Proxectos

  • ACCIÓNS DE FORMACIÓN, DIAGNOSE E EQUIPAMENTO DE EQUIPOS DE VIXILANCIA E INSPECCIÓN PESQUEIRA

    OBXECTIVOS

    - Propiciar vínculos de cooperación e apoio entre rexións en materia de pesca e acuicultura co fin de influir positivamente no desenvolvemento do sector

    - Favorecer a conservación e manipulación de recursos pesqueiros  mediante a aplicación de accións de inspección e vixilancia pesqueira en cada un dos países participantes: Cabo Verde, Guinea Bissau e San Tomé e Príncipe

    ACCIÓNS

  • PROXECTO PARA A PRESERVACIÓN DO BOSQUE SECO CHIQUITANO (BOLIVIA)

    OBXECTIVOS

    - Promover o desenvolvemento das poboacións locais a través do aproveitamento sostible do bosque na rexión chiquitana

    -Garantir un maior reservorio local da biodiversidade dos bosques baixo un aproveitamento legal e sostible  

    -Consolidar os eslabóns máis avanzados da cadea de valor agregado da madeira

    ACCIÓNS

  • FORTALECEMENTO DO SECTOR PESQUEIRO ARTESANAL E ELABORACIÓN DUN PLAN DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SOSTIBLE NA PROVINCIA DE MANABÍ

    OBXECTIVO: Acadar o fortalecemento das institucións e da gobernabilidade local, creando mecanismos estables para a promoción do tecido económico

    ACCIÓNS: - Diagnóstico de necesidades de capacitación e asistencia técnica das Organizacións Priorizadas do Sector da Pesca Artesanal

    -Elaboración e execución do Programa de Extensión Pesqueira co fin de reforzar as Cooperativas Pesqueiras Artesanais da Provincia mediante a asistencia técnica e a formación “in situ"

  • PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO RURAL DOS TERRITORIOS DOS RÍOS CHANCHÁN E CHIMBO

    OBXECTIVOS: Fortalecemento da organización da cooperación para o desenvolvemento dos territorios das cuncas dos ríos Chanchán e Chimbo mediante a prestación de apoio e asistencia técnica para a consolidación da Corporación e o seu equipo mediante o aprendizaxe da metodoloxía Leader.

  • AXUDA HUMANITARIA PARA A RECONSTRUCIÓN DE MERZOUGA (MARROCOS)

    OBXECTIVOS: Restablecer as condicións mínimas de habitabilidade na poboación de Merzouga e colaborar no fomento e desenvolvemento do pobo para que este recupere a súa actividade diaria.

  • ACTIVIDADES PARA A CELEBRACIÓN DO CONGRESO MUNDIAL DE MULLERES DA VÍA CAMPESIÑA

    OBXECTIVO: Realización das accións de coordinación e apoio loxístico necesarias para a celebración do “Congreso Mundial de Mulleres de Vía Campesiña. Labregas Sementando a Igualdade"

    O congreso celebrarase os días 18,19,20 e 21 de outubro de 2006 en Santiago de Compostela, estando prevista a participación de labregas da India, Corea, Guatemala, Honduras, Nicaragua, México, Vietnam, Colombia, Chile ou Mozambique.

    Ver nova

  • FORTALECEMENTO DO PROGRAMA DE ATENCIÓN PARA NENAS E MOZAS EN SITUACIÓN DE ALTO RISCO DO BARRIO CALIGHAT, CALCUTA (INDIA)

    OBXECTIVOS: Fortalecer o traballo que desenvolve a contraparte, New Light, no Barrio Roxo de Calcuta (Calighat). Para isto mercarase o inmoble que actualmente teñen alugado e que funciona como fogar de acollida para nenas rescatadas da prostitución.
    Preténdese contribuir á redución da pobreza e a mellorar a calidade na cobertura das necesidades sociais básicas das nenas en situación de alto risco neste barrio de Calcuta.

  • FORMACIÓN TÉCNICA E OCUPACIONAL DE MOZOS DE ESCASOS RECURSOS NOS DEPARTAMENTOS DE CHINANDEGA E MANAGUA (NICARAGUA)

    OBXECTIVOS:- Mellorar a oferta e calidade educativa en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer coa introdución da formación ocupacional, técnica e tecnolóxica para facilitar a posterior inserción laboral dos alumnos.
    - Ampliar a cobertura educativa coa construción, acondicionamento e equipamento de espazos educativos nos catro colexios de Fe y Alegría en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer, para o  acceso das nenas e nenos a unha edcucación integral.

  • PRIMEIRA FASE DA CONSTRUCIÓN DA CASA DOS OFICIOS "A CORUÑA" EN YOFF - THONGOR (SENEGAL)

    OBXECTIVO:Fixación das poboacións xuvenís nos seus lugares de orixen por medio da formación – inserción sociolaboral. Dar resposta ás demandas de formación plantexadas polas cooperativas e empresas locais

    ACCIÓNS: - Construción da Casa dos Oficios que contará con catro aulas taller, unha bibilioteca estudio, un aula informática, un dispensario e unha sala de profesorado
    - Dotación de mobiliario, máquinas e ferramentas
     

  • APOIO A FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS AFRICANOS/AS E LATINOAMERICANOS/AS EN ECONOMÍA PESQUEIRA

    OBXECTIVO: Apoiar a ampliación da formación en materia pesqueira de titulados universitarios e profesionais africanos e latinoamericanos tendo como principal obxectivo a súa incorporación no ámbito académico ou profesional nos seus países de orixe.