Proxectos
-
¡Protección AH-ora! Fortalecer a Acción Humanitaria, localizada e diversa para a protección integral de persoas LGBTIQ+ desprazadas no Salvador
Dende 2022, ACPP e Asociación Comunicando e Capacitando a Mulleres no Salvador (COMCAVIS) traballaron en alianza para fortalecer a protección integral de persoas LGBTIQ+ en situación de desprazamento forzado no Salvador. Este esforzo materialízase na Casa Refuxio Karla Avelar, o único albergue seguro no país e na rexión para persoas sexo-xénero disidentes. Esta terceira fase de intervención consolida un enfoque feminista, interseccional e localizado que non só busca aliviar o sufrimento, senón tamén fortalecer as capacidades de COMCAVIS.
-
EnREDadas no Cambio: Feminismo Emprendedor para a Transformación Global
O proxecto redefine o emprendemento desde unha perspectiva feminista e inclusiva. Desafía os paradigmas tradicionais do emprendemento, tradicionalmente masculinizados e individualistas, para visibilizar modelos empresariais liderados por mulleres que dan prioridade ao impacto social, a sustentabilidade e a xustiza de xénero.
-
O Globo. Fomentando a cultura participativa con enfoque de ECG e feminista mediante a creación de procesos e espazos que visibilicen, conecten e impulsen o activismo social e a participación cidadá transformadora, tanto dentro como fóra do sistema educativo galego.
“O Globo” é un proxecto que busca fomentar e articular a participación social no territorio galego mediante un enfoque integral e baseado no coidado das persoas, e promovendo espazos virtuais e presenciais que sexan de utilidade para o desenvolvemento comunitario.
No eido da educación regrada, participan catro centros (un de Primaria, outro de Secundaria, un de Formación Profesional e unha Universidade) para promover en cada un deles o deseño e posta en marcha de iniciativas de transformación social.
-
IV Premio galego de educación para o desenvolvemnto desarrollo e cidadanía global
O “IV Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global” capacita e recoñece ao profesorado galego para integrar a educación crítica en cidadanía global, seguindo a LOMLOE e a Axenda 2030. Focalízase en formación, coñecemento e recoñecemento docente, promovendo experiencias innovadoras e unha rede de educadoras comprometidas coa transformación educativa en Galicia.
-
Fame Cero: ecocidadanía global e agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS2 (ENREDA). Fase 1
O proxecto constitúe a primeira fase dunha intervención trienal (2025-2028) impulsada por Mans Unidas e o grupo SEPA-Interea da USC para promover a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Centrado no dereito á alimentación e nos hortos ecodidácticos rurais (ENREDA), busca fortalecer a sensibilización, a formación e a investigación. A intervención pretende empoderar ao profesorado e ás comunidades educativas, mellorar a avaliación e consolidar unha alianza coa USC para reforzar a base teórica e metodolóxica do proxecto.
-
Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria.
A proposta actual constitúe a fase VI do proxecto "A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria", iniciado no ano 2020 entre Farmamundi (FM) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), co obxectivo de promover a cidadanía global e a transformación social no ámbito da comunidade universitaria. Ao longo das cinco fases anteriores, estableceuse unha ampla rede de colaboración con entidades do terceiro sector e organizacións internacionais.
-
Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega. Fase 3
Con este proxecto quérese continuar o traballo no Programa Tecnoloxía Sen Fronteiras de promoción e visibilización da tecnoloxía para o ben común nas universidades públicas galegas. Ademais de promover a investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.
-
Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase III
Este proxecto pretende fortalecer os vínculos entre organizacións sociais de Galicia e Honduras na defensa da terra e a vida fronte ao extractivismo, apostando por unha cidadanía global activa, crítica e comprometida.
-
Mensaxes que transforman: Mozos de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas.
O proxecto enmárcase na Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que ten como finalidade promover a construción de cidadanía global a través da adquisición de habilidades para o exercicio dunha cidadanía plena, crítica, activa e transformadora. Este proceso de participación xuvenil leva activo en Galicia desde 2004, e este proxecto pretende achegar novas ferramentas e habilidades para a comunicación para a transformación social e espazos de participación estables aos grupos solidarios, centros educativos e entidades sociais participantes.
-
A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Unha ollada con lentes violetas cara o sur coa ApS como ferramenta de transformación social
O proxecto céntrase en fortalecer a participación activa e a conciencia social da infancia, mocidade, persoal educador e do alumnado universitario galego na defensa e promoción do bo trato á infancia. Faino mediante iniciativas de formación, sensibilización, mobilización cidadá e incidencia política, integrando a perspectiva do Sur Global e aplicando un enfoque interseccional e de xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »