Proxectos
-
Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a intensificación dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortaldade entre os/as damnificados/as.
-
Activistas polo mundo que queremos 2024-2025
Activistas polo Mundo que Queremos 2024-2025 é unha iniciativa dirixida a 300 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado. Ten como obxectivo afondar nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega.
-
Adaptación ao cambio climático mediante o fortalecemento dos mecanismos de comercialización e propostas de turismo sustentable como estratexia de diversificación da pesca artesanal na provincia de Piura
O proxecto ten como obxectivo xeral “Contribuír á adaptación ao cambio climático asegurando a reactivación económica de diferentes colectivos de produtores e agrupacións de mulleres a través do fortalecemento dos procesos de comercialización e turismo sostible”. Existen diversos estudos, moitos deles propiciados por Nacións Unidas, que conclúen que as mulleres e as nenas sofren de forma máis severa os efectos do cambio climático.
-
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación V
Este proxecto presenta importantes retos, pretendendo dar un paso máis alá para procurar unha maior participación, eficacia, eficiencia e impacto da cooperación municipalista realizada desde Galicia, así como procurar o coñecemento das entidades locais no cumprimento dos ODS.
-
Proxecto de consolidación do I Plan estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2023 e consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable
O convenio establece as bases para a execución do proxecto de Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2020-2030 e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, reforzando as liñas de actuación relacionadas co reforzo da institucionalización do CUD e a localización da Axenda 2030 e dos ODS integrados na RGCUD.
-
Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego da cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer ás ONGD galegas, particularmente ás máis débiles, e de defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a defensa dos dereitos humanos a nivel global.
-
Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ, SECARA, 5ª Fase)
O presente proxecto AquaMoz, Secara 5ª Fase é continuidade das anteriores accións desenvolvidas por AdG, a UdC no marco da xestión da seca en Mozambique. O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, a mitigación dos impactos dos eventos extremos en Mozambique, fortalecendo á Administración Rexional de Augas de Mozambique coa experiencia da xestión dos recursos hídricos en Galicia como referencia.
-
Acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable de zona C, como consecuencia do conflito
Este proxecto busca abordar a situación de vulnerabilidade das persoas residentes na Gobernación de Tubas, Cisxordania, Palestina, especificamente na comunidade de Tayasir, debido ás históricas hostilidades entre poboación palestina e israelí, que se agravaron desde outubro do 2023. Tras a identificación de necesidades elaborada de forma participativa coa poboación local, búscase favorecer a construción da paz a través do incremento da resiliencia de persoas afectadas pola violencia e proponse mellorar o acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable de zona "C".
-
Asistencia e protección a persoas migrantes na fronteira suroriental de Honduras
Este proxecto busca mellorar a asistencia e protección da poboación migrante na fronteira sur oriental de Honduras a través da atención das necesidades básicas de 3.100 persoas migrantes nos centros Monseñor Guido Charbonneau en Choluteca, Centro de Descanso Temporal Alivio del Sufrimiento en El Paraíso e Centro Casa Rafael, xunto ao punto fronteirizo de La Manos. Preténdese brindar asistencia alimentaria, médica e psicosocial, con especial atención a núcleos familiares, mulleres e nenos/as.
-
Fortalecemento da resiliencia e o acceso á educación dos nenos e novos afectados pola guerra en Ucraína
O proxecto proposto ten como obxectivo garantir que os nenos e mozos vulnerables afectados pola guerra, especialmente aqueles que foron desprazados internamente, teñan un mellor acceso á educación e ao apoio psicosocial no oblast de Ivano-Frankivska, en Ucraína.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »