Proxectos
-
Prevención e resposta á emigración, o tráfico e a violencia de xénero no distrito de Napak da rexión de Karamoja, Uganda
O obxectivo desta intervención é reforzar a contorna de protección dos nenos e as nenas do distrito de Napak, en Karamoja (Uganda), que corren o risco de ser vítimas de trata, mesmo con fins de explotación sexual.
-
Prevención da violencia de xénero e mellora da protección infantil da poboación refuxiada de Palestina na zona sur de Cisxordania
Esta proposta inscríbese na estratexia de xénero de UNRWA e as súas accións de e protección da infancia, destinada a mellorar a situación da poboación refuxiada de Palestina, cun enfoque especial na poboación infantil e as mulleres, quen é vítimas das limitacións impostas por un contexto caracterizado pola violencia. De feito, tanto as mulleres como a poboación infantil en Cisxordania requiren apoio para facer fronte á vulnerabilidade resultante da violencia doméstica e as difíciles condicións da súa vida diaria debido ás incursións do exército de Israel.
-
Protección e asistencia de emerxencia para a poboación desprazada na provincia de Cabo Delgado, Mozambique
O obxectivo deste proxecto é dar resposta ás necesidades urxentes e básicas da poboación desprazada principalmente, pero tamén das comunidades de acollida e retornadas na provincia de Cabo Delgado, Mozambique. Para iso, ACNUR Mozambique proporcionarán kits de artigos non alimentarios de emerxencia a un total de 335 familias desprazadas, incluíndo tamén a familias retornadas e das comunidades de acollida (chegando a preto de 1.675 persoas), que incluirán ítems básicos e esenciais para o fogar e para protexer os seus refuxios.
-
Mellora do benestar psicosocial da poboación infantil e xuvenil desprazada nos refuxios de UNRWA tras a escalada de violencia iniciada en outubro 2023 na Franxa de Gaza
O proxecto pretende dar apoio psicosocial ás nenas e nenos e mozos en idade escolar, que en moitos casos perderon os seus fogares, as súas familias e os seus medios de subsistencia debido á guerra en Gaza. A intervención busca dar apoio psicosocial como resposta inmediata ao trauma en espazos seguros, mentres se asegura unha preparación adecuada para a transición á educación unha vez que a situación o permita. O proxecto conta co apoio de apoio de 11 terapeutas durante 3 meses, tendo cada terapeuta ao seu cargo aproximadamente a 150 menores.
-
Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a intensificación dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortaldade entre os/as damnificados/as.
-
Activistas polo mundo que queremos 2024-2025
Activistas polo Mundo que Queremos 2024-2025 é unha iniciativa dirixida a 300 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado. Ten como obxectivo afondar nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega.
-
Adaptación ao cambio climático mediante o fortalecemento dos mecanismos de comercialización e propostas de turismo sustentable como estratexia de diversificación da pesca artesanal na provincia de Piura
O proxecto ten como obxectivo xeral “Contribuír á adaptación ao cambio climático asegurando a reactivación económica de diferentes colectivos de produtores e agrupacións de mulleres a través do fortalecemento dos procesos de comercialización e turismo sostible”. Existen diversos estudos, moitos deles propiciados por Nacións Unidas, que conclúen que as mulleres e as nenas sofren de forma máis severa os efectos do cambio climático.
-
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación V
Este proxecto presenta importantes retos, pretendendo dar un paso máis alá para procurar unha maior participación, eficacia, eficiencia e impacto da cooperación municipalista realizada desde Galicia, así como procurar o coñecemento das entidades locais no cumprimento dos ODS.
-
Proxecto de consolidación do I Plan estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2023 e consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable
O convenio establece as bases para a execución do proxecto de Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2020-2030 e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, reforzando as liñas de actuación relacionadas co reforzo da institucionalización do CUD e a localización da Axenda 2030 e dos ODS integrados na RGCUD.
-
Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego da cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer ás ONGD galegas, particularmente ás máis débiles, e de defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a defensa dos dereitos humanos a nivel global.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »