A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, regulada pola Orde do 22 de xuño do 2020, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 134, do 7 de xullo).