Proxectos
-
Asentar a imaxe pública e fortalecer a base social de ACPP Galicia
Con este proxecto, ACPP, facilitará os procesos de capacitación e superación das debilidades, fomentarase a participación de socias e socios, mellorará a comunicación coa base social e coa sociedade en xeral, proveerases de ferramentas eficaces para mellorar a súa presenza como actor da cooperación galega nun momento clave da mesma e para encarar a planificación estratéxica do período 2014 – 2015.
-
Creando cidadanía global; un reto na axenda post 2015
Este proxecto conta con dúas ideas forza que dirixirán toda a posta en marcha: o traballo na educación formal que terá a característica de ser coordinado, colaborativo e participado entre SI Galicia e os centros educativos que se embarquen nesta aventura, e a intención de ser un proxecto de incidencia política, xa que nos levará a participar de forma axeitada en diferentes contextos onde se discuten, definen e negocian temas relacionados co benestar (en tódolos planos) das persoas.
-
Cambio social para a protección das nenas e adolescentes na Rexión de Maradí, Níxer
O presente proxecto desenvólvese no marco dun programa máis amplo a 32 meses, e que conta co financiamento da Axencia Vasca de Cooperación ao Desenvolvemento, e que finaliza en agosto 2015. O financiamento solicitado á Xunta de Galicia, contribuirá á execución prevista en 2014. UNICEF Níxer expón abordar de forma integral esta discriminación cara ás nenas e xerar procesos de cambio en 63 comunidades do departamento de Madarounfa (rexión de Maradi).
-
Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da EpD na Educación Secundaria Obrigatoria. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia
O presente proxecto parte das achegas postas de manifesto na investigación en curso, entre SIG e o o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña (9-2013/11-2014), “Investigando na Educación para o Desenvolvemento. Un estudio de caso sobre a implementación do proxecto do Tesouro de Acahualinca” sobre a incidencia dos proxectos de EpD no ámbito escolar. Estas achegas están a confirmar as tendenzas postas de manifesto por la investigación en EpD en entornos escolares.
-
Mellora do acceso aos servizos de saúde de mulleres embarazadas e recén nacidos das Redes de Saúde de Ivirgarzama, Sacaba e Vila Tunari, Bolivia.
A presente proposta ten como obxectivo contribuír á redución da mortalidade materna e neonatal, nos Departamentos de Carrasco, Chapare e Tirape, (Cochabamba, Bolivia).
-
Aplicación do enfoque de soberanía alimentaria e consumo sustentable na educación para o desenvolvemento en Galicia
O proxecto pretende dar continuidade, ampliar a achega a novos públicos e colectivos e afondar nos procesos e logros acadados mediante os proxectos de EpD executados nos últimos anos, centrados nun enfoque de promoción e construción de alternativas que contribúan á soberanía alimentaria e a un cambio no consumo e no sistema alimentario cara un modelo baseado na sustentabilidade ambiental e na xustiza social.
-
Desenvolvemento de sistemas asociativos, produtivos e comerciais alternativos priorizando a soberanía alimentaria e o respecto ao medio ambiente con principios de equidade de xénero en Esmeraldas, Ecuador (I Fase)
O presente proxecto enmárcase nunha intervención global dividida en 2 fases dun ano de duración. A solicitude presentada á Xunta de Galicia corresponde á primeira fase de intervención (1 de xaneiro de 2014 a 31 de decembro de 2014) e propón o desenvolvemento de sistemas asociativos, produtivos e comerciais alternativos de 9 organizacións produtoras de cacao nos cantóns Eloy Alfaro e Quinindé na provincia de Esmeraldas – Ecuador.
-
Mellora da calidade educativa no barrio Carlos Laborde da cidade de Santa Cruz de la Sierra, Bolivia, a partir dunha proposta pedagóxica alternativa.
Co fin de contribuír ao logro do dereito a unha educación de calidade ao longo de toda a vida en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), este proxecto expón unha intervención de carácter integral a través de tres liñas de actuación: Acceso a unha educación integral alternativa que aumenta o rendemento académico e a asunción de valores por parte de nenos, nenas e novas; Ampliación de coñecementos e capacidades nas mulleres do barrio Carlos Laborde para o seu participación social e económica; e o Fortalecemento e difusión da proposta pedagóxica do Centro Nai India coa
-
Protección da infancia vulnerable en Grand Goave, Haití.
Esta proposta, está encamiñada a crear un marco para a protección dos e as nenas na Comuna de Grand Goave, de modo que os nenos e nenas estean mellor protexidos contra a violencia, o abuso e a explotación, garantindo o cumprimento dos seus dereitos.
-
Fortalecemento e Desenvolvemento de Capacidades para a Xeración de Valor Agregado nos Distritos de Ocongate, Ccatcca, Andahuaylillas e Quiquijana, Cusco, Perú.
O proxecto contempla mellorar a competitividade de 94 produtores/as agropecuarias en 4 Distritos de Cusco (Perú), ampliando e mellorando as capacidades técnicas de agregación de valor dos produtos e mellorando a xestión empresarial dos negocios. Son 4 produtos os que foron identificados e seleccionados para, consolidar nun caso (lácteos), e mellorar noutros (cuyes, carne de vacúns e troitas), o proceso de agregación de valor na zona de intervención.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- …
- seguinte ›
- última »