAR A PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DA ASOCIACIÓN EQUUS ZEBRA
Mellorar a estrutura e capacidade da organización Equus Zebra-Galicia
-
CONSOLIDACIÓN DA ÁREA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL ESPECIALIZADA EN HEMOFILIA E SAÚDE
Realizar proxectos que garantan o desenvolvemento das persoas con hemofilia e discapacidade no exterior
-
FORTALECER A ÁREA DE ACCIÓN SOCIAL (EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO, SENSIBILIZACIÓN E INCIDENCIA POLÍTICA) DE PAZ E DESENVOLVEMENTO GALICIA ONGD
Fomentar o desenvolvemento dunha cidadanía galega responsábel, activa, informada e crítica que loite pola consecución dunhas relacións máis xustas e solidarias
-
CONSTITUCIÓN DA REDE LATINOGALEGA
Un proxecto común, xunto con contrapartes que están a desenvolver o seu traballo en Latinoamérica, é a creación dunha rede transnacional que permita o intercambio de experiencias, boas prácticas e coñecemento entre as entidades que a compoñan, proxecto que desenvolverá ámbitos de traballo como a discapacidade, a extrema pobreza e a intervención con mozos e mozas en situación de risco social. Este espazo caracterízase porque, nesta primeira fase, realizarase a través de medios virtuais que aporta a entidade (IGAXES3).
-
CONSOLIDACIÓN III FASE: REFORZO DAS ÁREAS DE TRABALLO DE EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS (ESF) GALICIA
Fortalecemento da rede de delegacións de ESF como motor de cambio na sociedade a través da educación para o desenvolvemento
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- …
- seguinte ›
- última »