Proxectos
-
Proxecto Sementando Futuro, fortalecemento da formación técnica agropecuaria sostible en Piura
O proxecto “Sementando Futuro” ten como fin mellorar a calidade da educación técnica agropecuaria no Val de San Lorenzo, rexión de Piura (Perú), mediante unha articulación efectiva entre actores públicos e privados. Traballarase directamente con 8 municipios escolares e 7 asociacións de mulleres, en coordinación coa Unidad de Gestión Educativa Local- UGEL de Tambogrande e o Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica Agropecuaria (CEFOIT), para fortalecer procesos de desenvolvemento socioeconómico con especial atención a mulleres e mozas en situación de vulnerabilidade.
-
Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria.
Trátase do segundo convenio asinado entre a Cooperación Descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, con data 10 de novembro de 2023. Este convenio permite, por unha banda, o establecemento dunha relación de coordinación constante entre a Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da AECID e as Comunidades Autónomas participantes, e por outra, o financiamento conxunto das intervencións que se seleccionen.
-
Remodelación da casa sanitaria Galicia afectada polas inundacións
A Casa sanitaria de Galicia foi comezada a construír no ano 2013 rematando a súa obra no ano 2014 na Wilaya de Bojador na Daira. Esta casa foi construída coa intención de que o persoal médico que viaxase nas Comisión Sanitarias para ofrecer os seus servizos no terreo tivese un lugar onde descansar comodamente sen ter que desprazarse a instalación afastadas.
-
Reforzo da atención sanitaria a través da dotación de equipos, medicamento e alimentación no Hospital Nacional Central
O sistema económico de refuxiados saharauís é practicamente inexistente, dada a situación de conflito que se vive na zona , polo que a ausencia dunha base económica estable dificulta a satisfacción plena das necesidades elementais da poboación.
-
Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
A intervención contribúe á resposta ás necesidades humanitarias urxentes en Gaza e Líbano, centrándose en proporcionar axuda de emerxencia e subministracións esenciais de saúde á poboación afectada. Na Franxa de Gaza, a axuda está especialmente dirixida aos nenos e nenas afectados polo aumento da violencia, beneficiando tamén ás familias e os conxuntos de poboación afectadas por violencia, desprazamento e a deterioración do acceso a servizos básicos.
-
Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSG) e a vulneración de dereitos das mulleres e as nenas, con especial atención na trata con motivos de explotación sexual, na República Democrática do Congo-RDC
O obxectivo deste proxecto inscríbese na mellora da contorna de protección da poboación refuxiada centroafricana na provincia de Nord – Ubangi e da rede provincial de loita contra a violencia sexual e de xénero da poboación refuxiada e solicitante de asilo, mediante o reforzo das capacidades das estruturas comunitarias e do persoal da ONG CIAUD socio implementador.
-
Prevención e resposta á emigración, o tráfico e a violencia de xénero no distrito de Napak da rexión de Karamoja, Uganda
O obxectivo desta intervención é reforzar a contorna de protección dos nenos e as nenas do distrito de Napak, en Karamoja (Uganda), que corren o risco de ser vítimas de trata, mesmo con fins de explotación sexual.
-
Prevención da violencia de xénero e mellora da protección infantil da poboación refuxiada de Palestina na zona sur de Cisxordania
Esta proposta inscríbese na estratexia de xénero de UNRWA e as súas accións de e protección da infancia, destinada a mellorar a situación da poboación refuxiada de Palestina, cun enfoque especial na poboación infantil e as mulleres, quen é vítimas das limitacións impostas por un contexto caracterizado pola violencia. De feito, tanto as mulleres como a poboación infantil en Cisxordania requiren apoio para facer fronte á vulnerabilidade resultante da violencia doméstica e as difíciles condicións da súa vida diaria debido ás incursións do exército de Israel.
-
Protección e asistencia de emerxencia para a poboación desprazada na provincia de Cabo Delgado, Mozambique
O obxectivo deste proxecto é dar resposta ás necesidades urxentes e básicas da poboación desprazada principalmente, pero tamén das comunidades de acollida e retornadas na provincia de Cabo Delgado, Mozambique. Para iso, ACNUR Mozambique proporcionarán kits de artigos non alimentarios de emerxencia a un total de 335 familias desprazadas, incluíndo tamén a familias retornadas e das comunidades de acollida (chegando a preto de 1.675 persoas), que incluirán ítems básicos e esenciais para o fogar e para protexer os seus refuxios.
-
Mellora do benestar psicosocial da poboación infantil e xuvenil desprazada nos refuxios de UNRWA tras a escalada de violencia iniciada en outubro 2023 na Franxa de Gaza
O proxecto pretende dar apoio psicosocial ás nenas e nenos e mozos en idade escolar, que en moitos casos perderon os seus fogares, as súas familias e os seus medios de subsistencia debido á guerra en Gaza. A intervención busca dar apoio psicosocial como resposta inmediata ao trauma en espazos seguros, mentres se asegura unha preparación adecuada para a transición á educación unha vez que a situación o permita. O proxecto conta co apoio de apoio de 11 terapeutas durante 3 meses, tendo cada terapeuta ao seu cargo aproximadamente a 150 menores.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »