Proxectos
-
FORTALECEMENTO DA CAPACIDADE CLÍNICA DO CENTRO DE TRATAMENTO AMBULATORIAL “CÉU E TERRAS" PARA TRATAMENTO INTEGRAL DE PACIENTES SEROPOSITIVOS EN BISSAU
Diminuír a taxa de prevalencia do VIH-SIDA e aumentar a cobertura dos pacientes tratados no sector autónomo de Bissau.
-
FORMACIÓN DE EXPERTOS LATINOAMERICANOS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL - CURSO 2008/2009
Formar profesionais que desenvolvan as súas tarefas no sector da cooperación galega para o desenvolvemento.
-
MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE BÁSICA. PROGRAMA OXLAJUJ TZ’IKIN, GUATEMALA
Establecer os condicionantes previos (técnicos, de capacitación, insumos…) para a execución das infraestruturas habitacionais.
-
INSTALACIÓN SOLAR MIXTA TÉRMICA E FOTOVOLTAICA PARA UN ALBERGUE INFANTIL DOCENTE-SANITARIO EN SENKATA-EL ALTO (BOLIVIA)
Crear un taller permanente de educación en uso racional da enerxía que permita incorporar á poboación xuvenil a un proceso produtivo. A escola taller asegurará tamén a continuidade e o seguimento do proxecto.
-
APOIO Á RECUPERACIÓN DAS ACTIVIDADES PRODUTIVAS PARA AS FAMILIAS AFECTADAS POLO CICLÓN NARGIS EN MYANMAR
O programa inclúe 7 sectores de intervención: distribución de alimentos; aloxamento; saúde e nutrición; auga, saneamento e hixiene; educación; protección infantil; medios de vida; e seguridade alimentaria
-
PROGRAMA PARA O FORTALECEMENTO DA ADMINISTRACIÓN DESCENTRALIZADA EN BOLIVIA
-
CONTRIBUÍR NA PREVENCIÓN, DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO DA INFECCIÓN DE VIH/SIDA NOS 425.161 POTENCIAIS USUARIOS DE BISSAU E NOS 173.223 POTENCIAIS USUARIOS DAS REXIÓNS DE QUINARA E TOMBALÍ, GUINEA BISSAU
Prevención, diagnóstico e tratamento da infección de VIH/SIDA en torno a 3 eixos de intervención: (1) habilitación dun centro de CIDA (Centro de Informaçao, Despistagem e Aconselhamento de VIH/SIDA) para a prevención, diagnóstico e tratamento de VIH/SIDA-ITS; (2) sensibilización en prevención de VIH/SIDA; e (3) formación en métodos de apoio e seguimento de PVVS (Persoas que Viven co Virus do SIDA) e formación en recoñecemento precoz e diagnóstico do VIH/SIDA.
-
MELLORA DA CONDICIÓN DAS MULLERES RURAIS E DA XESTIÓN SOSTIBLE DO ENTORNO RURAL E FORESTAL DAS REXIÓNS DE OIO, CACHEU E BAFATÁ, GUINEA BISSAU
Consolidación e extensión dos apoios para a mellora das oportunidades económicas, educativas e sanitarias e promoción da equidade de xénero e consolidación e extensión dos apoios para a promoción da seguridade alimentaria e xestión sostible dos recursos naturais.
-
PROGRAMA DE MELLORA DO ACCESO E CALIDADE EDUCATIVA NO MUNICIPIO DE BENGUELA. ANGOLA
Fortalecemento do sistema educativo na provincia de Benguela a través de:
(i) mellora no acceso ao sistema educativo de mozos e adultos con dimensión de xénero a través do apoio salarial a docentes e alfabetizadores, da construción dun módulo de escola, unha biblioteca e un módulo administrativo, así como -
EDUCACIÓN TÉCNICA E VOCACIONAL PARA UNHA MELLOR INSERCIÓN LABORAL EN HONDURAS E NICARAGUA
Fortalecer e mellorar a educación básica de 1.720 mozos/as de Nicaragua e Honduras en situación de vulnerabilidade, con especial énfase no desenvolvemento de competencias profesionais para a súa inserción no mercado laboral.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- …
- seguinte ›
- última »