Proxectos
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DAS COMUNIDADES DA MICROCUNCA DO RÍO SASLE PARA UNHA XESTIÓN SUSTENTABLE DOS RECURSOS NATURAIS, JINOTEGA, NICARAGUA, FASE III
Este proxecto constitúe a fase final dunha intervención que comezou en 2008.
-
PROMOCIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL COMUNITARIA PARA O MELLORAMENTO DA CALIDADE DE VIDA DA POBOACIÓN DA MICRO BACÍA SAN PEDRO, ALTOS DE FRÍAS-PIURA
Este proxecto pretende contribuír ao desenvolvemento integral da educación das comunidades do distrito de Frías. Para o que se articulará a escola pública coas familias e as asociacións locais, para xerar modelos de desenvolvemento acordes co medio dende a educación ambiental. A proposta abrangue o espazo xeográfico, ecolóxico e sociocultural da micro bacía de San Pedro.
-
MELLORA DAS CONDICIÓNS PARA O APROVEITAMENTO SUSTENTABLE DOS RECURSOS PESQUEIROS E ACUÍCOLAS DA ZONA DO BAIXO LEMPA
Este proxecto inscríbese nun plan de actuación dirixido ao fortalecemento do sector da pesca artesanal na zona da desembocadura do río Lempa, dende unha perspectiva sostible, axeitada e respectuosa co medio e dá continuidade a tres fases previas xa executadas.
-
DESENVOLVEMENTO INTEGRAL EN COMUNIDADES DA FRONTEIRA PERUANO – ECUATORIANA CON ENFOQUE NA XESTIÓN SOCIAL DA AUGA E A SOBERANÍA ALIMENTARIA
Esta intervención parte dunha proposta integral de desenvolvemento a longo prazo con unha proxección de 10 anos e busca mellorar a vida das familias coas que se veñen traballando na zona de fronteira. É complementaria ao Plan de Intervención Trienal 2008-2010 de Axuda en Acción Ecuador e Perú.
-
MELLORA DA CALIDADE DA ATENCIÓN OBSTÉTRICA PRESTADA POLAS COMADROAS TRADICIONAIS E OS PROFESIONAIS SANITARIOS DO DEPARTAMENTO DE RETALHULEU
O proxecto forma parte do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz’ihin impulsado pola Xunta de Galicia na vertente de saúde. Pretende reducir a mortalidade morbi-mortalidad materna e perinatal no departamento, fortalecendo ás provedoras competentes da saúde materno-infantil nas comunidades rurais do devandito departamento.
Período de execución: xuño 2010 – xullo 2011 -
POLO DEREITO Á ALIMENTACIÓN DE 240 FAMILIAS RURAIS DOS DEPARTAMENTOS DE NUEVA SEGOVIA, MADRIZ, JINOTEGA, ESTELÍ, LEÓN E CHINANDEGA
O proxecto espera contribuír a mellorar as condicións sociais, económicas, culturais, medio ambientais e organizativas da poboación meta, mediante a implementación de accións que favorezan a incidencia en institucións e organizacións locais e a nivel municipal. Realizarase mediante políticas públicas orientadas ao fomento da produción agroalimentaria e de xeración de ingresos económicos para reducir a pobreza rural e a inseguridade alimentaria e nutricional, de tal forma que as familias reclamen os seus dereitos de vida, soberanía e seguridade alimentaria e crecemento económico.
-
XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL SUSTENTABLE E PROMOCIÓN DO TECIDO ECONÓMICO NAS COMUNIDADES DE SAN ANTONIO DE TOTORA, SAN JOAQUÍN, SAN FRANCISCO, CRUZ CHICA E SANTA FE, DO ENTORNO DE SAN MATÍAS, PROVINCIA ÁNGEL SANDOVAL. BOLIVIA
A intervención busca minorar o deterioro ambiental e incrementar o nivel de vida dos e das habitantes da área de actuación. Para iso desenvólvense unha serie de cursos e obradoiros de formación impartidos a diferentes sectores vencellados ao uso dos recursos naturais con fin de mellorar as súas prestacións laborais, nivel profesional e conservación e uso da biodiversidade. Tamén se elabora un Plan de uso sustentable dos recursos naturais do territorio. O proxecto destaca polo grande compoñente participativo.
-
MELLORA DAS CONDICIÓNS DE SAÚDE E SALUBRIDADE AMBIENTAL NA COMUNIDADE DE CCOLLO TARANI, FOMENTANDO A PARTICIPACIÓN COMUNAL EN EQUIDADE
O proxecto busca o desenvolvemento integral en equidade da comunidade indíxena campesiña de Ccollo Tarani, en extrema pobreza, mediante o fortalecemento das capacidades e potencialidades dos seus poboadores/as.
-
FOMENTO E AMPLIACIÓN DO CULTIVO E COMERCIALIZACIÓN DE MARACUIÁ DE 125 PRODUTORES/AS DOS CANTÓNS DE ESMERALDAS E QUININDÉ DA PROVINCIA DE ESMERALDAS
O proxecto ten como obxectivos fomentar o desenvolvemento produtivo a través da diversificación de cultivos e acadar a apertura comercial de 83 produtores e 42 produtoras de maracuiá pertencentes a 24 organizacións agrícolas de base de Ecuador. Para isto, fortalecerase a súa capacidade organizativa e de autoxestión en base a principios de economía solidaria e comercio xusto.
-
FOMENTO DO USO DE SEMENTES FORESTAIS NATIVAS COMO MECANISMO PARA MELLORAR A XESTIÓN DO BOSQUE E A CALIDADE DE VIDA DOS/AS POBLADORES/AS DE ORELLANA (AMAZONÍA ECUATORIANA)
O proxecto pretende xuntar esforzos para desenvolver e implementar localmente un modelo de xestión forestal piloto, logrando que o manexo adecuado do bosque se converta nun mecanismo de desenvolvemento local. O modelo de xestión engloba diferentes iniciativas que combinan a actuación dos organismos públicos cos actores forestais da sociedade civil. A proposta presenta, como iniciativa estratéxica, a implementación dun sistema de aproveitamento de sementes nativas contribuíndo a fortalecer o modelo de xestión forestal.
Período de execución : xullo 2010 – agosto 2011
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- …
- seguinte ›
- última »