Proxecto de consolidación do I Plan estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2023 e consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable
O convenio establece as bases para a execución do proxecto de Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2020-2030 e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, reforzando as liñas de actuación relacionadas co reforzo da institucionalización do CUD e a localización da Axenda 2030 e dos ODS integrados na RGCUD. Este proxecto fortalece o fomento da visibilidade do CUD na axenda institucional e dos equipos de goberno e dirección das universidades integradas na RGCUD, a consolidación da Formación, Plan e fomento de actividades de voluntariado e a participación social da comunidade universitaria no ámbito da CUD, a Axenda 2030 e os ODS.
Xeral: Consolidación da RGCUD como referente do traballo en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento e especialmente na educación para a cidadanía global, así como na implementación da Axenda 2030 e os seus ODS nas comunidades universitarias das tres universidades do SUG que garanta a coherencia de políticas nas institucións educativas.
Específico: Consolidando o impacto das actividades da RGUCD entre a comunidade Universitaria a través da formación, da mellora na comunicación e do recoñecemento curricular, a través de distintas ferramentas de difusión que favorezan o interese polo traballo en materia CUD.
RE 1: As universidades públicas galegas incorporan de maneira transversal os principios, valores e obxectivos do desenvolvemento humano sustentable á gobernanza, planificación e xestión universitaria.
A 1.1: Fomentar a CUD na xenda institucional e dos equipos de goberno e xestión das universidades integradas na RGCUD.
A.1.1.1: Encontros con servizos, centros universitarios para facilitar a divulgación e medición da súas contribucións aos ODS vinculados á cooperación e educación para o desenvolvemento.
A.1.1.2: Encontros cos equipos de goberno para facilitar a divulgación e medición da súas contribucións aos ODS vinculados á cooperación e educación para o desenvolvemento.
RE 2: As Universidades públicas galegas inclúen na formación da comunidade universitaria as competencias e contidos relacionadas co desenvolvemento sustentable, equitativo e inclusivo necesarios para a construción dunha cidadanía global activa, crítica e comprometida coa transformación social positiva.
A 2.1: Deseñar e executar un plan integral, harmonizado e integrado de formación sobre CUD, Axenda 2023 e ODS dirixido á comunidade universitaria.
A.2.1.1: Realización de cursos de formación en cooperación e educación ao desenvolvemento orientados á comunidade universitaria.
A 2.1.2: Realización de obradoiro de cooperación e educación para o desenvolvemento centrados na CUD nos ODS da Axenda 2023.
A 2.1.3: Ofertar formacións e incentivos para fomentar a investigación e a realización do TFG/TFM en materia de CUD, Axenda 2023 e ODS.
A 2.2: Consolidar o sistema de incentivos para a integración da CUD, Axenda 2030 e ODS nos plans de estudo e nos procesos de docencia e aprendizaxe universitaria.
A.2.2.1: Actividades de fomento da CUD e da Axenda 2030 no eido da docencia (Educación para o Desenvolvemento, impulso da ApS, cursos docencia Axenda 2030).
A 2.3: Impulsar as actividades de voluntariado e participación social da comunidade universitaria no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.
A.2.3.1: Fomentar grupos de voluntariado en educación para o desenvolvemento, e sensibilización así como en comunicación sensibilización no marco da Axenda 2030 e ODS.
A.2.3.2: Realización de xornadas de difusión sobre o voluntariado en EPD en cada unha das universidades no neido da CUD, Axenda 2030 e ODS.
RE 3: As universidades públicas galegas promoven a xeración e transferencia de coñecemento ao servizo do desenvolvemento sustentable e da visión, retos e desafíos da Axenda 2030 en todas as súas esferas (persoas, prosperidade, planeta, paz e alianzas).
A 3.1: Promover a sensibilización coa CUD, Axenda 2030 e ODS entre a comunidade universitaria.
A.3.1.1: Realización dunha estratexia de difusión da RGCUD aliñada coa CUD.
A 3.2: Promover a consolidación dunha comunidade epistémica interuniversitaria no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.
A.3.2.1: Realización dunha análise de documentos normativos, vinculados ao eido universitario no recoñecemento formal de accións universitarias vinculadas á CUD.
A.3.2.2: Revisión de boas prácticas doutras universidades no recoñecemento formal das accións universitarias de desenvolvemento.
A.3.2.3: Realizarase unha proposta de intervención que permita iniciar un recoñecemento formal da comunidade universitaria vinculada a accións de desenvolvemento.
RE 4: A RGCUD fortalece a súa capacidade institucional.
A 4.1: Consolidar a cultura de cooperación e coordinación na RGCUD a través de espazos e dinámicas estables de diálogo, planificación e coordinación e a posta en valor das capacidades e talentos específicos de cada Universidade.
A.4.1.1: Reunións da comisión de seguimento.
A 4.2: Fomentar a construción de alianzas de traballo estables con outras Universidades e actores (administracións públicas, ONG, sector privado, sindicatos, etc) no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.
A.4.2.1: Realización da xornada X aniversario da RGCUD para o fomento das alianzas e actividades de colaboración entre universidade, terceiro sector e sector privado.
A.4.2.2: Realización de reunións e promoción de actividades conxuntas con ONG, outras universidades e actores, encamiñadas a construír alianzas de traballo estables.
A.4.2.3: Realización de un estudo sobre os 10 anos e traballo da RGCUD en Galicia.
RE 5: A comunidade universitaria e a cidadanía galega acceden a información de calidade sobre os logros colectivos no eido da CUD e da consecución dos ODS por parte das Universidades públicas galegas.
A 5.1: Facilitar o acceso público á información sobre CUD e a realización e localización da Axenda 2030 nas Universidades integradas RGCUD.
A.5.1.1: Actualización periódica da web da RGCUD.
A 5.2: Reforzar a identificación e facer visibles as iniciativas e proxecctos da comunidade universitaria no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS.
A.5.2.1: Actualización dos rexistros de CUD das universidades do SUG así como da RGCUD.
A 5.3: Difundir a comunidade e á cidadanía o traballo e logros colectivos da RGCUD.
A.5.3.1: Publicación nas páxinas web e redes sociais das Universidades das actividades realizadas pola RGCUD.
A.5.3.2: Realización de actos públicos para difundir ás actividades programadas durante o bienio de execución de convenio.
Axuda Xunta de Galicia:
80.000 € (40.000 € en 2024 e 40.000 € en 2025)