Proxectos
-
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo ciudadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase VII
O obxectivo central de Farmamundi (FM) céntrase na defensa e promoción do acceso universal á saúde a través de procesos de transformación social sostible. Este compromiso concrétase mediante accións de axuda humanitaria, cooperación ao desenvolvemento e educación para a cidadanía global. Fundada en 1993, a entidade conta cunha traxectoria de máis de tres décadas e máis de 120 proxectos desenvolvidos.
-
ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas de odio e anticooperación co Sur Global
O proxecto ODiSeIA aposta pola transformación das narrativas como ferramenta central para facer fronte á polarización social e promover unha sociedade máis xusta e inclusiva. A partir dos logros e aprendizaxes previas, deseñouse unha proposta inédita que busca dar resposta a desafíos emerxentes mediante unha estratexia que imbrica comunicación, mobilización e educación como eixos de acción.
-
Senda 2030. Xeración Eco-Étika: Construíndo cidadanía global dende as aulas a través da ciencia cidadá e a participación.
É unha proposta de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpDCG) promovida en agrupación por CIDEL Galicia e a Universidade de Vigo, coa participación do IES Luís Seoane como aliado educativo estratéxico. O proxecto busca mellorar a capacidade da comunidade educativa galega para xerar procesos de acción colectiva ante retos ecosociais desde un enfoque de cidadanía global, articulando investigación e coñecemento, práctica educativa, cooperación e participación.
-
Replay Mocidade x dereitos. Conectar para transformar. Fase I
O proxecto “Replay Mocidade x dereitos. Conectar para transformar. Fase I” ten como obxectivo fortalecer as capacidades e oportunidades dos adolescentes e mozos para comprender criticamente as cuestións que os afectan no exercicio dos seus dereitos e transformar esa comprensión en participación, propostas e acción colectiva. Para iso, 60 mozos de Pontevedra, Vigo e A Coruña, 20 por territorio, emprenderán unha viaxe que conecta as súas realidades coas dos mozos doutros contextos e do Sur Global.
-
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da Axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 4
O proxecto proponse fortalecer e transferir as capacidades teóricas, metodolóxicas e de incidencia política da veciñanza do barrio da Agra (titulares de dereitos) e de axentes multiplicadores dos ámbitos educativo, social e institucional (titulares de responsabilidades) para a defensa do Dereito ao Hábitat (ODS 11) con perspectiva ecofeminista, interseccional e de cultura de paz.
-
Dereito ao Hábitat Rural para a promoción dun modelo de hábitat rural sostible baseado en dereitos humanos, igualdade de xénero, promoción da cultura de paz, cidadanía global e valoración da diversidade cultural en 18 comunidades educativas do ámbito rural galego. Fase 2
O proxecto constitúe a segunda fase da intervención iniciada no curso escolar 2025/2026 e desenvólvese en 18 comunidades educativas do rural galego, pertencentes a territorios nos que se identifican certas vulneracións do dereito ao hábitat.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)
No curso 25-26, EpDLab cumpriu 11 anos; despois de máis dunha década, EpDLab é agora unha comunidade educativa cohesiva e estable, un espazo de intercambio e unha experiencia que acompaña aos grupos participantes no longo prazo. Esta comunidade medra cada ano, acollendo colectivos que achegan heteroxeneidade, e facilitando así que os resultados do proxecto sexan flexibles e adaptables a diversos contextos educativos e socioculturais, no eido formal e non formal.
-
Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado e profesorado de educación Secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo Fase V)
Xeración Contrainfo nace en 2022 como resposta á radicalización dos discursos de odio entre as e os adolescentes, que segundo relataba o persoal docente e os colectivos afectados estaban provocando un clima de polarización social nas aulas e uns altos niveis de intolerancia e de agresividade cara as persoas migrantes e/ou racializadas, as persoas xitanas e as persoas do colectivo LGBTQ+, ao que hai que engadir a transversalización da discriminación por xénero.
-
Campaña Mundial pola Educación 2027
As principais liñas de acción do proxecto Campaña Global pola Educación 2027 en Galicia céntranse na sensibilización, a educación, a formación, a mobilización cidadá e a incidencia política.
-
Rede de Eco Hortas Escolares
A proposta que expoñemos ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables.
Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigas da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018-2019 e que no actual curso conta cun total de 14 centros educativos participantes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »