Proxectos
-
Proxecto Auga Segura: “Mellora do acceso á auga potable e saneamento en condicións de equidade e sen discriminación para 27 comunidades rurais do Distrito Municipal de Baños del Inca, Cajamarca (Perú)”
-
Mulleres Rurais Resilientes fronte á variabilidade climática no corredor seco de Madriz
Este proxecto enmárcase nun plan de actuación e estratéxico amplo e a longo prazo (12 anos), a Estratexia País de Axuda en Acción Nicaragua, no cal se establece como prioritaria a presenza en Corredor Seco de Madriz. O devandito plan implementa accións de cooperación ao desenvolvemento nos ámbitos de Seguridade Alimentaria e Dereitos das mulleres con emprendementos resilientes adaptados ao Cambio Climático.
-
Mellorada a Saúde Sexual e Reprodutiva da poboación do distrito de Koinadugu, con especial atención aos grupos vulnerables. Serra Leoa
-
Mellorada a dispoñibilidade dos recursos básicos para o acceso á educación no municipio de Poroma. Bolivia
-
Xestión integral, sustentable e equitativa dos refugallos sólidos, fortalecendo a gobernanza municipal e a participación comunitaria nos municipios de Perquín, Meanguera e Jocoaitique, O Salvador
-
Proxecto de mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de Amapala, San Lorenzo e Marcovia, Honduras
O proxecto consiste na mellora da actividade marisqueira de sete grupos liderados por mulleres que realizan a actividade de xeito tradicional supoñendo unha fonte principal de ingresos para as súas familias, dadas as circunstancias de deterioro ambiental, perda de produción e ingresos que se vén dando nos últimos anos e ameazan dito modo de vida.
-
Mellorada a abordaxe integral, interinstitucional e comunitaria, da prevención e atención das mulleres sobreviventes da violencia baseada en xénero (VBX), favorecendo o acceso aos servizos de saúde desde un enfoque de pertinencia cultural nos municipios de Santa Cruz e Chisec de Alta Verapaz. Guatemala
Médicos do Mundo e a Dirección da Área de Saúde de Alta Verapaz (DASAV) teñen un histórico de traballo complementario desde hai anos. Tras unha fase de proxectos dirixidos á Saúde Sexual e Reprodutiva no departamento, iníciase un programa máis focalizado cara á abordaxe da VBX ante a situación que viven as mulleres Q’eqchi’é e Poqomchi’é na rexión, priorizando municipios e localidades segundo identificábanse necesidades e/ou avances.
-
Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da infancia e a mocidade rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala). Fase 5 (peche)
O presente proxecto ten como obxectivo a mellora integral da calidade educativa, con pertinencia cultural e de xénero, en oito comunidades rurais en condicións de vulnerabilidade do municipio de Champerico, na costa sur occidental de Guatemala. Trátase concretamente de mellorar as condicións de calidade educativa en oito centros de preprimaria e primaria e dous institutos básicos (10 en total).
-
Mellora das condicións de vida para a ampliación das capacidades e as liberdades das persoas mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero en Santa Lucía, provincia de Santiago- asociada a IDI Rep. Dominicana
-
Fortalecemento das capacidades de 9 cooperativas de pescadores e pescadoras artesanais para producións acuícolas alternativas adaptadas ao Cambio climático nos departamentos de Chinandega e León, Nicaragua
O proxecto pretende contribuír ao desenvolvemento sustentable e mellorar o nivel de vida das comunidades pesqueiras do país. En concreto, preténdese estender a tecnoloxía de produción de pargo en gaiolas flotantes e a produción de peixes en estanques, que vén desenvolvendo nos últimos anos Amigos da Terra en Nicaragua coas dúas entidades socias: Luchadores Integrados al Desarrollo de la Región (LIDER) e ÚNAN-León, e que xa foi obxecto de sistematización.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »