A directora xeral de Cooperación Exterior participou esta mañá na presentación do documental “Cabo Verde. Sabi. A muller e a terra, o home e o mar”.Sotelo destacou a importancia do apoio a este tipo de iniciativas que permiten dar visibilidade a situacións que doutro xeito quedarían silenciadas.No acto estiveron presentes a xefa de produción do documental, Natalia San José, o director de programas da CRTVG, Eduardo Galán, e o director de relacións externas da CRTVG, Pastor Lorenzo.O documental emitirase mañá sábado ás 15.40 horas pola canle autonómica