Proxectos
-
Liderazgo xuvenil para fortalecer a articulación comunitaria e municipal na promoción da igualdade de Xénero e prevención de violencias nos municipios de Sabana Iglesia, Baitoa e Santiago de los Caballeros, República Dominicana
O proxecto busca articular unha estratexia conxunta de participación desde a organización comunitaria e as autoridades públicas, en especial os municipios, para consolidar unha acción conxunta que impacte nas reducións da desigualdade e as violencias machistas a partir dun enfoque de participación xuvenil, en especial coa mobilización de mulleres. Fortalécense os procesos de incidencia social e apropiación dos mecanismos institucionais e políticas públicas para a mellora da rendición de contas.
-
Aulas conectadas para un Futuro Mellor en 8 escolas de Cantel, Quetzaltenango, Guatemala.
O proxecto busca mellorar o aprendizaxe en educación preprimaria e primaria en escolas rurais do suroeste de Guatemala, promovendo unha cultura de calidade educativa liderada pola comunidade escolar. Implantarase un proceso de acompañamento, formación e empoderamento local nun prazo de dous a tres anos, coa integración de tecnoloxía na aula para reducir a brecha dixital. A través do subproxecto “Aulas Conectadas para un Futuro Mellor”, dotarase a oito escolas do municipio de Cantel con equipos tecnolóxicos e formación docente no uso pedagóxico de ferramentas dixitais.
-
Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, coa participación de equipos de Bolivia
Este proxecto busca reducir a vulnerabilidade das comunidades do sur de Perú ante inundacións e riadas, fortalecendo as capacidades dos seus equipos de emerxencia. Amplía a estratexia iniciada contra os incendios forestais, debido ao aumento do risco en zonas afectadas pola destrución da masa vexetal. Inclúe a colaboración transfronteiriza con Bolivia, fomentando o intercambio de experiencias na xestión de riscos. O proxecto levarase a cabo en cinco fases durante 9 meses, mellorando a preparación, a resposta e a coordinación dos equipos de emerxencia de Perú e Bolivia.
-
Prevención da violencia cara ás mulleres indíxenas potenciando o seu benestar, autonomía e liderado
O proxecto ten como obxectivo promover o dereito das mulleres mayas de Guatemala a unha vida libre de violencias, desde un enfoque feminista, comunitario e decolonial. Baseado na cosmovisión maya, busca fortalecer as capacidades das mulleres para sanar e previr a violencia, mellorando o seu benestar, autonomía e liderado. Realizaranse talleres de sanación, sensibilización comunitaria e melloras no Centro de Formación e Sanación KAN. Ademais, potenciarase a organización Kaqla e desenvolveranse actividades de prevención da violencia en cinco departamentos do país.
-
Mulleres e xuventudes de 4 distritos de Sonsonate leste e norte melloran a súa incidencia política e cidadá para o avance nos DDHH, con enfoque de xénero e xustiza ambiental.
A proposta busca continuar o traballo coas mulleres e xuventudes dos distritos de San Julián, Santa Isabel Ishuatan, Cuisnahuat e Nahuizalco, fortalecendo a súa organización e participación na defensa dos seus dereitos humanos, especialmente na loita contra a violencia e a xustiza ambiental. Planease unha estratexia de capacitación, fortalecemento organizativo e participación, con énfase no medio ambiente e na prevención de riscos climáticos. O proxecto céntrase en tres áreas clave: fortalecer as estruturas organizativas, previr a violencia de xénero e mellorar a saúde ambiental rural.
-
Mulleres organizadas de pobos orixinarios de Puno fortalecidas nas súas capacidades, desde unha cidadanía intercultural crítica, inciden polos seus dereitos políticos e vida libre de violencias machistas, Fase II (Perú)
A proposta dá continuidade ao proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia (Fase I), que fortaleceu a 90 mulleres quechuas, aimaras e urus de Puno na súa participación política e na defensa dunha vida libre de violencias. Esta Fase II busca consolidar eses avances en Puno e San Román, incorporando un novo compoñente para facer fronte ao acoso político cara a mulleres lideresas e autoridades. Desenvolverase unha Escola Política, estratexias de incidencia e diagnósticos sobre a participación feminina comunal.
-
Omukasi: Promovendo o empoderamento e a promoción da autonomía económica das mulleres rurais de Mayuge (Uganda)
Este proxecto forma parte dun proceso de desenvolvemento que ten como finalidade contribuír á consecución da igualdade de xénero e ao empoderamento das mulleres rurais da rexión Busoga, no leste de Uganda, para a eliminación da pobreza e as violencias machistas. Para conseguilo, o proxecto enfocarase especificamente en fomentar os dereitos das mulleres rurais do distrito Mayuge, pertencente á Rexión Busoga, ao leste de Uganda, mediante o fortalecemento socioeconómico e a sensibilización comunitaria.
-
Mellora no acceso aos dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais de mulleres rurais para un desenvolvemento inclusivo e sostible no Corpus e Namasigüe (Honduras)
O proxecto, que dá continuidade ao traballo conxunto de ambas as entidades, pretende contribuír a poñer fin a todas as formas de discriminación e eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres co acceso ao dereito humano a unha alimentación e nutrición adecuada e a recursos económicos en El Corpus e Namasigüe, departamento de Choluteca, en Honduras. Este país sitúase no lugar 100 de 162 países no índice de desigualdade de xénero.
-
Promover política pública de reparación digna e transformadora que garanta unha resposta efectiva no acceso á xustiza de nenas, adolescentes e mulleres de Guatemala
O proxecto aborda o dereito das mulleres maias de Guatemala a unha vida libre de violencias, partindo dun enfoque feminista, comunitario e decolonial, que recoñece e valora as epistemoloxías do Sur como base para a transformación. Exponse desde saberes situados, construídos desde as experiencias das mulleres e os pobos maias, que cuestionan o colonialismo epistémico e colocan ao centro o coidado, o benestar, o territorio e a rede da vida.
-
Fortalecer as capacidades e ferramentas do sistema educativo, das organizacións de mulleres e do sector mediático para o cumprimento efectivo da Política de Prevención e Atención ás Unións Prematuras e ao Embarazo en Adolescentes (PPA) na República Dominicana.
O proxecto busca reducir a maternidade e as unións prematuras na República Dominicana, abordando as súas causas: a falta de educación sexual e os estereotipos de xénero. Articulase desde organizacións de mulleres para incidir nos ámbitos educativo, comunitario, político e mediático. Inclúe traballo en escolas, formación de lideresas, unha investigación nacional sobre a problemática e campañas de sensibilización. Ademais, promove a implementación da Política de Prevención e Atención de Unións Prematuras e Embarazo Adolescente.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »