Proxectos
-
Mulleres, acuicultura e reforzo institucional para o desenvolvemento sostible da economía azul na rexión Mar de Piura, Perú
O presente proxecto ten como obxectivo principal contribuír ao incremento da sustentabilidade das cadeas de valor vinculadas ao sector pesqueiro e acuícola na rexión de Piura, mediante o fortalecemento produtivo de iniciativas empresariais situadas na Baía de Sechura e o reforzo dos mecanismos de gobernanza operativos na rexión de Piura.
-
Protección e asistencia de emerxencia para a poboación desprazada na provincia de Cabo Delgado, Mozambique
O obxectivo deste proxecto é dar resposta ás necesidades urxentes e básicas da poboación desprazada principalmente, pero tamén das comunidades de acollida e retornadas na provincia de Cabo Delgado, Mozambique. Para iso, ACNUR Mozambique proporcionarán kits de artigos non alimentarios de emerxencia a un total de 335 familias desprazadas, incluíndo tamén a familias retornadas e das comunidades de acollida (chegando a preto de 1.750 persoas), que incluirán ítems básicos e esenciais para o fogar e para protexer os seus refuxios.
-
Promoción do dereito á protección da infancia e da igualdade de xénero, na Provincia de Gaza (Mozambique), Fase I
Este proxecto é a primeira fase dun programa de longo alcance, que ten como obxectivo principal eliminar o matrimonio infantil, precoz e forzado e a violencia de xénero. Para iso crea e fortalece unha rede comunitaria comprometida coa erradicación desta práctica, fortalécense capacidades, inclúense sesións de masculinidade positiva dirixidas a nenos e adolescentes, introdúcense grupos de aforro comunitario para reducir a vulnerabilidade económica, mobilízase a comunidades e titulares de responsabilidades.
-
Forxando futuro desde a colmea: sustentabilidade, equidade e gobernanza na apicultura familiar andina do Perú, en vinculación cos ODS 8 e 12.
O proxecto ten como obxectivo fortalecer a cadea de valor apícola nas comunidades campesiñas de seis distritos da provincia de Quispicanchi, Cusco, Perú, para promover medios de vida sostibles e inclusivos, cun énfase nas mulleres e xoves rurais en situación de vulnerabilidade. Implementarase durante 16 meses e beneficiará a 125 emprendementos apícolas familiares.
-
Promoción do dereito a unha vivenda digna, adecuada e saudable para a poboación indíxena Ch´orti´ do municipio de Jocotán, Corredor Seco Oriental (Guatemala)
O proxecto aliñase cos plans estratéxicos de SODEPAZ, MEJORHA e do Municipio de Jocotán, e busca garantir o dereito a unha vivenda digna para as familias indíxenas Ch’orti’. A intervención mellora as vivendas de 75 familias e fortalece as capacidades locais cun enfoque de xénero e pertinencia cultural. Tamén acompaña 14 comunidades na xestión de subsidios ante o FOPAVI. Así mesmo, impulsa a organización comunitaria para incidir politicamente a favor do dereito á vivenda.
-
Proxecto K'ut qach'ab'äl: Impulsando mecanismos de protección integral para defensoras e defensores de dereitos humanos no occidente de Guatemala
O presente proxecto pretende contribuír a reforzar a protección integral de persoas defensoras de dereitos humanos no suroccidente de Guatemala, unha rexión marcada por altos niveis de conflitividade social, criminalización e violencia institucional cara a quen defende dereitos colectivos, territoriais, de xénero e ambientais. En particular, céntrase no fortalecemento das capacidades organizativas, de seguridade e de articulación política das redes de mulleres defensoras, autoridades indíxenas e colectivos territoriais dos departamentos de San Marcos, Quetzaltenango e Totonicapán.
-
Infancia con dereitos e comunidades sostibles en Changalane: fortalecemento nutricional, educativo e comunitario con enfoque de xénero (Mozambique)
O proxecto ten como obxectivo garantir o dereito á saúde, á educación infantil temperá e á alimentación da infancia máis vulnerable de Changalane, unha localidade do medio rural no sur de Mozambique. A intervención céntrase na rehabilitación integral do Centro Infantil de Changalane, incluíndo a mellora das súas infraestruturas sanitarias, educativas e produtivas, co propósito de reforzar a súa sustentabilidade técnica e económica a longo prazo.
-
Mulleres mozas impulsando políticas feministas nas municipalidades de La Ceiba e Arizona para a prevención e atención das violencias machistas (Honduras)
O proxecto ten como obxectivo contribuír á erradicación das violencias cara ás mulleres novas rompendo as lóxicas de dominación masculina e dinámicas machistas nos municipios de La Ceiba e Arizona, en Atlántida. Un departamento onde as taxas de violencia de xénero son alarmantemente altas: segundo datos da Secretaría de Seguridade, o 60% das mulleres experimentaron algún tipo de violencia na súa vida. As mozas garífunas e mestizas son particularmente vulnerables.
-
O poder da Xuventude. Redución do embarazo adolescente en mozos e adolescentes chiquitanos, con e sen diversidade funcional, a través do exercicio dos seus DSDR, o fortalecemento do sistema público de saúde e a corresponsabilidade entre actores na Rede de Saúde Velasco, Bolivia
O proxecto traballa sobre as causas, opcións, riscos e efectos do embarazo adolescente con mocidade e adolescentes como protagonistas. Faino a través dunha estratexia de fortalecemento do sistema de saúde, a concientización, diálogo e colaboración intersectorial (saúde-educación) e entre titularidades, a promoción-protección do exercicio de Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos (DSDR) e abordando determinantes sociais e ambientais, baixo un enfoque de dereitos humanos (DDHH), xénero e interculturalidad na Rede de Saúde Velasco do departamento de Santa Cruz, Bolivia.
-
Mellora da empregabilidade de mulleres vítimas de violencia en razón de xénero no Municipio de Sacaba-Cochabamba, Bolivia
O proxecto busca mellorar a empregabilidade e autonomía de mulleres vítimas de violencia de xénero en Sacaba mediante formación profesional, apoio ao autoemprego e acompañamento legal e psicosocial.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »