Proxectos
-
Asistencia humanitaria a familias extremadamente vulnerables a seca por vivir lonxe de sistemas de auga potable en dous comunidades do Municipio de Calamarca: Choritotora e Ninacho
Este proxecto está enfocado a dar asistencia humanitaria ás 175 persoas (35 familias de 2 comunidades veciñas) directamente afectadas pola seca causada polo fenómeno climático do Neno agravado polos efectos do Cambio Climático.
-
Activistas polo mundo que queremos 2023-2024
Esta iniciativa está dirixida a 400 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado, e ten como obxectivo afondar nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega.
-
I Programa Galego de acollida temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos
O presente proxecto pretende desenvolver o primeiro Programa Galego de Acollida Temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos co obxectivo de xerar estratexias de acollida temporal que melloren as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu traballo de defensoría.
-
Mellorar a dieta dos refuxiados saharauís a través da compra e distribución de ovos e prestación de axuda sanitaria e dotación de material sanitario nos campamentos de refuxiados saharauis
O Sáhara Occidental é un territorio en litixio, declarado non autónomo polo Comité de Descolonización das Nacións Unidas. Dende que a súa potencia colonizadora, España, abandonou a zona en 1975 a rexión atópase, na súa gran maioría, baixo o dominio de Marrocos. En 1976 constitúese a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), gobernada polo grupo independentista Frente Polisario, apoiado por Alxeria. Os campamentos levantáronse nunha zona da rexión de Tindouf que o goberno de Alxeria cedeu temporalmente ó Frente Polisario para o asentamento da poboación en 1975.
-
Reforzo do sistema de protección da infancia e dos servizos integrados de prevención e resposta aos problemas de protección da infancia, incluída a violencia de xénero, no distrito de acollida de refuxiados de Yumbe (Uganda).
O obxectivo da intervención é reforzar a contorna de protección das nenas e os nenos nos asentamentos de refuxiados e comunidades de acollida do distrito de Yumbe en Uganda. Para logralo, UNICEF reforzará o sistema de protección do Goberno de Uganda e proporcionará servizos directos de prevención e resposta ás nenas, nenos e adolescentes do distrito de Yumbe, incluído Bidibidi, o maior asentamento de refuxiados do país.
-
Garantir o dereito das mulleres refuxiadas de Palestina a vivir unha vida libre de violencia machista nos campamentos da Franxa de Gaza.
A situación de bloqueo desde hai máis de 15 anos e as seis escaladas de violencia dos últimos anos afectaron á vida económica e social das mulleres palestinas e negativamente ao seu empoderamento, ao logro dos seus dereitos e á súa participación política.
-
Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSX) e a discriminación contra as mulleres na República Democrática do Congo-RDC.
O presente proxecto busca garantir o dereito á seguridade, a integridade física, a igualdade entre homes e mulleres, para as mulleres refuxiadas centroafricanas residentes na provincia de Nord–Ubangi na RDC. A fin de lograr este obxectivo espérase reforzar o sistema de atención integral a mulleres refuxiadas centroafricanas vítimas de VSX e de defensa dos seus dereitos nas áreas de execución do proxecto mediante o reforzo de capacidades de estruturas comunitarias de prevención e resposta á VSX, e a asistencia legal e sanitaria para persoas sobreviventes.
-
People & Planet: un destino común
O presente proxecto pretende concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar os gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global.
-
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación IV
O proxecto está enmarcado no contexto postelectoral que se abrirá no ano 2024 en Galicia. Ese ano celebraranse eleccións para elixir as e os cargos que configurarán os gobernos locais, e existe a posibilidade de que as novas representantes políticas descoñezan que é a cooperación ao desenvolvemento e que funcións desempeña o Fondo Galego. Nesta liña, a presente proposta ten como obxectivo específico promover a implicación da administración local galega en materia de cooperación ao desenvolvemento como ferramenta para dar cumprimento á Axenda 2030, e fundaméntase en dúas dimensións:
-
Favorecer o dereito ao desenvolvemento socioeconómico da poboación das Illas de Fogo e Maio, en Cabo Verde, a partir da implementación e xestión das Reservas da Biosfera
Cabo Verde é un estado soberano, insular de África, situado no océano Atlántico, máis concretamente fronte ás costas senegalesas. A súa economía está altamente concentrada en dous sectores de actividade: o inmobiliario e o turístico. As súas vulnerabilidades veñen dadas pola escasa diversificación da actividade económica, entre outras casuísticas. En canto á situación ambiental, podemos encontrar varios Espazos Naturais Protexidos, baixo distintas figuras nas dúas illas obxecto de intervención do presente proxecto: as illas de Fogo e Maio.