Proxectos
-
Mulleres que texen vida mediante a formación artesanal e o desenvolvemento comunitario en Potosí, Bolivia, Fase II
O obxectivo central do proxecto é consolidar a autonomía económica, social e organizativa das mulleres en situación de vulnerabilidade da comunidade de Barrio Lindo, en Potosí, mediante unha estratexia integral que combina a formación técnica, o desenvolvemento de capacidades produtivas e a protección da infancia.
-
Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, coa participación de equipos de Bolivia. Fase II
Este proxecto ten como obxectivo reducir a vulnerabilidade das comunidades do sur do Perú ante inundacións e desbordamentos, mediante o fortalecemento das capacidades dos seus equipos de emerxencia. Amplía a estratexia posta en marcha inicialmente para facer fronte aos incendios forestais, unha resposta motivada polo elevado risco existente nas zonas onde a vexetación foi destruída. O proxecto contempla a colaboración transfronteiriza con Bolivia, fomentando o intercambio de experiencias en materia de xestión de riscos.
-
“Da Intervención á Sustentabilidade”: Fortalecemento institucional para unha atención sanitaria pública de calidade para as persoas con albinismo en Malaui
Este proxecto aposta por fortalecer institucionalmente o Goberno de Malaui e o sistema de saúde pública do país para garantir o dereito á saúde en condicións de calidade e equidade de 660 persoas con albinismo (PCA) de 7 distritos das rexións Norte e Central (Karonga, Chitipa, Rumphi, Nkhatabay, Mzimba, Kasungu, Dowa). Malaui presenta unha das prevalencias de albinismo máis críticas a nivel global.
-
Fortalecemento comunitario e resiliencia fronte ás emerxencias nos campamentos saharauís mediante a Protección Civil
A intervención desenvólvese nos campamentos de poboación refuxiada saharauí situados na hammada alxerina, próximos a Tinduf, onde máis de 170.000 persoas viven nunha situación prolongada de vulnerabilidade social, ambiental e climática (ver anexo de mapa e características dos campamentos).
-
Garantir o exercicio do dereito humano á saúde da poboación refuxiada de Palestina mediante servizos de saúde materno-infantil no Líbano.
Este proxecto xorde da necesidade de abordar a crise humanitaria que persiste no Líbano desde hai décadas, agravada pola crise económica crónica do país e polas consecuencias do conflito con Israel; un conflito que, malia o alto o fogo do 27 de novembro de 2024, permanece latente. Esta crise humanitaria afecta de xeito desproporcionado aos colectivos máis marxinados, como os refuxiados palestinos, que se enfrontan a enormes dificultades para acceder aos servizos públicos, incluída a sanidade pública, debido a barreiras administrativas e económicas.
-
Fortalecemento dos servizos de protección infantil e violencia de xénero en Ouaddai (Chad).
O proxecto reforzará a protección da infancia e a resposta á violencia de xénero
en Ouaddaï, ampliando a presenza de UNICEF, reforzando a capacidade local para previr, identificar e responder á violencia e outras violacións dos dereitos contra a infancia, mediante o fortalecemento dos sistemas formais e mecanismos comunitarios. -
Acceso a rehabilitación física e mental e a bens básicos para as persoas refuxiadas nos campamentos de Qalandiya, Amari e Jalazone, na gobernación de Ramallah e Al-Bireh, Palestina.
Abordar a grave deterioración da saúde mental e física e das condicións de vida da poboación refuxiada palestina residente nos campamentos de Qalandiya, Amari e Jalazone, na gobernación de Ramallah e Al-Bireh (Cisxordania, Palestina). Décadas de desprazamento forzoso, agravadas pola escalada da violencia, a ocupación, as restricións de movemento e o deterioro socioeconómico desde outubro de 2023, intensificaron exponencialmente os niveis de trauma, vulnerabilidade e exposición a riscos de protección.
-
Mellora do acceso a servizos de protección holísticos para mulleres e menores con discapacidade desprazados na Franxa de Gaza.
O proxecto proposto ten como obxectivo mellorar a protección e a recuperación integral das mulleres e menores con discapacidade desprazadas na Franxa de Gaza, nun contexto caracterizado pola destrución masiva de infraestruturas, o colapso do sistema sanitario e un aumento exponencial dos riscos de violencia e exclusión.
-
Mellora da accesibilidade da poboación de Gaza a servizos de Atención Primaria de Saúde
A guerra e o colapso case total do sistema sanitario han deixado á poboación de Gaza sen acceso a servizos esenciais, exposta a malnutrición, enfermidades e unha grave deterioración da saúde mental. Neste contexto, o proxecto propón reforzar a atención primaria xestionando o Centro de Atención Primaria de Nuseirat, onde se combina asistencia médica, saúde sexual e reprodutiva, cribado nutricional e apoio psicosocial adaptado a mulleres, nenas, nenos, persoas desprazadas e comunidades de acollida.
-
Exercicio efectivo do dereito á saúde e á protección das poboacións desprazadas afectadas polo conflito e a violencia, mediante o fortalecemento de 3 estruturas de saúde en Beni, Kivu Norte (República Democrática do Congo)
A República Democrática do Congo (RDC) enfróntase a unha das situacións humanitarias máis complexas e desafiantes do mundo, con múltiples conflitos que afectan a diversas partes do seu vasto territorio desde hai case tres décadas. A intensificación dos conflitos no leste do país provocou un aumento das necesidades humanitarias debido ao desprazamento de miles de fogares e ao incremento da violencia sexual. A esta crise de seguridade súmase o impacto recorrente das epidemias, que premen aínda máis un sistema sanitario xa debilitado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »