O programa, promovido pola Axencia Española de Cooperación Internacional, (AECI), céntrase no intercambio de coñecementos entre institucións españolas e as da rexión colombiana de Antioquia. No proxecto participan, ademais de Galicia, as comunidades de Andalucía, Navarra, Estremadura, Cataluña e Castela León. O IGAPE, o BIC Galicia, o Instituto de Acuicultura e o Instituto Tecnolóxico de Galicia son as institucións galegas implicadas no programa