Proxectos
-
Asistencia básica para a poboación refuxiada Siria en Xordania
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios residentes nos campos de Zaatari e Azraq asegurando o seu acceso a servizos de emerxencia. Centrarase esencialmente en prover a 88 familias (440 persoas) de materiais básicos non alimentarios segundo estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu uso doméstico. O traballo centrarase especialmente coas mulleres e os/as nenos/as, por ser colectivos que enfrontan numerosos retos.
-
Programa Vacacións en Paz 2017
As vacacións en paz preséntanse como una forma de ofrecer aos nenos/as saharauis, nados no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida; de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí. O programa ten unha duración aproximada de dous meses.
-
Garantir un nivel de vida digno para a poboación refuxiada de Palestina, que vive en absoluta pobreza
Reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, mediante o incremento do aporte calórico da poboación a través da provisión de 216 cestas alimentarias.
-
Mellora das capacidades da Coordinadora para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento
A proposta de traballo da CGONGD na actualidade desenvólvese nos seguintes ámbitos de actuación:
-
Convenio de Colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames negras, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase V.
Este proxecto constitúe a fase V do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX), da Hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 (Fase I), 2014 (Fase II), 2015 (Fase III) e 2016 (Fase IV) en Mozambique.
-
Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sustentabilidade e a cooperación en Galicia e a República Dominicana – Investigación acción.
A proposta de investigación denominada “Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sustentabilidade e a cooperación en Galicia e República Dominicana – investigación acción”, sintetizado no acrónimo ALIANZA TERRA, inscríbese no marco conceptual e propositivo da 5ª xeración da Educación para o Desenvolvemento (EpD), centrado na configuración dunha cidadanía planetaria, responsable e comprometida coa superación das inxustizas e dos problemas xerados pola crise ambiental e económica.
-
A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase I.
O proxecto “A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase I” céntrase en coñecer o grao da inserción da EDCG na formación inicial dos/as profesionais da educación que se forman na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento.
-
Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua: artellando redes
O presente proxecto titulado “Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua, artellando redes” (DISEMINAR) pretende abordar unha problemática multidimensional: o contexto da diversidade funcional na infancia. A nenez con capacidades diferentes nos países en vías de desenvolvemento teñen dificultades para acceder ó seu entorno, tanto aos apoios e servizos básicos para a súa vida cotidiana como a outros dereitos fundamentais (educación, etc.).
-
O Turismo Comunitario como instrumento no desenvolvemento humano das parroquias Mangahurco e Cazaderos do cantón Zapotillo, provincia de Loja: Xeración dun modelo aplicado baseado na inclusión, sustentabilidade, xénero e natureza
Neste sentido, a proposta de proxecto que se presenta baixo o título “O Turismo Comunitario como instrumento no desenvolvemento humano das parroquias Mangahurco e Cazaderos do cantón Zapotillo, provincia de Loja: Xeración dun modelo aplicado baseado na inclusión, sustentabilidade, xénero e natureza”, circunscríbese a dúas zonas deprimidas tanto económica como socialmente, polo que o obxectivo principal fundaméntase en describir o escenario actual de ambas as comarcas co fin de identificar as súas debilidades e fortalezas e desenvolver, segundo proceda, propostas de mellora que revertan no c
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- …
- seguinte ›
- última »